DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2025 Páx. 12473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación dos montes chamados Fontenla, Os Muchachos e Laxe, solicitados a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fragas (Campo Lameiro).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2024, baixo a presidencia de Antonio Crespo Iglesias, director territorial, coa asistencia dos vogais: Amalia Elsa Pazos Pintos, xefa do Servizo de Montes, Xosé Carlos Morgade Martínez, representante das CMVMC da provincia, Adriana Leiro Leiro e Noelia Barrio Carramal, vogais representantes dos veciños da CMVMC de Fragas, e do secretario do Xurado José Alberto Cousido Fernández, funcionario adscrito ao Servizo Xurídico Administrativo, adoptou a seguinte resolución:

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 26.5.2014, a CMVMC de Fragas, concello de Campo Lameiro, solicita a clasificación como monte veciñal en man común (en diante, MVMC) das parcelas Fontenla, Os Muchachos e Laxe a favor dos veciños da parroquia de Fragas, concello de Campo Lameiro, provincia de Pontevedra:

Parcela Fontenla:

Cabida: 14.461,25 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Jesús García Alonso (polígono 26, parcela 2051), Aurea Fraga Maquieira (polígono 26, parcela 2049), Carmen Lorenzo Fraga (polígono 26, parcela 2048), Pelayo Márquez Valiño (polígono 26, parcela 2047), José Fontenla Pazos (polígono 26, parcela 2043), Antonio Valiño Ferrón (polígono 26, parcela 2041), herdeiros de Ramón Alonso Reboredo (polígono 26, parcela 2040), Elena Maquieira Barreiro (polígono 26, parcela 2039), Domiciana Maquieira Parada (polígono 26, parcela 2038), José Luis Valiño Maquieira (polígono 26, parcela 2037), José Valiño Lores (polígono 26, parcela 2036), Cándido Torres Carro (polígono 26, parcela 2035), Mª Luisa Fraga Maquieira (polígono 26, parcela 1984), Orlando Ricoy Gómez (polígono 26, parcela 1983), Benito Gesteira Santos (polígono 26, parcela 1982), Dolores Reboredo Maquieira (polígono 26, parcela 1979), Milagros Fernández Maquieira (polígono 26, parcela 1978), Eladio González Manso (polígono 26, parcela 1977), José Fontenla Ricoy (polígono 26, parcelas 2439, 2440), Manuel Gil Chamadoira (polígono 26, parcela 2441), Mercedes Ricoy Corbacho (polígono 26, parcela 2442).

Sur: CMVMC de Redonde (polígono 26, parcela 3256), Rego de Amorín, José Escudeiro Valiño (polígono 26, parcela 3210), Manuel Escudeiro Gómez (polígono 26, parcela 2493), Casimiro Silva Escudeiro (polígono 26, parcela 2492), Edelmiro Ricoy Paz (polígono 26, parcela 2491).

Leste: Marina Escudeiro González (polígono 26, parcela 2460), Constantino Escudeiro Couto (polígono 26, parcela 2461), Esperanza Escudeiro Barros (polígono 26, parcela 2462), Casimiro Silva Escudeiro (polígono 26, parcela 2463).

Oeste: Daniel Méndez Maquieira (polígono 26, parcela 2640).

Parcela Os Muchachos.

Cabida: 84.979,10 m2 (esta parcela presenta un encravado que conta con 2.230,49 m2, co cal a cabida efectiva a ter en conta é de 82.748,61 m2).

Estremas:

Norte: David Cervicón Fernández (polígono 34, parcela 69), José Valiño Fontenla (polígono 34, parcelas 65 e 181), Mª del Carmen Valiño Maquieira (polígono 34, parcela 180), José Maquieira Gómez (polígono 34, parcelas 178 e 179), Dolores Fraga Moldes (polígono 34, parcela 177), Eulogio Coello Alonso (polígono 34, parcela 176), Dolores Fraga Moldes (polígono 34, parcela 175), Mª Otilia García da Bouza (polígono 34, parcela 174), Constantino Lorenzo García (polígono 34, parcela 173), Elías Moldes Escudeiro (polígono 34, parcela 172), José Maquieira (polígono 34, parcelas 166 e 167), Daniel Silva Fraga (polígono 34, parcela 162), Mª del Carmen Valiño Maquieira (polígono 34, parcela 161), José Ricoy Rodríguez (polígono 34, parcela 160), Eloy González Manso (polígono 34, parcelas 156 e 158), Dolores González Couto (polígono 34, parcela 157), Sabina Alonso Solla (polígono 34, parcela 155), Narciso Coello Estévez (polígono 34, parcela 154), Eulogio Coello Alonso (polígono 34, parcela 486), Esperanza Fernández González (polígono 34, parcela 488), Daniel Silva Fraga (polígono 34, parcela 489), Jesús García Barros (polígono 34, parcela 490), Solmira Fraga González (polígono 34, parcelas 491 e 494), Ramón García Fraga (polígono 34, parcela 492), Carmen Filgueira García (polígono 34, parcela 495), Manuel Torres Barros (polígono 34, parcela 502), Pablo Filgueira Coello (polígono 34, parcela 505), Josefa González Couto (polígono 34, parcela 503), Juan Dias Lema (polígono 34, parcela 504).

