BDNS (Identif.): 814165.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano en ambos os dous casos. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.
Segundo. Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, convocadas para o ano 2025.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT207A).
Cuarto. Importe
Estas axudas financiaranse cun crédito total de 3.000.000 de euros, da aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0, código de proxecto 2010 00005, coa seguinte distribución:
Anualidade 2025: 300.000 €.
Anualidade 2026: 743.000 €.
Anualidade 2027: 902.000 €.
Anualidade 2028: 1.055.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025
José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais
