DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2025 Páx. 12246

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT207A).

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares. A Axencia pretende impulsar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as entidades culturais dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinemama, na súa exposición de motivos «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo isto considerando que a cultura audiovisual, da cal sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, está presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega e a súa lingua a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Con esta convocatoria de axudas preténdese fomentar a produción e coprodución de proxectos impulsados por empresas produtoras independentes, que teñan como destino final a exhibición en pantallas cinematográficas e/ou a difusión en canles de televisión e plataformas de vídeo baixo demanda.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que se inclúen como anexo I, polas cales se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2025 (código de procedemento CT207A).

2. Segundo establece o Regulamento UE nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo o artigo 107, número 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, número 3 do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible que se da nesta convocatoria. De conformidade co artigo 54 do regulamento, «co fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais».

Nesta convocatoria establécese a fórmula de declaración responsable para acreditar o cumprimento dos requisitos para a obtención do certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) De España, así como os criterios que permitirán seleccionar as solicitudes propostas para subvención.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano en ambos os dous casos. Desenvolverán a súa actividade habitual en Galicia e terán que contar cunha sucursal ou oficina permanente, de polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

Artigo 3. Financiamento

Os créditos destinados ao financiamento desta convocatoria ascenden a 3.000.000 de euros, que se imputarán aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais na aplicación, polos importes e a distribución plurianual que se reflicten no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Total

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

13.A1.432B.770.0

2010 00005

3.000.000 €

300.000 €

743.000 €

902.000 €

1.055.000 €

Artigo 4. Solicitudes

4.1. Para poder ser persoa beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras, cumprir cos requisitos establecidos no artigo 2 e ser cualificados conforme os criterios establecidos no artigo 16 das bases reguladoras da subvención. Aquelas solicitudes que sexan presentadas sen consignar os documentos que se consideran obrigatorios nas bases reguladoras non serán admitidas a trámite.

4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras e non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais:

industriasculturais.xunta.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo:

http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas e as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Artigo 7. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Artigo 8. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 9. Rexistro Público de Subvencións

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025

José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, convocadas para o ano 2025 (código de procedemento CT207A)

Artigo 1. Obxecto, finalidade, réxime e principios de xestión

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o 2025 (código de procedemento CT207A).

2. Para os efectos destas bases, enténdese como proxecto o conxunto das accións e actividades relacionadas coa produción audiovisual que realice a empresa produtora dentro do período subvencionable, ata conseguir unha copia estándar ou un máster dixital da obra audiovisual e levar a cabo a súa promoción idónea dentro dos límites que marca a convocatoria.

3. Estas subvencións son incompatibles coas axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que se publiquen no mesmo ano desta convocatoria. En todo caso, son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o mesmo proxecto.

4. Porén, estas subvencións son compatibles con outras axudas, para o mesmo proxecto, do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas.

5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A xestión destas subvencións realizarase polo procedemento de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano en ambos os dous casos. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privada nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinemama (artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos, polo menos, por unha das empresas que a integran no momento da súa constitución. A agrupación non se poderá disolver ata que rematase o prazo de prescrición para o reintegro e as infraccións previsto polos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As persoas beneficiarias deberán:

a) Posuír os dereitos de propiedade intelectual do guión ou guións, obra literaria ou calquera obra previa que requira da obtención ou opción de compra sobre eles para a realización da obra audiovisual.

b) Ser titulares dos dereitos de propiedade da obra audiovisual na medida en que sexan necesarios para a súa explotación e comercialización. Entenderase cumprido este requisito no suposto de que a titularidade dos dereitos sobre a obra se encontre distribuída entre as empresas coprodutoras dela.

3. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 por cento do proxecto audiovisual. Esta porcentaxe poderase reducir ata un mínimo do 10 por cento no caso das coproducións internacionais cando na produción da obra participen catro ou máis países.

4. Non poderán ser destinatarias das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación económica no proxecto.

5. Esta convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

6. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas beneficiarias declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

1. O importe global máximo para o financiamento desta convocatoria será de 3.000.000 de euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, código de proxecto 2010 00005.

2. Esta convocatoria ten carácter plurianual, polo que os créditos se deben asignar por categoría e anualidades. Esta asignación reflíctese no cadro seguinte:

2025

2026

2027

2028

Total

Categoría A: longametraxes cinematográficas de ficción e/ou animación

150.000 €

310.000 €

488.000 €

552.000 €

1.500.000 €

Categoría B: longametraxes cinematográficas de tipo documental

46.000 €

92.000 €

138.000 €

184.000 €

460.000 €

Categoría C: longametraxes en coprodución internacional con participación minoritaria española (ficción, animación, documental)

38.000 €

76.000 €

114.000 €

152.000 €

380.000 €

Categoría D: curtametraxes (ficción, animación, documental)

12.000 €

108.000 €

120.000 €

Categoría E: series para TV e plataformas VOD

E1. Ficción

E2. Animación

44.000 €

132.000 €

132.000 €

132.000 €

440.000 €

E3. Documental

10.000 €

25.000 €

30.000 €

35.000 €

100.000

Total

300.000 €

743.000 €

902.000 €

1.055.000 €

3.000.000 €

3. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. O importe do crédito da ampliación será distribuído entre as distintas categorías segundo o criterio do órgano concedente.

4. Para o caso de que non se esgote o crédito destinado a unha categoría, poderá realizarse unha nova redistribución entre as categorías restantes, ao criterio do órgano concedente. Esta alteración da distribución por categorías non precisará dunha nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto, de ser o caso.

5. As contías máximas que se concederán de acordo con esta resolución, segundo as categorías e tipos de proxecto, son as seguintes:

Categoría A e B

Longametraxes cinematográficas

Categoría C

Longametraxes coprodución minoritaria

Categoría D

Curtametraxes

Categoría E

Series para TV e plataformas VOD

Ficción VO galega

320.000

160.000

20.000

280.000

Ficción VO outros idiomas

300.000

15.000

260.000

Animación

320.000

160.000

20.000

160.000

Documentais VO galega

120.000

60.000

20.000

100.000

Documentais VO outros idiomas

100.000

1 5.000

80.000

6. As solicitudes que, cumprindo todos os requisitos establecidos nas bases, non acaden subvención por esgotamento do crédito asignado, pasarán a formar unha lista de espera, por categoría, respectando a orde de prelación resultante da aplicación dos criterios de valoración establecidos nestas bases. O órgano concedente valorará a posibilidade de concesión de subvención ás solicitudes da lista de espera, en función do crédito dispoñible e do momento en que se produza esta dispoñibilidade.

7. Seguindo os límites establecidos no artigo 54 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, estas subvencións son compatibles con outras axudas, polo mesmo proxecto, do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas, sempre que a intensidade de axuda non exceda o 50 % do importe subvencionable, ou o 60 % no caso das producións transfronteirizas financiadas por máis dun Estado membro da Unión Europea e nas cales participen produtoras de máis dun Estado membro. De conformidade co disposto no artigo 21.2 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinemama, modificado polo Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, segundo as disposicións da Unión Europea nesta materia, exceptúanse da aplicación destes límites as producións que teñen a consideración de «obra difícil».

Para os efectos desta convocatoria, considéranse os seguintes supostos como «obra difícil», para as cales se incrementará a intensidade das axudas que se especifican:

– As curtametraxes, que poderán recibir axudas públicas de ata o 85 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais dirixidas por unha persoa que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica e cuxo orzamento de produción non supere o 1.500.000 euros, que poderán recibir axudas públicas ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais en versión orixinal galega, entendendo como tales aquelas que utilicen o galego como lingua maioritaria en diálogos e narración, poderán obter axudas públicas de ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais realizadas exclusivamente por directores ou directoras cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, recoñecido polo órgano competente, que poderán recibir axudas públicas de ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais dirixidas exclusivamente por directoras, que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– Os documentais destinados á exhibición cinematográfica (categoría B), que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– As obras de animación cun orzamento de produción que non supere os 2.500.000 euros, que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais realizadas en réxime de coprodución con países iberoamericanos, que poderán recibir axudas públicas de ata o 60 % do importe subvencionable.

8. A adxudicación non excederá as porcentaxes máximas establecidas en relación co importe subvencionable achegado pola empresa solicitante. Igual límite se aplicará á concesión de subvencións, no caso de coproducións nacionais, pero esta vez sobre o custo total subvencionable do proxecto tendo en conta a totalidade das axudas públicas declaradas polas entidades coprodutoras españolas.

9. Para efectos de control da intensidade máxima de subvencións, terase en conta a totalidade das axudas recibidas para o proxecto, con independencia da entidade que reciba a subvención, e calcularase a porcentaxe correspondente sobre o gasto total español do proxecto, é dicir a suma dos gastos subvencionables de todas as empresas coprodutoras españolas.

Artigo 4. Proxectos subvencionables. Categorías e requisitos

1. Poderanse presentar proxectos de obras audiovisuais que teñan como destino principal a exhibición cinematográfica ou a emisión en canles de televisión e/ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda (VOD) e que se poidan encadrar nas modalidades de ficción, animación e documental segundo as categorías que se relacionan:

Categoría A. Longametraxes cinematográficas de ficción e animación.

A.1. Longametraxes de ficción.

A.2. Longametraxes de animación.

Categoría B. Longametraxes cinematográficas documentais.

Categoría C. Longametraxes cinematográficas en coprodución internacional con participación minoritaria española.

C.1. Longametraxes de ficción.

C.2. Longametraxes de animación.

C.3. Longametraxes documentais.

Categoría D. Curtametraxes de ficción, animación ou documentais.

Categoría E. Series para televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda.

E.1. Series de ficción.

E.2. Series de animación para público infantil e xuvenil.

E.3. Series documentais.

2. En calquera caso, a consideración dos proxectos como subvencionables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan do seu carácter culturalo, da utilización da lingua galega na versión orixinal da obra, da súa achega á cinematografía galega e á promoción do talento galego, da súa viabilidade económica e de realización, e da calidade e interese da proposta. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.

3. Para efectos desta convocatoria, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

3.1. As longametraxes cinematográficas deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.

3.2. Consideraranse series de ficción aquelas producións de ata dez (10) capítulos, que se corresponderán coa primeira tempada, sexan autoconclusivas e teñan duración total mínima de 150 minutos.

3.3. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos, que se corresponderá cunha primeira tempada de carácter autoconclusivo.

3.4. As series documentais deberán ter unha duración total mínima de 150 minutos e corresponderanse coa primeira tempada.

4. De xeito específico, os proxectos da categoría C de longametraxes cinematográficas en coprodución internacional con participación minoritaria española deberán cumprir, no momento de solicitar a axuda, os seguintes requisitos:

4.1. Ter asinado, no momento de solicitar a axuda, o correspondente contrato de coprodución entre as empresas produtoras independentes participantes.

4.2. Contar coa aprobación oficial da coprodución internacional por parte do país maioritario.

4.3. Reunir as condicións necesarias de recoñecemento previo de coprodución, de conformidade co previsto no artigo 9 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, ou nos acordos internacionais subscritos por España.

5. De acordo con esta convocatoria, unha mesma persoa solicitante poderá obter un máximo de dúas subvencións sempre que algún dos dous proxectos se corresponda con algunha das seguintes categorías.

• Proxectos da categoría A que constitúan a primeira longametraxe da persoa responsable da dirección e non superen os 600.000 euros de orzamento de produción.

• Proxectos da categoría B.

• Proxectos da categoría C.

• Proxectos da categoría D.

O dito límite aplicarase tamén naqueles casos en que a persoa solicitante forme parte, pola súa vez, dunha ou de varias agrupacións de interese económico que obteñan subvención por outros proxectos audiovisuais. Igualmente, este límite afectará a persoa beneficiaria con respecto á súa vinculación con outras empresas. Para determinar se existe vinculación observarase o disposto no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Nos demais casos, no suposto de que varios proxectos dun mesmo solicitante se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación. Dentro da mesma convocatoria non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades nin tampouco se poderá presentar un mesmo proxecto a distintas categorías.

Artigo 5. Concepto de gasto subvencionable

1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos realizados e pagados dentro do período comprendido entre a data da presentación da solicitude e a fin da data de xustificación establecida nesta convocatoria.

Considéranse gastos subvencionables os efectuados pola empresa produtora ata a consecución da copia estándar ou máster dixital, máis o derivado de determinados conceptos básicos para a realización e promoción idónea da obra, nos termos e cos límites establecidos nos puntos seguintes:

a) A remuneración pola realización da produción executiva por un límite do 5 % do orzamento subvencionable. Ademais, só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo doutros, o de produción executiva.

Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e a persoa que exerza a produción executiva, deberá xuntarse o contrato coa correspondente factura. Cando a relación sexa laboral, deberá achegarse, xunto co contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da Seguridade Social onde figure, ademais, o concepto por produción executiva.

Cando o obxecto do contrato da persoa responsable da produción executiva e/ou doutros traballadores sexa xenérico para diversos proxectos que leve a cabo a empresa produtora, ratearase o seu custo en función da súa participación efectiva en cada un deles, sempre dentro da contía máxima indicada no punto anterior.

Cando a persoa do cadro de persoal da empresa produtora realice funcións de produción executiva sen un contrato específico, a súa remuneración imputarase ao capítulo de gastos xerais coas mesmas condicións de rateo.

b) Os importes derivados de xuros financeiros e gastos de negociación de préstamos formalizados con entidades financeiras ou de crédito para o financiamento específico da obra audiovisual estarán limitados ao 20 por cento do custo subvencionable presentado coa solicitude.

Así mesmo, estarán limitados ao 20 por cento do custo subvencionable do proxecto os xuros e gastos de xestión derivados de préstamos formalizados con intervención de fedatario público, con persoas físicas ou xurídicas non vinculadas coa empresa produtora, sempre que os ditos gastos queden suficientemente acreditados e que os ditos xuros non superen en máis de dous puntos o índice de referencia do prezo oficial do diñeiro. No caso de que os xuros superen o dito límite, só serán admitidos os que non superen a dita contía.

c) Recoñeceranse gastos xerais ata o límite do 7 por cento do gasto subvencionable presentado no proxecto.

Deberá imputarse ao capítulo de gastos xerais o gasto de persoal do cadro de persoal da produtora que non teña contrato laboral específico para o proxecto obxecto da subvención. O gasto de persoal pertencente ao cadro de persoal que subscribise un contrato laboral específico conforme a categoría laboral asignada, para a súa participación en diferentes proxectos que realice a produtora, ratearase en función da súa participación efectiva en cada un deles e imputarase ao capítulo de equipo técnico.

Os gastos de locomoción, viaxes e hoteis fóra das datas de inicio e fin da rodaxe imputaranse ao capítulo de gastos xerais, salvo que se trate de gastos de localizacións, gastos de preprodución de proxectos realizados dentro dos seis (6) meses anteriores á data de inicio da rodaxe e gastos de posprodución realizados ata a data máxima de xustificación da subvención, que se imputarán ao seu propio capítulo.

d) Recoñeceranse gastos de publicidade e promoción da película facturados á entidade solicitante, ata o límite do 40 por cento do custo subvencionable presentado no proxecto, e sempre que estes no fosen obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película. No caso de que os ditos gastos non fosen parcialmente subvencionados, poderán recoñecerse como subvencionables aqueles outros que non fosen obxecto de axuda.

e) Recoñeceranse os gastos de dobraxe e/ou subtitulado e/ou tradución para calquera lingua oficial española, así como o gasto de tradución para unha lingua non oficial en España. Ademais, no caso de coproducións con empresas estranxeiras, admitirase o gasto de tradución para a lingua do país ou países coprodutores.

f) Recoñecerase o gasto derivado da utilización dos soportes materiais necesarios para garantir a preservación da película, incluído o gasto da copia requirida para o cumprimento da obriga que incumbe ás persoas beneficiarias das axudas á produción. Así mesmo, recoñeceranse os gastos para a obtención das copias e adaptación a outros soportes, sempre que estean destinados á exhibición en salas e que non fosen obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película.

g) Admitirase o gasto derivado do informe especial emitido por un/unha auditor/a de contas, cando sexa este medio o empregado para xustificar a subvención.

h) Serán subvencionables os gastos correspondentes á auga e electricidade producidos en locais ou instalacións directamente vinculados coa rodaxe, dentro deste período, e sempre que a dita vinculación se xustifique mediante a achega dos correspondentes contratos.

Cando os ditos gastos se produzan no domicilio social principal da produtora, imputaranse ao capítulo de gastos xerais.

Así mesmo, serán subvencionables os gastos de telefonía producidos dentro do período da rodaxe, así como os correspondentes a unha única liña telefónica móbil realizados entre os tres (3) meses anteriores ao inicio da rodaxe e os tres (3) meses posteriores á fin desta, no caso de longametraxes e series e entre o mes anterior ao inicio e o mes posterior á fin da rodaxe, no caso de curtametraxes.

i) Consideraranse subvencionables os gastos de comidas realizados exclusivamente dentro das datas de inicio e fin da rodaxe, e exclusivamente para o persoal adscrito ao proxecto nese período.

j) Serán subvencionables os gastos de posprodución realizados antes da solicitude de cualificación da obra audiovisual e facturados ata un mes despois da data da súa cualificación. Para estes efectos, entenderase por gastos de posprodución os relacionados coa montaxe, efectos visuais, música, produción e creación de imaxes sintéticas, posprodución de son, laboratorio, negativo en posprodución e títulos de crédito, así como os gastos de persoal, sempre que se acredite a súa vinculación con estes procesos.

A vinculación dos citados gastos coa película acreditarase indicando o seu título na factura.

k) Serán subvencionables os gastos relativos á escenografía e decoración facturados ata un mes despois da data de remate da rodaxe, sempre que sexan gastos vinculados a ela, o que se acreditará mediante a descrición detallada do concepto e mención do título da película na factura correspondente.

l) Con relación aos gastos de viaxes e desprazamentos utilizando vehículo particular, aplicarase a contía establecida para a indemnización deste tipo de gastos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, ou normativa que o substitúa.

m) Serán subvencionables os gastos derivados da utilización dos equipos e do material técnico propiedade da empresa produtora, sempre que se dediquen á realización da película e unicamente pola parte proporcional do tempo utilizado nela na cantidade correspondente ao dobre da que en concepto de amortización quede reflectida na contabilidade da empresa, de acordo coa normativa contable que resulte de aplicación.

2. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda; os xuros debedores de contas bancarias; os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. En concreto, non serán computados como gasto subvencionable:

a) O importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.

b) Os gastos suntuarios, as gratificacións, as previsións de gastos, agás os xuros dos préstamos, as valoracións e as capitalizacións vinculados directamente ao proxecto.

c) Os gastos superiores a 50.000 euros, no caso de longametraxes e series, e superiores a 4.000 euros, no caso de curtametraxes, facturados por cada empresa vinculada á empresa produtora.

Os gastos iguais ou inferiores aos ditos importes facturados por empresas vinculadas serán computados como custo sempre que se realicen de acordo coas condicións normais de mercado, o que se xustificará mediante a presentación de tres ofertas, salvo que polas especiais características do gasto non exista no mercado suficiente número de entidades que presten o servizo ou subministren o ben de que se trate. En todo caso, a facturación por parte das empresas vinculadas só será computada como gasto subvencionable coa autorización previa da Agadic, antes de que este se produza.

Non se poderán fraccionar os gastos correspondentes a unha mesma prestación ou servizo en diferentes facturas, nin poderán realizar sucesivos contratos con obxectos similares coa finalidade de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento do establecido neste punto.

Considerarase que existe vinculación nos supostos previstos no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Non serán gastos subvencionables os derivados da facturación realizada entre as empresas coprodutoras da película, salvo o disposto no punto seguinte para as coproducións con empresas estranxeiras.

3. Nas películas realizadas en réxime de coprodución con empresas estranxeiras, só se entenderá por importe subvencionable o importe da participación española, de acordo co disposto no artigo 14 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

Non obstante, admitirase a facturación realizada pola empresa coprodutora estranxeira correspondente a gastos que fosen facturados por empresas establecidas no seu país que non estean vinculadas á empresa produtora española e sempre que tampouco exista vinculación entre a empresa coprodutora española e a estranxeira.