Sur: José Valiño Maquieira (polígono 33, parcela 66), Manuel Maquieira Fontenla (polígono 33, parcela 64), Solmira Fraga González (polígono 33, parcela 63), Bernardino González Couto (polígono 33, parcelas 59 e 60), Daniel Silva Fraga (polígono 33, parcela 58), Honorio Fraga González (polígono 33, parcela 71), Cándido Paredes Paredes (polígono 33, parcela 99), Solmira Fraga González (polígono 33, parcela 100), Esperanza Fernández González (polígono 33, parcelas 56 e 101), Eladio Fontenla Márquez (polígono 33, parcela 48), Manuel Maquieira Fontenla (polígono 33, parcela 55), Rogelio Fernández González (polígono 33, parcelas 53 e 54), Manuel Parada Fontenla (polígono 33, parcela 52), Félix Durán Ricoy (polígono 33, parcela 51), Manuel Parada (polígono 33, parcela 50), José Valiño Maquieira (polígono 33, parcela 49), María Moldes Fontenla (polígono 33, parcela 42), Segunda Escudeiro Doval (polígono 33, parcela 41), Manuel Maquieira Ferradas (polígono 33, parcela 40), Dolores González Couto (polígono 33, parcela 39), José Valiño Maquieira (polígono 33, parcela 38), Jesusa Maquieira Ferradas (polígono 33, parcela 37), Dolores González Couto (polígono 33, parcela 36), camiño, Alexandre Juncal Freitas (polígono 33, parcela 35), Carmen García Doval (polígono 34, parcela 150), Manuel Parada (polígono 34, parcela 151), Josefa Silva Fontán (polígono 34, parcela 1026), Elvira Silva Fontán (polígono 34, parcela 152), Manuel Parada (polígono 34, parcela 153), camiño, José Ricoy Paz (polígono 33, parcela 2), estrada asfaltada, descoñecido (polígono 31, parcela 724), Jesús Moldes Escudeiro (polígono 31, parcela 647), Perfecta Fraga García (polígono 31, parcela 646), Manuel R. Torres Barros (polígono 31, parcela 657), CMVMC de Fragas (polígono 31, parcela 665).

Leste: estrada asfaltada, Manuel Canosa Silveira (polígono 31, parcelas 669 e 674), Esperanza Fernández González (polígono 31, parcela 673), David Cervicón Fernández (polígono 31, parcela 666), CMVMC de Fragas (polígono 31, parcela 668), Fontenla José Valiño (polígono 31, parcela 667).

Oeste: Angela Fraga Moldes (polígono 34, parcela 57), Antonio Docampo Alonso (polígono 34, parcela 58), Antonio Ferreiro Durán (polígono 34, parcela 59), María Moldes Fontenla (polígono 34, parcela 60), Celestino Maquieira Moldes (polígono 34, parcelas 61 e 63), Jesús Maquieira Novas (polígono 34, parcelas 62 e 64), Amanda Campos Fontenla (polígono 34, parcela 36), Manuel Maquieira Fontenla (polígono 34, parcela 37), Pilar Maquieira García (polígono 34, parcelas 148 e 149), Palmira A. Márquez de Valiño (polígono 34, parcela 146), José M. Maquieira Valiño (polígono 34, parcela 145), Antonio Fernández González (polígono 34, parcela 144), Constantino Graña Cancela (polígono 34, parcelas 136 e 142), descoñecido (polígono 34, parcela 141), María Moldes Fontenla (polígono 34, parcela 135), Encarnación Cobas (polígono 34, parcela 134), Carmen Fontenla Parada (polígono 34, parcela 131), Antonia Fraga Fontela (polígono 34, parcela 130 e polígono 33, parcela 65), José Valiño Maquieira (polígono 33, parcela 66).

Parcela Laxe.

