Expediente: IN407A 2024/244-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación do CT. San Pedro de Mezonzo (15SAA8).
Concello: A Coruña.
Feitos:
1. A empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e de construción ademais da aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica o 19 de xullo de 2024.
2. O día 23 de xullo de 2024, desde este departamento territorial enviouse a separata do proxecto ao Concello da Coruña onde se lle solicita o preceptivo informe, como organismo afectado na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo e que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. A día de hoxe, non consta no expediente resposta deste organismo afectado á emisión do condicionado solicitado.
3. O día 29 de xaneiro de 2024, a empresa promotora solicita a desistencia de todos os trámites do expediente, segundo o artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Consideracións legais e técnicas:
O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
O artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que: «Toda persoa interesada poderá desistir da súa solicitude ou, cando iso non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar aos seus dereitos».
Pola súa banda, o artigo 94.4 da mesma lei sinala que: «A Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluso o procedemento salvo que, despois de comparecer nel terceiras persoas interesadas, instasen estas a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificadas da desistencia».
Á vista dos preceptos citados e unha vez analizado o expediente, considerando que non existen terceiras interesadas ou afectadas, este departamento territorial entende que non existe inconveniente ningún en aceptar de plano a desistencia solicitada.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
Aceptar a solicitude de desistencia formulada pola empresa promotora, declarar concluso o procedemento e dispoñer o seu arquivamento.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 do outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselle a resolución correspondente ao expediente que se sinala, segundo o exixido no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 3 de febreiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