A achega económica da produtora española nunha coprodución, á cal fai referencia o mencionado artigo 14 do citado Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, xustificarase mediante a documentación acreditativa da transferencia bancaria ou calquera outro sistema de pagamento internacional legalmente recoñecido, efectuada a favor da empresa coprodutora estranxeira, a recepción pola súa parte e unha certificación desta comprensiva dos conceptos en que foi aplicada, xunto coas facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil. Non se poderá aplicar en ningún caso esta achega económica a pagamentos de persoal de nacionalidade do país coprodutor.

4. Só serán computados para efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinataria a entidade beneficiaria e cuxo expedidor quede identificado neles, así como mediante nóminas que estean emitidas pola dita entidade. As facturas e os documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse facturas ou documentos xustificativos acompañados da documentación acreditativa do pagamento.

Artigo 6. Subcontratación

1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros produtores a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social do produtor co cal se pretenda contratar a actividade.

2. Non se considera subcontratación a contratación de calquera actividade ou servizos de produción con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social non se inclúa a produción cinematográfica.

3. No caso de producións de imaxe real, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 40 por cento do custo subvencionable da película, sempre que as actividades e servizos sexan subcontratados con máis dunha empresa e sen que, en ningún caso, se poidan incluír facturas relativas a gastos de persoal.

4. Non se admitirá a subcontratación de persoal, excepto dos equipos de figuración e especialistas.

5. Non obstante, no caso de producións de imaxe real integramente españolas rodadas no estranxeiro por exixencias acreditadas do guión, admitirase a subcontratación de actores, outros artistas e de persoal técnico do país da rodaxe, co límite máximo do 25 por cento do total do persoal integrante da película, e sempre que co persoal restante se manteña o cumprimento dos requisitos de nacionalidade exixidos polo artigo 5 da Lei 55/2007, do cinema. Adicionalmente, cando se trate de producións de imaxe real integramente españolas ou de coproducións internacionais coa participación española superior ao 70 %, admitirase a subcontratación de servizos de produción en países extracomunitarios que non formen parte da coprodución internacional, co límite máximo do 20 por cento do custo subvencionable da participación española na película.

6. No caso de producións de animación, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 50 % do total subvencionable. Adicionalmente, admitirase a subcontratación de persoal, co límite do 20 por cento, cando, por necesidades técnicas debidamente xustificadas, os procesos se realicen no estranxeiro.

Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Achegaranse as seguintes declaracións responsables que se recollen no anexo II:

2.1. Que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) De acordo coa Orde CUD/582/2020, do 26 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas estatais para a produción de longametraxes e curtametraxes.

2.2. Que a persoa solicitante asume o compromiso de incluír na obra obxecto da axuda o subtitulado especial e a audiodescrición como medidas de accesibilidade universal.

2.3. Que a entidade solicitante é titular dos dereitos suficientes de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, e con esta convocatoria.

2.4. Que a entidade solicitante ou, de ser o caso, as empresas que integran a entidade xurídica solicitante, cumpren cos requisitos de produtor independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

2.5. Que o proxecto se adapta aos regulamentos específicos ou a algún dos convenios subscritos por España en materia de coprodución internacional cinematográfica, no caso dos proxectos da categoría C.

2.6. Que a entidade solicitante posúe un contrato ou carta de compromiso por parte dunha canle de televisión ou dunha plataforma de vídeo baixo demanda relativa á participación no proxecto ou á compra de dereitos de emisión da serie. De se tratar dunha carta de compromiso, esta deberá reflectir, cando menos, a contía económica mínima que a parte asinante ten previsto investir no proxecto. Só para o caso dos proxectos da categoría E.

2.7. Declaración responsable de que a persoa beneficiaria adquire, coa obtención da subvención, os seguintes compromisos:

2.7.1. Poñer en coñecemento e coordinar coa Agadic, cun mes de antelación mínima, a data da estrea da obra en Galicia, ben sexa en festivais galegos do audiovisual, en salas de cinema ou en canles de TV ou plataformas VOD, segundo a categoría do proxecto subvencionado.

2.7.2. Estrear a obra na súa versión orixinal nun mínimo de cinco salas de exhibición localizadas en Galicia, salvo cando se trate de obras de tipo documental, que se deberán estrear nun mínimo de dúas salas de exhibición galegas. As estreas non se terán que realizar de forma simultánea. Só para o caso dos proxectos das categorías A e B.

2.7.3. Informar a Agadic de todas as participacións da obra audiovisual nos certames e festivais que se relacionan no anexo IV cun mínimo de quince (15) días de antelación ao da súa realización.

2.7.4. Manter a porcentaxe mínima de titularidade dos dereitos de propiedade da obra audiovisual que establece a convocatoria durante un período mínimo de tres anos contados desde a súa cualificación oficial, cando se trate dunha obra cinematográfica.

2.7.5. Recuperar os dereitos de propiedade da obra audiovisual cedidos a entes emisores, cando se trate de producións destinadas a canles de televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda dentro dos seguintes prazos: sete (7) anos se a participación do ente emisor se formaliza como prevenda e dez (10) anos cando a participación do ente emisor se formaliza como coprodución.

2.8. Declaración das características e condicións do proxecto segundo a ficha de produción recollida no anexo III destas bases, relativas á lingua orixinal da rodaxe e a porcentaxe da lingua galega na versión orixinal, porcentaxe de días da rodaxe en Galicia sobre o total da gravación ou de utilización de estudios principais de animación radicados en Galicia, utilización de servizos audiovisuais galegos (posprodución de imaxe, posprodución de son e dobraxe, iluminación e escenografía), vinculación laboral con Galicia dos profesionais que interveñen no proxecto a nivel creativo, técnico e artístico, condición novel do director ou da directora da obra, dirección da obra a cargo dunha muller, porcentaxe de presenza feminina a nivel creativo, técnico e artístico, historial en canto a obras previas producidas da empresa solicitante ou da persoa proposta para a produción executiva, historial en canto a obras anteriores realizadas pola persoa proposta para a dirección do proxecto, subvencións previas da Agadic á escrita de guión ou ao desenvolvemento do proxecto, participación en obradoiros de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais, historial das obras anteriores producidas pola empresa coa participación maioritaria naqueles proxectos presentados á categoría C, porcentaxe de financiamento en firme acadada polo proxecto no momento da solicitude.

2.9. Declaración de participación en AIE e empresas vinculadas, de ser o caso.

Artigo 8. Prazo de presentación de solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

1.5. Especificamente para os proxectos presentados á categoría B de coprodución internacional minoritaria:

1.5.1. Certificado da aprobación oficial da coprodución internacional por parte do país maioritario e contrato de coprodución entre as produtoras independentes participantes.

1.5.2. Resolución aprobatoria da coprodución, de conformidade co previsto no artigo 9 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/20017, do 28 de decembro, do cinema, ou nos acordos internacionais subscritos por España. Na súa falta, acreditación de ter cursado a solicitude de aprobación da coprodución.

1.6. Contrato ou carta de compromiso dunha empresa prestadora do servizo de comunicación audiovisual, segundo a Directiva europea 2010/13/UE1 de servizos de comunicación audiovisual, no caso dos proxectos presentados á categoría E. Para o caso de presentación dunha carta de compromiso, esta deberá reflectir, cando menos, a contía económica mínima que a parte asinante ten previsto investir no proxecto.

2. As persoas beneficiarias deberán presentar, seguindo a mesma orde de numeración e nomenclatura, a seguinte documentación específica:

2.1. Datos identificativos do proxecto: título, xénero, versión lingüística orixinal da obra, formato da rodaxe ou gravación, orzamento total, empresa ou empresas produtoras, nacionalidades e porcentaxes de participación, responsables da produción executiva, guión e dirección, localizacións da rodaxe, utilización de estudios principais de animación, localizacións de posprodución.

2.2. Anexo III: ficha do proxecto.

2.3. Documentación que acredite os datos achegados na ficha do proxecto.

2.3.1. Contratos en firme ou cartas de compromiso asinadas cos profesionais relacionados. No caso das persoas responsables da dirección, guión e produción executiva, deberán figurar as cantidades económicas acordadas.

2.3.2. Contratos ou cartas de compromiso cos estudios: de produción e posprodución galegos e coas empresas auxiliares de produción que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, propostos para participar no proxecto.

2.3.3. Historial da empresa produtora ou da produción executiva, segundo se detalla a continuación:

– No relativo a longametraxes e curtametraxes producidas con anterioridade só se admitirán as fichas das películas que figuran no Catálogo de películas cualificadas do ICAA (https://sede.mcu.gob.es/CatalogoICAA). A mesma ficha será válida para acreditar os resultados de entradas e a coprodución internacional no caso das longametraxes cinematográficas. Se as obras anteriores estivesen cualificadas no estranxeiro, admitirase documentación equivalente. No caso das series, documentación de valor probatorio que certifique a participación da empresa ou profesional na serie. Non se admitirán imaxes dos títulos de crédito se non van acompañadas dunha ligazón que permita o acceso á obra.

– No relativo á presenza de obra en festivais, condición de finalista en certames de premios e obtención de premios en festivais e certames, segundo o anexo IV das bases reguladoras, priorizarase a ficha da película indicada no parágrafo anterior cando se trate de obras cinematográficas. De non figuraren estes datos na ficha da película e para o caso das series, poderá achegarse a comunicación emitida polo certame ou a ligazón á súa páxina web oficial na cal se recolla a selección ou premio xunto coa respectiva imaxe de pantalla.

– A acreditación da estrea de longametraxes en salas comerciais de exhibición cinematográfica de fóra de España, nun mínimo de tres territorios, realizarase mediante certificado da axencia responsable das vendas ou presentando a copia do contrato de distribución internacional.

– A coprodución internacional de series acreditarase mediante extracto do contrato entre compañías produtoras ou certificación emitida polas canles de televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda correspondentes.

2.3.4. No caso dos proxectos presentados á categoría B de coproducións internacionais en réxime de participación minoritaria española, haberá que presentar a seguinte documentación relativa á compañía coprodutora maioritaria:

– Acreditación da presenza de obras anteriores en que participase en festivais, segundo a relación de seccións oficiais e certames recollidos no anexo IV destas bases, mediante invitación emitida pola dirección ou organización do evento.

– Acreditación da obtención de premios á mellor película en calquera categoría dalgún certame ou festival dos recollidos no anexo IV mediante ligazón á páxina web do evento na edición correspondente.