Cabida: 6.342,66 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Cándido Carramal Couto (polígono 25, parcelas 622 e 625), Elsa Silva Graña (polígono 25, parcela 623), Carmen Ricoy Fernández (polígono 25, parcela 624), Gumersindo Fraga García (polígono 25, parcela 626), Guillermo Leiro Fraga (polígono 25, parcela 627), María Escudeiro Gómez (polígono 25, parcela 607), Manuel Fontenla Silva (polígono 25, parcela 633), José Rodríguez Porto (polígono 25, parcela 634), María Jesús Carramal Escudeiro (polígono 25, parcela 635), Jesusa García Moldes (polígono 25, parcela 636), José Pereira Fraga (polígono 25, parcela 606), Antonio Silva Valiño (polígono 25, parcela 605), María Jesús Carramal Escudeiro (polígono 25, parcelas 603 e 604), Adelina Silva Filgueira (polígono 25, parcela 638).

Sur: (polígono 26, parcela 1131), descoñecido (polígono 26, parcela 3332), Carlos Ramírez Márquez (polígono 26, parcela 658), María Temes s/s (polígono 26, parcela 1135), Jesús Heliodoro García s/s (polígono 26, parcela 1134), Guillermo Leiro Fraga (polígono 26, parcela 1133), Rogelio Carramal Leiro (polígono 26, parcela 1132), Delia Durán Ricoy (polígono 26, parcela 1129), Elvira Silva Fontán (polígono 26, parcela 1128), Carmen Ricoy Fernández (polígono 26, parcela 1127), Saladina Reboredo Reboredo (polígono 26, parcela 1126), María Escudeiro Gómez (polígono 26, parcelas 1123, 1124 e 1125).

Leste: Adelina Silva Filgueira (polígono 25, parcela 638), Severino Rodríguez Ricoy (polígono 25, parcela 643), Manuela Ricoy Docampo (polígono 25, parcela 644), Severino Rodríguez Ricoy (polígono 25, parcela 645).

Oeste: estrada asfaltada, Carlos Ramírez Márquez (polígono 26, parcela 658).

Coa solicitude xúntase levantamento topográfico das parcelas realizado polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 568 do COETF de Galicia. Durante a tramitación do expediente non achegan documentación para acreditar o aproveitamento veciñal en man común por parte dos veciños da parroquia de Fragas.

Segundo. O 22.2.2016, o xefe da Sección de Topografía informa da posibilidade de identificación das parcelas e que non se atopa clasificado. Na parcela Laxe reclámase que sexa monte veciñal en man común un tramo da estrada pública PO-830.

Terceiro. O 14.12.2016, o Xurado de MVMC de Pontevedra acorda incoar expediente de clasificación das parcelas Fontenla, Os Muchachos e Laxe e nomear instrutora a Lorena Peiteado Pérez. Este acordo notifícase o 26.12.2016 ao Concello de Campo Lameiro e o 27.12.2016 á CMVMC de Fragas.

O 26.12.2016, o Xurado de MVMC de Pontevedra notifica a suspensión de prazos e requírelle documentación histórica e recente que poida reunir referente aos montes en que se aprecie algún indicio de que ditos montes veñen sendo aproveitados en común.

Cuarto. O 14.7.2021, o persoal do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés emite informe preceptivo do Servizo de Montes:

«– Os Muchachos: terreo de 8,27 ha que discorre por riba das casas do lugar de Ricoi no medio de parcelas de propiedade particular non veciñal», e linda co monte veciñal da comunidade polo oeste.

A maior parte deste monte é atravesado lonxitudinalmente por unha pista de terra e se vense valos que delimitan a propiedade particular.

– Laxe: terreo de 0,63 ha atravesado polo vial asfaltado que vai desde o lugar da Laxe ata a estrada PO-231 e non linda co monte veciñal. A especie arbórea predominante é o Quercus robur duns 40 anos de idade. Dentro deste terreo está situado un pozo de decantación de augas negras provenientes das vivendas da Laxe e xestionado polo Concello de Campo Lameiro. Por baixo deste, tamén se aprecia unha calicata onde nalgún tempo extraeron xabre para o recheo do vial mencionado.

– Fontenla: terreo de 1,45 ha situado na parte baixa da parroquia preto do río Lérez. Non linda co monte veciñal e hai que acceder a el por unha pista de terra que parte da estrada PO-223 ao seu paso polo lugar de Fontenla. Esta pista atravesa gran parte da parcela e leva ao lugar de Redonde. Pola zona sur discorren as augas do Rego de Amorín que puntualmente tamén marcan os límites desta parcela.

Trátase dunha zona de fraga con pendentes pronunciadas onde a especie predominante é o Quercus robur cunha idade superior aos 80 anos. Debaixo deste substrato arbóreo cohabitan outras especies de sombra representativas destes bosques naturais.

