Expediente: IN407A 2024/039-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Regulamentación LAMT SAD713 Vilar 13 entre apoios AKUHAV47//15C500-2 e AKR7RW92//15C500-4.
Concello: Sada.
Feitos:
1. O día 1 de febreiro de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de substituír un apoio por fin de vida útil e por non cumprir a liña as distancias regulamentarias.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Regulamentación LAMT SAD713 Vilar 13 entre apoios AKUHAV47//15C500-2 e AKR7RW92//15C500-4, asinado o día 15.11.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado LE-1010; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: (17.6.2024).
• BOP: (30.5.2024).
• Xornal La Voz de Galicia: (21.6.2024).
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do (20.9.2024).
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Sada, AESA e Consellería de Medio Rural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 17.1.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na parroquia de Osedo, entre as coordenadas UTM ETRS89 - FUSO 29 X: 557471, Y: 4799182, e as coordenadas UTM ERS89-FUSO 29 X: 557366, Y: 4799068, no concello de Sada e as súas características técnicas son as seguintes:
• Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, LA-56 mm² Al. Regular condutor existente, con orixe no apoio existente AKUHAV47//15C500-2 e final no apoio proxectado AKSVF1C1//15C500-3,cunha lonxitude de 51 m.
• Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, LA-56 mm² Al. Regular condutor proxectado , con orixe no apoio proxectado AKSVF1C1//15C500-3 e final no apoio proxectado AKSVF1C1//15C500-3- BIS,cunha lonxitude de 103 m.
• Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, LA-56 mm² Al. Regular condutor proxectado , con orixe no apoio proxectado AKSVF1C1//15C500-3- BIS e final no apoio existente AKR7RW92//15C500-4, cunha lonxitude de 53 m.
4. Na visita de campo realizada o 16.1.2025 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se deroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparamenta eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa de eles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO:
Relación de bens e dereitos afectados, concello de Sada
Regulamentación LAMT SAD713 Vilar 13 entre apoios AKUHAV47//15C500-2 e AKR7RW92//15C500-4.
|
Nº parcela |
Lugar/ref. castastral |
Cultivo |
Propietario e enderezo |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Valiñas 15076A014010220000EG |
Matogueira |
Descoñecido/a |
3 |
2.0 |
42.8 |
681.56 |
||
|
2 |
Valiñas 15076A014011720000ES |
Matogueira |
Descoñecido/a |
3-BIS |
2.0 |
68.51 |
831.06 |
||
|
3 |
Fonte Corneira 15076A014010280000EM |
Matogueira |
Descoñecido/a |
112.3 |
|||||
|
4 |
Fonte Corneira 15076A014010270000EF |
Matogueira |
Descoñecido/a |
84.53 |
|||||
|
5 |
Fonte Corneira 15076A014010260000ET |
Matogueira |
Descoñecido/a |
79.63 |
|||||
|
6 |
Fonte Corneira 15076A014010250000EL |
Matogueira |
Descoñecido/a |
12.22 |
184.6 |
||||
|
7 |
Valiñas 15076A014010240000EP |
Matogueira |
Descoñecido/a |
26.08 |
411.06 |
||||