2.3.5. Documentación relativa aos/ás profesionais propostos no momento de presentar a solicitude:

– A acreditación da vinculación con Galicia para efectos destas bases (formación regrada en Galicia relacionada co ámbito audiovisual, desempeño das mesmas funcións en dous proxectos de produción galega ou baixo contrato con dúas empresas produtoras que realicen a súa actividade habitual en Galicia) realizarase preferentemente mediante fichas de películas cualificadas do ICAA nas cales participase ou achegase as ligazóns dos títulos de crédito xunto coa imaxe de pantalla ou mediante certificación das empresas contratantes, segundo o caso. No caso de acreditar a formación regrada, achegarase a correspondente titulación.

– A presenza e obtención de premios en certames e/ou festivais de obras anteriores da persoa responsable da dirección única do proxecto acreditarase preferentemente mediante fichas de películas cualificadas do ICAA ou mediante a ligazón ás páxinas web oficiais dos certames onde figure o dato xunto coas respectivas imaxes de pantalla.

2.3.6. Acreditación, en firme, do financiamento declarado no momento da presentación da solicitude. Para efectos destas bases, para acreditar esta circunstancia só se considerará válida a seguinte documentación.

– Dereitos a recibir outras axudas ou subvencións a través de resolucións definitivas do organismo convocante.

– Contratos con canles de televisión e/ou plataformas de VOD. No caso das canles públicas de TV, poderá achegarse a resolución de participación ou compra de dereitos, sempre que se indique o importe económico derivado da dita participación.

– Contratos con compañías distribuidoras ou axencias de vendas, ou precontratos onde se definan as cantidades.

– Contratos de investimento privado, acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria.

– Certificados de investimento por futuras operacións de desgravación fiscal, acompañados dun aval bancario ou do aval dunha sociedade de garantía.

Os contratos para acreditar a viabilidade económica deberán ser posteriores ao 31 de decembro de 2022. Se son anteriores, deberán estar acompañados dunha actualización ou addenda.

En todos os contratos deberá figurar a empresa produtora solicitante ou a empresa ou empresas coprodutoras coas cales exista acordo oficial asinado, ou a empresa ou empresas coas cales constituíse a agrupación de interese económico no momento de presentar a solicitude, de ser o caso.

Non se admitirán contratos formalizados con empresas ou persoas vinculadas á entidade solicitante para efectos de acreditación de financiamento.

2.4. Dossier do proxecto, nun único documento segundo a orde que se detalla, que deberá conter:

2.4.1. Memoria dos/das autores/as que recolla as intencións e os aspectos creativos do proxecto.

2.4.2. Memoria da produción e da dirección onde se prioricen os aspectos que se avalían na epígrafe de criterios artísticos da modalidade correspondente, segundo se detalla no artigo 16.1 das bases reguladoras. No caso das coproducións internacionais en réxime de participación minoritaria, achegarase tamén información relativa á produtora maioritaria do proxecto.

2.4.3. Deseño de produción e plan de traballo en que se recolla unha previsión do tempo da rodaxe e as localizacións.

2.4.5. Sinopse argumental, cunha extensión máxima de 500 palabras, e guión do proxecto. No caso das series, deberá achegarse o guión do primeiro capítulo e a biblia completa do proxecto. No caso de proxectos documentais, o guión poderá ser substituído por un tratamento ou escaleta.

Con relación a este punto 2.4, o órgano instrutor comprobará a súa presentación pero non realizará a comprobación cualitativa do seu contido. A documentación especificada no punto 2.4 non poderá ser obxecto de modificación ou mellora ao longo da fase de instrución do procedemento, previa á reunión da Comisión de Valoración.

2.5. Plan de financiamento.

2.6. Orzamento segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.

2.7. Voluntariamente poderase achegar:

2.7.1. Un plan de promoción e márketing elaborado por unha empresa ou profesional especializado/a.

2.7.2. Unha ligazón a un audiovisual de venda do proxecto (teaser) de non máis de tres minutos de duración.

2.7.3. Unha ligazón a unha presentación do proxecto a cargo da persoa responsable da dirección ou da produción executiva.

2.8. Calquera outra documentación que a entidade solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. As persoas solicitantes poderán indicar na súa solicitude aquela documentación ou información que consideran que ten carácter confidencial, e non será admisible unha declaración xenérica nin unha declaración que indique que toda a documentación ou información ten carácter confidencial. De facelo así, o órgano instrutor reservará para si o dereito de determinar que documentación debe considerarse confidencial, exonerándoo de toda responsabilidade por calquera erro de apreciación en canto ao carácter confidencial ou non da documentación e información do expediente de solicitude.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Notificación das resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. A notificación entenderase efectuada no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas beneficiarias a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ou aos profesionais ou expertos consultados.

En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirirlles ás persoas beneficiarias que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e do seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas realizadas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación administrativa necesaria serán remitidos á Comisión encargada da súa valoración.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha Comisión de Valoración, nomeada polo director da Agadic, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nestas bases.

2. Esta Comisión, que terá a consideración de órgano colexiado, estará formada por cinco membros:

– Dúas persoas profesionais de recoñecido prestixio no mundo cultural e/ou audiovisual, entre as cales se designará o seu/a súa presidente/a.

– Unha persoa en representación da Televisión de Galicia proposta polo director da Corporación de Radio Televisión de Galicia.

– Unha persoa técnica pertencente ao cadro de persoal da Agadic.

A Secretaría da Comisión será exercida por unha persoa designada pola Dirección da Agadic, pertencente ao cadro de persoal da Agadic, con voz e sen voto.

3. Para a composición da Comisión terase en conta o establecido no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

4. A condición de persoa membro da Comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído/a en ningún caso. As persoas que formen parte da Comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas beneficiarias ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria e absteranse se se dá algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

5. A Comisión de Valoración, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará un documento en que concrete os criterios definidos no artigo 16 para aplicalos de xeito coherente e homoxéneo. Este documento incorporarase á acta que se levante da sesión correspondente.

6. A Comisión poderá solicitar das persoas solicitantes cantos datos e acreditacións xulgue necesarios para unha máis correcta avaliación dos proxectos.

7. Rematada a avaliación, a Comisión emitirá un informe en que relacione os proxectos por orde de prelación por categorías, indicando a puntuación asignada a cada un deles de xeito motivado, e levantarase unha acta que reflicta as deliberacións e os acordos da Comisión para a súa elevación ao órgano instrutor.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. Os criterios de avaliación establécense atendendo ás categorías e ás modalidades de proxectos segundo se especifica a seguir:

Categoría A1_Longametraxes cinematográficas de ficción

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

90 puntos

A) Versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % en diálogos e narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria do galego como lingua orixinal en diálogos e narración

5 puntos

– Utilización do galego como lingua orixinal nunha porcentaxe superior ao 90 % nos diálogos e narración

8 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 42 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe da rodaxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudios: cinematográficos de Galicia.

Máximo 6 puntos

– Do 26 % ao 50 % de días da rodaxe en Galicia

2 puntos

– Do 51 % ao 75 % de días da rodaxe en Galicia

4 puntos

– Máis do 75 % de días da rodaxe en Galicia

6 puntos

2. Contratación de empresas de posprodución e servizos audiovisuais que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 6 puntos

– Posprodución de imaxe

2 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

2 puntos

– Iluminación

1 punto

– Escenografía

1 punto

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicarase a metade dos puntos posibles concedidos e a participación non poderá ser inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

3 puntos

– Composición da BSO

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico vinculadas profesionalmente con Galicia, segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Produción executiva

2 puntos

– Dirección de fotografía

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de produción

1 punto

– Xefatura de son

1 punto

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

5. Elenco artístico

Máximo 6 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz non principal

1 punto

– Actor/actriz non principal

1 punto

6. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 3 e 4 desta epígrafe superior ao 50 %, vinculadas profesionalmente con Galicia. Non puntuarán as participacións compartidas, excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

7. Dirección novel da obra íntegra: persoas vinculadas profesionalmente con Galicia que non dirixisen ou codirixisen longametraxes cualificadas oficialmente para a exhibición cinematográfica ou series de máis de 150 minutos difundidas en televisións e/ou plataformas VOD.

2 puntos

8. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 40 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto e deberase manter a opción escollida en todas as epígrafes. Obterase puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nas cales a compañía produtora ou produtor/a executivo/a participase. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cinema ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso das longametraxes e curtametraxes, só se aceptará como documento válido para efectos de comprobación a ficha oficial da película inscrita no ICAA na base de datos de películas cualificadas. No caso das series, só se aceptarán certificados expedidos polos certames, institucións ou compañías de distribución, segundo proceda.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cinema nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican, e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual, outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 20.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de tres territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial da persoa a cargo da dirección única do proxecto que se presenta, sempre que a función se realizase integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. As longametraxes e curtametraxes deberán figurar na base de películas cualificadas do ICAA.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cinema que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic, sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

3 puntos

4. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar no momento de presentar a solicitude segundo o punto 2.3.6 do artigo 9 destas bases.

Máximo 12 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

8 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

Criterios artísticos

60 puntos

D) Calidade do proxecto, guión, lanzamento e difusión

Máximo 60 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valoraranse o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións da dirección, o carácter innovador e a achega á diversidade e as audiencias potenciais, entre outros aspectos. Teranse en conta, ademais, os historiais profesionais dos autores e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico, sempre que a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión: valoraranse a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Potencial de circulación nacional e internacional da obra e intencións en canto ao seu lanzamento e difusión. Valorarase cualitativamente a existencia dun plan de márketing, de ser o caso.