No Rego de Amorín, dentro desta parcela, existe un muíño coñecido como o muíño da Valiña».

Quinto. O 3.3.2017, o Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis certifica que as fincas das que se insta a clasificación non se atopan inscritos no Rexistro. Ordénanse as anotacións preventivas no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis (segundo escrito do 4.4.2017 do dito rexistro resólvese a imposibilidade de realizar a anotación preventiva), notifícase o trámite de audiencia, publícase edicto no Concello de Campo Lameiro e no DOG o anuncio do 22 de marzo de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación dos montes Fontenla, Os Muchachos e Laxe, a favor da CMVMC de Fragas, do concello de Campo Lameiro (DOG núm. 68, do 6 de abril).

Sexto. O 28.04.2017, dentro do período do trámite de audiencia, recíbense as seguintes alegacións do Concello de Campo Lameiro:

«– Monte Fontenla: non constan bens de titularidade pública municipal.

– Monte Os Muchachos: examinada a documentación achegada por ese servizo, constátase: que nos planos achegados figuran incluídos 3 camiños de titularidade pública municipal, así como a estrada EP 8303 de titularidade da Deputación Provincial. Achegamos informe técnico e planos en que constan os trazados dos camiños de titularidade municipal segundo o inventario: 1C.1.0173, 1C.1.0255, 1C.1.0336. (...) Algunha das parcelas sinaladas no documento como estremas, non lindan co citado monte.

– Monte Laxe: examinada a documentación achegada por ese servizo, constátase: que nos planos achegados figura incluído 1 camiño de titularidade pública municipal segundo o inventario: 1C.1.0153».

Consta no expediente alegacións do 21.4.2017, do 30.8.2017 e do 17.9.2019 de María Juana Calvelo Maquieira á clasificación como monte veciñal en man común de parte da parcela Formigueira. Na documentación achegada é imposible verificar a localización da parcela de 29.954 m2 da parcela Formigueira da que indica ser propietaria.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. O artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, define o monte veciñal en man común:

«Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Deste xeito para que un monte sexa declarado veciñal en man común o aproveitamento debe quedar acreditado non só nun pasado, senón tamén no presente e de forma continuada, así o establece o antedito artigo 1 da Lei 13/1989 e as diversas resolucións xudiciais que o interpretan, e conclúe que o decisivo para a inclusión dun monte na categoría de veciñal en man común é que resulte acreditada a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes polos veciños promotores de xeito continuado.

Terceiro. Revisado o expediente non se acredita de forma sólida e fidedigna o aproveitamento consuetudinario en man común da parcela pola agrupación veciñal.

Sendo coherentes co criterio fixado pola xurisprudencia e adaptado por este xurado á hora de valorar se procede ou non a clasificación dunha determinada parcela como monte veciñal en man común, resulta exixible un maior esforzo probatorio do uso comunal, tanto histórico como actual polos veciños de Fragas, tal e como se vén requirindo a outras comunidades de montes.

Deste xeito, e unha vez analizado con detalle o expediente de referencia, bótase en falta, por exemplo, a achega de documentos que acrediten os traballos de limpezas e podas realizados, fotografías de romarías ou festas que xustifiquen o uso recreativo, facturas relativas a unha posible corta de madeira, solicitudes de aproveitamentos forestais, notificacións de organismos públicos, escritos de veciños, anotacións no libro de actas da comunidade de cuestións relativas á parcela obxecto de clasificación, etc.

Entendemos, en definitiva, que tan importantes como os esforzos investidos pola parte solicitante en clarificar e delimitar a concreta extensión dos terreos que se vaian clasificar é a achega dunha mínima proba documental que sustente de xeito fidedigno a clasificación do monte como veciñal en man común.

Por outra banda, a documentación achegada por María Juana Calvelo Maquieira considérase insuficiente para localizar o predio que reclama como de uso propio.

De feito, a pretensión de clasificación que se articula polos veciños da Comunidade de Montes de Fragas susténtase unicamente no informe de delimitación, xunto coa solicitude inicial de clasificación na que se ben se fai referencia a usos e aproveitamentos tradicionais, non se achega nin un só documento ou medio de proba válido que sirva de sustento a tales afirmacións.

En consecuencia, vistos os antecedentes mencionados, a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, o xurado, por unanimidade, acorda: non clasificar como veciñal en man común os montes «Fontenla, Os Muchachos e Laxe» a prol dos veciños da Comunidade de Montes de Fragas (Campo Lameiro).

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común