Máximo 10 puntos, con motivación

4. Grao de desenvolvemento do proxecto, deseño da produción e solidez artística, técnica e económica para levala a cabo.

Máximo 5 puntos, con motivación

Categoría A2_Longametraxes cinematográficas de animación

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

90 puntos

A) Lingua orixinal da primeira sonorización: versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria da lingua galega na primeira sonorización

5 puntos

– Utilización da lingua galega nunha porcentaxe superior ao 90 % na primeira sonorización

8 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 42 puntos

1. Utilización de estudios: principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.

Máximo 10 puntos

– Máis do 50 % de estudios: principais

5 puntos

– Máis do 75 % de estudios: principais

10 puntos

2. Contratación de estudios: auxiliares e de posprodución que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 7 puntos

– Estudo auxiliar de animación (detállese función)

3 puntos

– Posprodución de imaxe

2 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

2 puntos

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, e a participación non poderá ser inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

3 puntos

– Composición da BSO

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico vinculadas profesionalmente con Galicia segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

Máximo 10 puntos

– Produtor/a executivo/a

2 puntos

– Deseñador/a de personaxes

2 puntos

– Dirección de animación

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

– Supervisión de layout

1 punto

5. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que exercen as tarefas definidas no puntos 3 e 4 cando esta sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas, excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

6. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixen longametraxes cualificadas oficialmente para a exhibición cinematográfica ou series que se difundisen a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

7. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 40 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto e deberase manter a opción escollida en todas as epígrafes. Obterase puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nos cales a compañía produtora ou produtor/a executivo/a participase. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cinema ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso das longametraxes e curtametraxes, só se aceptará como documento válido para efectos de comprobación a ficha oficial da película inscrita no ICAA na base de datos de películas cualificadas. No caso das series, só se aceptarán certificados expedidos polos certames, institucións ou compañías de distribución, segundo proceda.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cinema nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican, e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual, outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de tres territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial da persoa a cargo da dirección única do proxecto que se presenta, sempre que a función se realizase integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. As longametraxes e curtametraxes deberán figurar na base de películas cualificadas do ICAA.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cinema que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic, sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

3 puntos

4. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar no momento de presentar a solicitude segundo o punto 2.3.6 do artigo 9 destas bases.

Máximo 12 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

8 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade do proxecto, guión, lanzamento e difusión e solidez da produción

Máximo 60 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valoraranse o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións da dirección, o carácter innovador e a achega á diversidade e as audiencias potenciais, entre outros aspectos. Teranse en conta, ademais, os historiais profesionais dos autores e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico, sempre que a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión: valoraranse a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Potencial de circulación nacional e internacional da obra e intencións en canto ao seu lanzamento e difusión. Valorarase cualitativamente a existencia dun plan de márketing, de ser o caso.

Máximo 10 puntos, con motivación

4. Grao de desenvolvemento do proxecto, deseño da produción e solidez artística, técnica e económica para levala a cabo.

Máximo 5 puntos, con motivación

Categoría B_Longametraxes cinematográficas documentais

Máximo 120 puntos

Criterios técnicos

70 puntos

A) Lingua orixinal da rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

Máximo 4 puntos

– Lingua orixinal da rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

2 puntos

-Versión orixinal rodada en galego nunha porcentaxe superior ao 90 % de utilización nos diálogos e/ou narración

4 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 28 puntos

1. Rodaxe en Galicia e/ou utilización de estudios: galegos, cumprimento de algún dos seguintes aspectos:
– Máis do 50 % de gravación en Galicia

– Máis do 50 % de utilización de estudios: de posprodución galegos

8 puntos

2. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicarase a metade dos puntos posibles concedidos e a participación non poderá ser inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

6 puntos

– Dirección

3 puntos

– Guión

2 puntos

– Composición da BSO

1 punto

3. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

8 puntos

– Produtor/a executivo/a

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de fotografía

2 punto

– Xefatura de son

1 punto

– Documentalista

1 punto

4. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 2 e 3 desta epígrafe cando sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas, excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

5. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou longametraxe ou serie que se difundisen a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

6. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 38 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto e deberase manter a opción escollida en todas as epígrafes. Obterase puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nos cales a compañía produtora ou produtor/a executivo/a participase. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cinema ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso das longametraxes e curtametraxes, só se aceptará como documento válido para efectos de comprobación a ficha oficial da película inscrita no ICAA na base de datos de películas cualificadas. No caso das series, só se aceptarán certificados expedidos polos certames, institucións ou compañías de distribución, segundo proceda.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cinema nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual, outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de tres territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial da persoa a cargo da dirección única do proxecto que se presenta, sempre que a función se realizase integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. As longametraxes e curtametraxes deberán figurar na base de películas cualificadas do ICAA.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cinema que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película ou serie e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic, sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

3 puntos

4. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar no momento de presentar a solicitude segundo o punto 2.3.6 do artigo 9 destas bases.

Máximo 10 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

4 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

6 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

8 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade, guión, lanzamento e difusión e solidez da produción

Máximo 50 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valoraranse o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento presentado para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión ou escaleta: valoraranse a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Potencial de circulación nacional e internacional da obra e intencións en canto ao seu lanzamento e difusión. Valorarase cualitativamente a existencia dun plan de márketing, de ser o caso.

Máximo 10 puntos, con motivación

4. Grao de desenvolvemento do proxecto, deseño da produción e solidez artística, técnica e económica para levala a cabo.

Máximo 5 puntos, con motivación

Categoría C_Longametraxes cinematográficas en coprodución internacional con participación minoritaria española (ficción, animación, documental)

Máximo 95 puntos (ficción /animación)

Máximo 90 puntos (documental)

Criterios técnicos

Máximo 55 puntos (ficción/animación)

Máximo 50 puntos (documental)

A) Profesionais galegos ou vinculados profesionalmente con Galicia que interveñen na produción. No caso de que a función sexa compartida, aplicarase a metade dos puntos posibles concedidos e a participación non poderá ser inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 20 puntos (ficción/animación)

Máximo 15 puntos (documental)

Ficción/Animación

20 puntos

– Produción executiva galega

2

– Dirección

4

– Guión

3

– Composición da BSO

3

– Xefatura de montaxe

3

– Dirección de fotografía (ficción) / Deseño de personaxes (animación)

3

– Actuación 1 (ficción) / animación 1 (animación)

1

– Actuación 2 (ficción) / animación 2 (animación)

1

Documental

15 puntos

– Produción executiva galega

2

– Dirección

4

– Guión

2

– Composición BSO

2

– Dirección de fotografía

2

– Xefatura de montaxe

2

– Documentalista

1

B) Localizacións galegas e utilización de estudios: e empresas de servizos audiovisuais que desenvolven a actividade habitual en Galicia

Máximo 10 puntos

– Máis do 30 % do total da rodaxe ou gravación en localizacións galegas ou máis do 30 % de utilización de estudios: de animación

4 puntos

– Posprodución de son integramente en Galicia

3 puntos

– Posprodución de imaxe integramente en Galicia

3 puntos

C) Financiamento acreditado polos coprodutores

Máximo 10 puntos

– Do 41 % ao 60 % de financiamento acreditado

5 puntos

– Máis do 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

D) Historial en canto a longametraxes producidas ou dirixidas con anterioridade. Para efectos de historial de produción, non puntúan longametraxes que fosen estreadas en salas de cinema ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso do historial das empresas, poderase escoller entre a compañía produtora ou a persoa que exerza a produción executiva por cada parte, e manterase a mesma opción nas epígrafes correspondentes.

Máximo 15 puntos

1. Historial da parte maioritaria estranxeira (máximo tres longametraxes en cada epígrafe)

Máximo 6 puntos

– Participación maioritaria en películas realizadas en coprodución internacional

2 punto por cada obra

2. Historial da entidade solicitante ou da persoa que no seu nome exerza a produción executiva (máximo dúas longametraxes en cada epígrafe)

Máximo 6 puntos

– Participación minoritaria en películas realizadas en coprodución internacional

1 punto por cada obra

– Participación maioritaria en películas realizadas en coprodución internacional

2 puntos por cada obra

3. Historial do/da director/a en canto a longametraxes realizadas, sempre que as dirixise integramente (máximo tres longametraxes) en cada epígrafe)

Máximo 3 puntos

– Presenza en seccións oficiais a concurso de festivais de cinema nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican

1 punto por cada obra

Criterios artísticos

Máximo 40 puntos

D) Calidade do proxecto, guión e plan de lanzamento e distribución

Máximo 40 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valoraranse o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia co orzamento presentado. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión: valoraranse a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a súa adecuación á proposta estética.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Plan de lanzamento e distribución internacional.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación.

Categoría D – Curtametraxes de ficción, animación e documental

Máximo 70 puntos

Criterios técnicos

40 puntos

A) Lingua orixinal

Máximo 5 puntos

V.O. en galego

5 puntos

B) Impulso do sector audiovisual e contribución á promoción do talento galego

Máximo 30 puntos

1. Rodaxe en Galicia e/ou utilización de estudios: galegos:
– Máis do 50 % da rodaxe en Galicia (ficción, documental)

– Máis do 50 % de utilización de estudios: galegos (animación)

– Máis do 50 % de utilización de estudios: de posprodución

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran un dos aspectos mencionados

2. Equipo autoral e creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicarase a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función

Máximo 14 puntos

– Dirección

5 puntos

– Guión

4 puntos

– Composición da BSO

2 puntos

– Xefatura de montaxe

1 punto

– Dirección de fotografía (ficción/documental) ou deseño de personaxes (animación)

1 punto

3. Porcentaxe de mulleres na relación de profesionais que se especifica no punto 2, superior ao 50 %

3 puntos

4. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller

3 puntos

C) Viabilidade

Máximo 5 puntos

Máis do 20 % de financiamento acreditado

5 puntos

Criterios artísticos

30 puntos

D) Calidade e interese, desenvolvemento, orzamento e potencial de circulación

Máximo 30 puntos

1. Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central, a orixinalidade e a creatividade do proxecto

Máximo 15 puntos que se outorgarán motivadamente e en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2. Grao de elaboración e desenvolvemento do proxecto

Ata 5 puntos, con motivación

3. Coherencia entre o orzamento e o proxecto

Ata 5 puntos, con motivación

4. Potencial de circulación nacional e internacional da obra audiovisual

Ata 5 puntos, con motivación

Categoría D1_Series de ficción para televisión e/ou plataformas VOD

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

90 puntos

A) Versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % en diálogos e narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria do galego como lingua orixinal en diálogos e narración

5 puntos

– Utilización do galego como lingua orixinal nunha porcentaxe superior ao 90 % nos diálogos e narración

8 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 42 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe da rodaxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudios: cinematográficos de Galicia.

Máximo 6 puntos

– Do 26 % ao 50 % de días da rodaxe en Galicia

2 puntos

– Do 51 % ao 75 % de días da rodaxe en Galicia

4 puntos

– Máis do 75 % de días da rodaxe en Galicia

6 puntos

2. Contratación de empresas de posprodución e servizos audiovisuais que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 6 puntos

– Posprodución de imaxe

2 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

2 puntos

– Iluminación

1 punto

– Escenografía

1 punto

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicarase a metade dos puntos posibles concedidos e a participación non poderá ser inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección (no caso de codirección en series, só puntuará cando se manteñan os mesmos dous profesionais no conxunto da obra)

4 puntos

– Guión (só puntuará cando o/a profesional ou profesionais sexan os/as creadores/as da obra)

3 puntos

– Composicion da BSO

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico vinculadas profesionalmente con Galicia, segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Produción executiva

2 puntos

– Dirección de fotografía

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de produción

1 punto

– Xefatura de son

1 punto

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

5. Elenco artístico

Máximo 6 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz non principal

1 punto

– Actor/actriz non principal

1 punto

6. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 3 e 4 desta epígrafe, superior ao 50 %, vinculadas profesionalmente con Galicia. Non puntuarán as participacións compartidas, excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

7. Dirección novel da obra íntegra: persoas vinculadas profesionalmente con Galicia que non dirixisen ou codirixisen longametraxes cualificadas oficialmente para a exhibición cinematográfica ou series de máis de 150 minutos difundidas en televisións e/ou plataformas VOD.

2 puntos

8. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 40 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto e deberase manter a opción escollida en todas as epígrafes. Obterase puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nos cales a compañía produtora ou produtor/a executivo/a participase. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cinema ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso das longametraxes e curtametraxes, só se aceptará como documento válido para efectos de comprobación a ficha oficial da película inscrita no ICAA na base de datos de películas cualificadas. No caso das series, só se aceptarán certificados expedidos polos certames, institucións ou compañías de distribución, segundo proceda.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cinema nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican, e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual, outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 20.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de tres territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial da persoa a cargo da dirección única do proxecto que se presenta, sempre que a función realizase integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. As longametraxes e curtametraxes deberán figurar na base de películas cualificadas do ICAA.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cinema que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película ou serie ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic, sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

3 puntos

4. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar no momento de presentar a solicitude segundo o punto 2.3.6 do artigo 9 destas bases.

Máximo 12 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

8 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

Criterios artísticos

60 puntos

D) Calidade do proxecto, guión, lanzamento e difusión e solidez da produción

Máximo 60 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valoraranse o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións da dirección, o carácter innovador e a achega á diversidade e as audiencias potenciais, entre outros aspectos. Teranse en conta, ademais, os historiais profesionais dos autores e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico, sempre que a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión: valoraranse a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Potencial de circulación nacional e internacional da obra e intencións en canto ao seu lanzamento e difusión. Valorarase cualitativamente a existencia dun plan de márketing, de ser o caso.

Máximo 10 puntos, con motivación

4. Grao de desenvolvemento do proxecto, deseño da produción e solidez artística, técnica e económica para levala a cabo.

Máximo 5 puntos, con motivación

Categoría D2_Series de animación para televisión ou plataformas de vídeo baixo demanda

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

90 puntos

A) Lingua orixinal da primeira sonorización: versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria da lingua galega na primeira sonorización

5 puntos

– Utilización da lingua galega nunha porcentaxe superior ao 90 % na primeira sonorización

8 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 42 puntos

1. Utilización de estudios: principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia

Máximo 10 puntos

– Máis do 50 % de estudios: principais

5 puntos

– Máis do 75 % de estudios: principais

10 puntos

2. Contratación de estudios: auxiliares e de posprodución que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 7 puntos

– Estudio auxiliar de animación (detállese función)

3 puntos

– Posprodución de imaxe

2 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

2 puntos

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicarase a metade dos puntos posibles concedidos e a participación non poderá ser inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

3 puntos

– Composición da BSO

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico vinculadas profesionalmente con Galicia segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

Máximo 10 puntos

– Produtor/a executivo/a

2 puntos

– Deseñador/a de personaxes

2 puntos

– Dirección de animación

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

– Supervisión de layout

1 punto

5. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 3 e 4, cando sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas, excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

6. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen longametraxes cualificadas oficialmente para a exhibición cinematográfica ou series que se difundisen a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

7. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización.

Máximo 46 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto e deberase manter a opción escollida en todas as epígrafes. Obterase puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nos cales a compañía produtora ou produtor/a executivo/a participase. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cinema ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso das longametraxes e curtametraxes, só se aceptará como documento válido para efectos de comprobación a ficha oficial da película inscrita no ICAA na base de datos de películas cualificadas. No caso das series, só se aceptarán certificados expedidos polos certames, institucións ou compañías de distribución, segundo proceda.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cinema nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican, e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual, outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 20.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de tres territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial da persoa a cargo da dirección única do proxecto que se presenta, sempre que a función se realizase integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. As longametraxes e curtametraxes deberán figurar na base de películas cualificadas do ICAA.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cinema que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película ou serie ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic, sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

3 puntos

4. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar no momento de presentar a solicitude segundo o punto 2.3.6 do artigo 9 destas bases.

Máximo 12 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

8 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade do proxecto, guión, lanzamento e difusión e solidez da produción

Máximo 60 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valoraranse o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións da dirección, o carácter innovador e a achega á diversidade e as audiencias potenciais, entre outros aspectos. Teranse en conta ademais, os historiais profesionais dos autores e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico, sempre que a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión: valoraranse a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Potencial de circulación nacional e internacional da obra e intencións en canto ao seu lanzamento e difusión. Valorarase cualitativamente a existencia dun plan de márketing, de ser o caso.

Máximo 10 puntos, con motivación

4. Grao de desenvolvemento do proxecto, deseño da produción e solidez artística, técnica e económica para levala a cabo.

Máximo 5 puntos, con motivación

Categoría D3_Series documentais para televisión ou plataformas de video baixo demanda

Máximo 120 puntos

Criterios técnicos

70 puntos

A) Lingua orixinal da rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

Máximo 4 puntos

– Lingua orixinal da rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

2 puntos

– Versión orixinal rodada en galego nunha porcentaxe superior ao 90 % de utilización nos diálogos e/ou narración.

4 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego.

Máximo 28 puntos

1. Rodaxe en Galicia e/ou utilización de estudios: galegos, cumprimento dalgún dos seguintes aspectos:
– Máis do 50 % de gravación en Galicia.

– Máis do 50 % de utilización de estudios: de posprodución galegos.

8 puntos

2. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicarase a metade dos puntos posibles concedidos e a participación non poderá ser inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

6 puntos

– Dirección

3 puntos

– Guión

2 puntos

– Composición da BSO

1 punto

3. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

8 puntos

– Produtor/a executivo/a

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de fotografía

2 punto

– Xefatura de son

1 punto

– Documentalista

1 punto

4. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 2 e 3 desta epígrafe cando sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas, excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

5. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou longametraxe ou serie que se difundise a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

6. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 38 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto e deberase manter a opción escollida en todas as epígrafes. Obterase puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nos cales a compañía produtora ou produtor/a executivo/a participase. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cinema ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso das longametraxes e curtametraxes, só se aceptará como documento válido para efectos de comprobación a ficha oficial da película inscrita no ICAA na base de datos de películas cualificadas. No caso das series, só se aceptarán certificados expedidos polos certames, institucións ou compañías de distribución, segundo proceda.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cinema nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican, e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual, outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de tres territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial da persoa a cargo da dirección única do proxecto que se presenta, sempre que a función se realizase integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. As longametraxes e curtametraxes deberán figurar na base de películas cualificadas do ICAA.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cinema que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película ou serie e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic, sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

3 puntos

4. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar no momento de presentar a solicitude segundo o punto 2.3.6 do artigo 9 destas bases.

Máximo 10 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

4 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

6 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

8 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade, guión, lanzamento e difusión e solidez da produción

Máximo 50 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valoraranse o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento presentado para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión ou escaleta: valoraranse a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Potencial de circulación nacional e internacional da obra e intencións en canto ao seu lanzamento e difusión. Valorarase cualitativamente a existencia dun plan de márketing, de ser o caso.

Máximo 10 puntos, con motivación

4. Grao de desenvolvemento do proxecto, deseño da produción e solidez artística, técnica e económica para levala a cabo.

Máximo 5 puntos, con motivación

2. Non obstante, a puntuación mínima que teñen que acadar os proxectos para seren subvencionables é a que segue:

Criterios

técnicos

Criterios

artísticos

Total

Categoría A

A1. Longametraxes cinematográficas de ficción

55

35

90

A2. Longametraxes cinematográficas de animación

55

35

90

Categoría B

Longametraxes cinematográficas documentais

40

30

70

Categoría C

Longametraxes de ficción ou animación en coprodución internacional con participación minoritaria española

30

25

55

Longametraxes documentais en coprodución internacional con participación minoritaria española

25

25

50

Categoría D

Curtametraxes de ficción, animación e documental

20

15

35

Categoría D

Series de ficción para TV e plataformas

55

35

90

Series de animación para TV e plataformas

55

35

90

Series documentais para TV e plataformas

40

30

70

Para o caso de que haxa un empate entre dúas ou máis solicitudes, primará aquela que obteña unha maior puntuación nos criterios técnicos.

Artigo 17. Audiencia

1. Efectuada a valoración, a Comisión levantará a acta e realizará un informe en que se concretará o seu resultado, á vista do cal o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada e que lles deberá ser notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figure no procedemento ou non se vaian ter en conta na resolución outros feitos ou probas aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución terá carácter definitivo.

Artigo 18. Resolución da convocatoria

1. De ser o caso, transcorrido o prazo de dez días desde a contestación do trámite de audiencia, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva en que indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. O importe económico determinarase en función da dispoñibilidade orzamentaria, do orzamento do proxecto, do importe solicitado e da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. Esta proposta de resolución definitiva será elevada á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

3. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor, no cal conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para accederen ás axudas.

4. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

5. Esta resolución deberase ditar, e notificar, no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes; será motivada e expresará, cando menos:

a) A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes, con mención da súa causa.

6. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que a persoa interesada poida entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 19. Aceptación e renuncia da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicaranlle á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen se comunicar esta aceptación ou sen se producir manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria poderá remitirlle á Agadic o orzamento adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades, a recibida e a solicitada). A dita documentación deberase remitir no prazo máximo de dez (10) días, contados desde a notificación da resolución de concesión.

3. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias da subvención deberán cumprir as seguintes obrigas:

1. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das subvencións quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto, cambio de título, modificación substancial de contidos ou cambios nos responsables do equipo técnico será notificada con anterioridade á Agadic, que adoptará as medidas que considere procedentes.

2. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

3. Notificarlle en todo momento á Agadic as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, que se producisen con posterioridade á presentación da solicitude.

4. Comunicarlle á Agadic as datas de inicio e remate da rodaxe ou gravación da produción subvencionada. No caso da animación, considerarase inicio da rodaxe a data de incorporación de movemento nos debuxos, e o remate será sempre anterior ao proceso de mesturas e montaxe. As datas de inicio e fin da rodaxe deberán estar comprendidas dentro do período subvencionable.

5. As empresas produtoras estarán obrigadas a incorporar á produción un mínimo de tres alumnos ou graduados nos tres últimos anos en centros de estudios: audiovisuais, regrados ou universitarios, en réxime de prácticas ou contratados laboralmente nas áreas da produción audiovisual: dirección, son, fotografía, produción, posprodución ou dirección artística, salvo nos equipos de produción de documentais e coproducións internacionais con participación minoritaria española, que estarán obrigados a incorporar un mínimo dun alumno, e nas curtametraxes, nas cales non será exixible. Deberá remitirse copia da documentación acreditativa dos contratos ou das prácticas coa xustificación da subvención.

6. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Xunta de Galicia», utilizando a súa marca principal (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal). Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas ou outros materiais), farase constar que a produción foi subvencionada pola Xunta de Galicia, utilizando igualmente a marca principal. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais, a lenda e a marca figurarán no primeiro capítulo e nos créditos finais dos restantes. Calquera alteración das indicacións anteriores deberá ser motivada e contar coa autorización previa expresa da Agadic.

7. Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención.

8. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, músicas, portadas, tráilers e outros materiais) para actividades de promoción do audiovisual galego.

9. Poñer en coñecemento, e coordinar coa Agadic, cun mes de antelación mínima, a data da estrea da obra en Galicia, ben sexa en festivais galegos do audiovisual, en salas de cinema ou en canles de TV ou plataformas VOD, segundo a categoría do proxecto subvencionado.

10. No caso das longametraxes cinematográficas, estrear a obra na súa versión orixinal nun mínimo de cinco (5) salas de exhibición localizadas en Galicia, salvo nos casos de obras documentais, que se deberán estrear nun mínimo de dúas salas de exhibición galegas. As estreas non se terán que realizar de forma simultánea.

11. Informar á Agadic de todas as participacións da obra audiovisual nos certames e festivais que se relacionan no anexo IV, cun mínimo de quince (15) días de antelación ao da súa realización.

12. Manter a porcentaxe mínima de titularidade dos dereitos de propiedade da obra audiovisual que establece a convocatoria durante un período mínimo de tres anos contados desde a súa cualificación oficial, cando se trate dunha obra cinematográfica.

13. Recuperar os dereitos de propiedade da obra audiovisual cedidos a entes emisores, cando se trate de producións destinadas a canles de televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda dentro dos seguintes prazos: sete (7) anos se a participación do ente emisor se formaliza como prevenda e dez (10) anos cando a participación do ente emisor se formaliza como coprodución.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión e deberá obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. O feito de que xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria de se cumpriren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da persoa beneficiaria, nin daren dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, teñan lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non afecte os custos de persoal e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresar os motivos dos cambios que se propoñen e xustificar a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior ao da entrada no Rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia ao/á interesado/a. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándoselle ao/á interesado/a.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución do importe da subvención concedido nas diferentes anualidades, sempre que se realice, como mínimo, cun mes de antelación á data de xustificación da anualidade en que se pretende facer efectiva á redistribución.

7. A solicitude de redistribución de cantidades deberá ser motivada e ir acompañada dunha memoria de estado de execución dos traballos.

8. A resolución da aceptación da solicitude de redistribución efectuarase unha vez comprobada a dispoñibilidade orzamentaria e considerarase como modificación da resolución de concesión.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención, e responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

2. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas. No suposto de que o importe correctamente xustificado sexa inferior ao orzamento presentado coa solicitude, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.

3. Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

De conformidade co disposto na Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas, que modifica os artigos 13 e 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando a persoa beneficiaria dunha subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial ou na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais e no suposto de subvencións superiores a 30.000 euros, non poderán obter a condición de beneficiario no suposto de que incumpran os prazos citados.

A dita circunstancia deberase acreditar coa presentación da conta de perdas e ganancias abreviada e, no suposto de que non se poida presentar acreditarase cunha certificación emitida polo/a auditor/a inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

4. A falta de presentación da xustificación nos prazos establecidos ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Establécense os seguintes prazos de xustificación por categorías e anualidades:

Anualidade 2025

Anualidade

2026

Anualidade

2027

Anualidade 2028

Categoría A, B, C, E:

– Longametraxes cinematográficas de ficción e animación

– Longametraxes cinematográficas documentais

– Longametraxes en coprodución internacional con participación minoritaria

– Series de ficción, animación e documentais

20 de decembro

1 de novembro

1 de novembro

15 de xullo

Categoría D: curtametraxes

20 de decembro

15 de setembro

Artigo 23. Documentación xustificativa

1. As persoas beneficiarias deberán xustificar o importe da subvención concedida para cada anualidade no prazo establecido, cos gastos efectuados e pagados que se imputen á anualidade que se vai xustificar, segundo a resolución de concesión ou, de ser o caso, as súas modificacións.

2. As persoas beneficiarias deberán achegar unha memoria na cal se describan as actuacións realizadas e os gastos efectuados, xunto coa documentación que sustenta esta descrición (facturas ou documentos con valor probatorio, os seus xustificantes de pagamento, contratos, etc.)

3. Se as persoas beneficiarias non xustifican completamente o importe dunha anualidade e non solicitan a redistribución dos créditos, minorarase o importe desta na proporción que corresponda.

4. As persoas beneficiarias deberá presentar na Agadic, ou enviar a través de Rexistro público, dentro do prazo da última anualidade de xustificación da subvención, unha memoria xustificativa da realización do proxecto obxecto de subvención, que conterá:

4.1. Unha copia do guión definitivo, no caso das longametraxes e curtametraxes, e a totalidade dos guións definitivos, no caso das series.

4.2. Un arquivo dixital da obra (Codec h264 ou compatible, que se poida visionar nun ordenador).

4.3. Declaración actualizada sobre subvencións solicitadas, percibidas ou concedidas e pendentes de percepción, para o mesmo obxecto, por outras administracións públicas (anexo V).

4.4. Unha copia en perfecto estado e na versión orixinal da obra audiovisual. Se a obra ten orixe fotoquímica, a copia será en 35 mm ou 16 mm, segundo corresponda. Se a obra está gravada en dixital, achegaranse as seguintes copias:

– DCP, que cumpra a normativa DCI e non encriptado.

– DCDM e ProRes 422 HQ ou superior, ademais dunha versión en H264.

Os arquivos serán os de máis resolución e calidade tanto de imaxe como de son (preferiblemente con mestura en 5.1 ou 2.0 para as obras con son monoaural) utilizados na produción e da versión orixinal. Se a versión orixinal non é en galego, deberase incluír a versión dobrada ou subtitulada en galego. Os subtítulos e as versións de audio poderanse presentar nun arquivo á parte.

4.5. A documentación utilizada para a realización e a promoción da obra audiovisual (guión, carteis, fotografías, portadas...) en formato físico ou dixital.

5. Os materiais serán depositados pola Agadic na Filmoteca de Galicia e non poderán ser retirados nin transferidos para o depósito noutras institucións para o cumprimento doutras obrigas de depósito que aquelas poidan impoñer. A Filmoteca de Galicia poderá incluír a obra subvencionada nas súas programacións públicas, unha vez ao ano e na súa propia sala de proxeccións, do cal será informada con anterioridade a persoa beneficiaria da subvención.

6. Para os efectos de comprobación do resultado final, a Filmoteca de Galicia, como unidade adscrita á Agadic que exerce as funcións de recuperación, investigación e conservación do patrimonio cinematográfico correspondente, revisará se todas estas entregas corresponden á versión íntegra, orixinal e definitiva das producións. A Filmoteca de Galicia emitirá un certificado que acredite o establecido neste artigo.

Artigo 24. Conta xustificativa

1. Con carácter xeral, deberase acreditar o custo final do proxecto mediante unha conta xustificativa que incluirá a declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos.

2. A persoa beneficiaria deberá xustificar un gasto mínimo do 120 % do importe da axuda recibida no pagamento de bens ou servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen ter que superar un nivel superior ao 70 % do gasto subvencionable da produción. Deberase acreditar, así mesmo, na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas do artigo 20.

3. A conta xustificativa deberase achegar xunto cun informe do/da auditor/a de contas ou cunha memoria xustificativa de gasto, segundo a categoría e modalidade do proxecto obxecto da subvención, como se describe a continuación:

3.1. Con carácter xeral, e obrigatoriamente para as categorías A, C e E, a conta xustificativa estará acompañada dun informe do/da auditor/a de contas inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas. O/a auditor/a de contas levará a cabo a revisión do grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con sede permanente en Galicia, así como a revisión do gasto subvencionable, de acordo co establecido nestas bases, e de acordo coas normas de procedemento previstas na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, unha vez estudados os rexistros contables da empresa produtora debidamente dilixenciados.

3.2. O dito informe deberá conter a descrición do alcance do traballo realizado, referencia aos procedementos efectuados ou descrición destes anexo, conclusión do/da auditor/a indicando que o estado de custos da película se preparou segundo o establecido nesta resolución, nome do auditor, sinatura e data. No caso de que o alcance do traballo se realice por mostraxe, a porcentaxe analizada non poderá ser inferior ao 85 %, sen prexuízo do cal se analizará o 100 % dos gastos de persoal.

Sen prexuízo do anterior, a Agadic, no exercicio das súas facultades de comprobación, e dentro do período que ten a Administración para recoñecer ou liquidar un reintegro de subvencións para cuxa concesión se tivo en conta o custo, poderá solicitar a documentación xustificativa ou mesmo unha nova auditoría que efectuará un/unha auditor/a designado/a pola Agadic e pola súa conta. En todo caso, a xustificación inferior ao orzamento tido en conta para a concesión dará lugar á perda do dereito de cobramento da porcentaxe non xustificada.

3.3. Na realización do informe de auditoría deberá facerse indicación específica das seguintes cuestións:

a) No que se refire aos custos de persoal, a análise dos conceptos deberá comprender a totalidade dos gastos que deban ser cubertos de conformidade coa lexislación vixente, para o cal se comprobarán, en especial:

a.1. Contratos laborais formalizados pola empresa produtora cos autores, actores e outros artistas, persoal creativo e demais persoal técnico, nos cales se reflictan os salarios, así como os documentos onde consten as horas extraordinarias e outros conceptos retributivos salariais e extrasalariais, de conformidade coa normativa laboral aplicable, e a retribución que de ser o caso corresponda, así como as nóminas referentes aos ditos contratos e os documentos acreditativos da identidade das persoas a que se refiren. As axudas de custo unicamente se recoñecerán como custo de persoal cando estean incluídas na nómina.

a.2. Contratos mercantís formalizados entre a empresa produtora e o persoal autónomo, incluíndo, de ser o caso, o/a produtor/a executivo/a, ou aqueles en que se fundamente a participación na película de autores, actores ou outros artistas, así como as facturas relativas a tales contratos.

a.3. Contratos relativos á adquisición dos dereitos que sexan necesarios para a realización da película, así como as facturas relativas aos ditos contratos.

b) Situación relativa ao pagamento de todas as partidas que compoñen o custo subvencionable, con indicación expresa de que os custos que se consideran subvencionables foron efectivamente pagados pola/s empresa/s produtora/s aos acredores.

c) Situación relativa á presentación da declaración das facturas ante a Facenda pública, nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Coincidencias ou contradicións entre as bases declaradas en materia de impostos e seguridade social e as rexistradas contablemente.

e) Liquidación e pagamento de tributos devindicados durante o tempo da rodaxe, detallando o importe bruto das cantidades derivadas dos contratos sobre as cales non se efectuaron retencións, así como o motivo de tales circunstancias.

f) Situación relativa ás pólizas de préstamo para a realización da película, con indicación de se os xuros corresponden ao tipo pactado e ao período de vixencia da póliza. Así mesmo, cumprimento dos requisitos establecidos para os préstamos formalizados con persoas físicas ou xurídicas distintas das anteriores.

g) Indicación das subvencións percibidas e das achegas realizadas por calquera Administración, entidade ou empresa de titularidade pública, así como das efectuadas en concepto de coprodutor ou de produtor asociado, ou a través de calquera outra achega financeira, por sociedades prestadoras de servizo de radiodifusión ou emisión televisiva, para o proxecto subvencionado, con indicación expresa do cumprimento dos límites máximos de subvencións.

h) Indicación das partidas facturadas mediante subcontratación por empresas alleas ou vinculadas á empresa produtora da película, con especificación do cumprimento dos requisitos sinalados na base anterior, así como a relación de empresas subcontratistas.

i) Especificación do cumprimento do sinalado no artigo 7.2 en relación coas partidas non subvencionables.

3.4. Nos casos en que a persoa beneficiaria estea obrigada a realizar unha auditoría das súas contas anuais por un/unha auditor/a sometido/a á Lei 19/1988, do 12 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o/a mesmo/a auditor/a. Noutro caso, a designación de auditor será realizada pola persoa beneficiaria. A persoa beneficiaria estará obrigada a poñer á disposición do/da auditor/a de contas cantos libros, rexistros e documentos lle sexan exixibles en aplicación do disposto na letra f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, así como a conservalos co obxecto das actuacións de comprobación e control previstas na lei.

3.5. No suposto de que o proxecto o realicen por varias empresas coprodutoras nacionais, o informe de auditoría abarcará a totalidade do custo español do proxecto.

3.6. No caso das longametraxes cinematográficas de ficción e animación (categorías A1, A2), o informe de auditoría deberá reflectir un gasto mínimo equivalente ao 15 % da subvención concedida nos conceptos correspondentes a copias, explotación e subtitulado. O incumprimento deste requisito supoñerá a redución da mesma porcentaxe de subvención non xustificada.

4. No caso dos proxectos da categoría B (longametraxes documentais) e C (curtametraxes), as persoas beneficiarias poderán optar entre achegar a conta xustificativa co informe de auditoría ou xuntar unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

4.1. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

4.2. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, na cal se detalle:

4.2.1. Relación numerada e ordenada por capítulos de gastos da actividade, por anualidades, que inclúan o número de documento, identificación do acredor, o importe e a data de emisión, a data de pagamento, a suma parcial (folla por folla) e a suma do total da relación de gastos, excluído o IVE. Deberán indicarse as desviacións producidas sobre o orzamento presentado.

4.2.2. Copia das facturas ou documentos (de acordo co establecido no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación (BOE núm. 289, do 1 de decembro), de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e copia documentos xustificativos do seu pagamento, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Non se terán en conta os pagamentos en efectivo. En concreto, entregarase, como mínimo, a seguinte documentación:

a) Os contratos laborais, mercantís e relativos á adquisición de dereitos, e o resto da documentación a que se refire a base décimo sétima 3.a).

b) Xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidas, así como, de ser o caso, os xustificantes do pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos ditos contratos.

c) Facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e, de ser o caso, contratos, que acrediten os custos de servizos, subministracións e calquera outra prestación que non sexa de persoal contratado directamente pola empresa produtora, así como o xustificante de efectuar a declaración das facturas ante a Facenda pública nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Billetes, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, xustificativos dos gastos de viaxes e desprazamentos.

e) Contrato específico subscrito entre a empresa produtora e o/a produtor/a executivo/a, así como a nómina referente ao dito contrato, e documento acreditativo da identidade da persoa a que se refire. No caso de existir contrato mercantil, achegaranse o contrato e a factura correspondente.

f) Relación dos gastos facturados mediante subcontratación, identificación dos contratistas, situación de vinculación ou non coa empresa produtora da película e declaracións responsables de cada un deles respecto ao feito de non incorrer en ningunha das causas de prohibición para subcontratar que establece o artigo 27 da Lei de subvencións de Galicia.

4.2.3. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

4.2.4. Os tres orzamentos que, en aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, deba ter solicitado a persoa beneficiaria.

4.2.5. De ser o caso, a carta de pagamento do reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.

5. A conta xustificativa correspondente a cada anualidade deberá incluír a declaración das actividades realizadas nese período e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. A dita conta xustificativa deberase achegar xunto cun informe de auditor/a de contas ou cunha memoria xustificativa de gasto segundo se describe a seguir:

5.1. Para as categorías A, C e E, será obrigatorio entregar un informe de auditoría que conteña o estado do gasto parcial realizado e que acredite a súa correcta execución e o seu efectivo pagamento.

5.2. Para as categorías B e D, as persoas beneficiarias poderán optar entre achegar a conta xustificativa anual con informe de auditoría ou xuntar unha memoria económica xustificativa nos termos do punto 8, número 2 deste artigo.

Artigo 25. Pagamento da subvención

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas nesta resolución. Todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, para o cal se observará o establecido na Lei 972007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu Regulamento polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, así como ao acordo do Consello da Xunta de Galicia que exime de constitución de garantías ás persoas beneficiarias destas axudas.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

3. O pagamento de cada anualidade realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia.

4. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dunha declaración das axudas públicas solicitadas ou recibidas para o proxecto segundo o anexo V da convocatoria.

5. Previamente ao pagamento, as persoas beneficiarias acreditarán que están ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e que non son debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen recade esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 10.2.

Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor dan como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, serán requiridos para que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.

6. Pagamentos anticipados. As entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que establece que o Consello da Xunta poderá autorizar unha porcentaxe maior á determinada no decreto. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada e non poderá exceder o importe de subvención da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. O pagamento anticipado poderá ser solicitado ata cun mes de antelación ao prazo de xustificación da anualidade.

7. Pagamentos á conta. Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.1 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

8. En aplicación do artigo 62.2 da citada norma, o importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, de ser o caso, se concedesen non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados.

9. Constitución de garantías. As entidades beneficiarias que soliciten, e ás cales se lles concedan, pagamentos anticipados ou pagamentos á conta quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, logo de aprobación do Consello da Xunta, de conformidade co seu artigo 67.4.

Artigo 26. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 27. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos mentres de dure a axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos subministrados pola persoa beneficiaria que serviron de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que terían impedido.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de axudas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 28. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique, polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto con respecto ao gasto que se vai realizar en Galicia.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de efectuar ou efectuado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) De se incumprir a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 5 % da axuda.

b) De se incumpriren as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e supoñerá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

c) Se se incumprir a obriga de poñer en coñecemento e coordinar coa Agadic, cun mes de antelación mínima, a data de estrea da obra en Galicia, ben sexa en festivais galegos do audiovisual, en salas de cinema ou en canles de TV ou plataformas VOD, segundo a categoría do proxecto subvencionado, aplicarase un factor de corrección do 5 % da axuda.

d) De se incumprir a obriga de estrear a obra na súa versión orixinal nun mínimo de cinco (5) salas de exhibición localizadas en Galicia, no caso das longametraxes cinematográficas, coa excepción dos casos de obras documentais, que se deberán estrear nun mínimo de dúas salas de exhibición galegas, aplicarase un factor de corrección do 5 % da axuda.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas e aplicarase o á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 29. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 31 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicaráselle á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e no 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 30. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento, ás persoas beneficiarias, as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. De se constatar unha incorrecta utilización dos fondos ou o desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establecen o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 31. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Agadic ou do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (no formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe «Canles específicas» e, dentro del, elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ou

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf»

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Artigo 32. Normativa aplicable

A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto nesta resolución pola que aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2025, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e, supletoriamente, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, á Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, á Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, ao Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, modificado polo Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, e demais normativa de xeral aplicación.

Artigo 33. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 34. Réxime de recursos

A convocatoria destas axudas, as súas bases, as resolucións de concesión e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados interpoñendo os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Disposición adicional. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file