DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2025 Páx. 12335

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2025 pola que se anuncian os acordos do Pleno de publicación de dous informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno, con datas do 16 de decembro de 2024 e do 31 de xaneiro de 2025, dos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:

– Informe sobre as medidas adoptadas para abordar o reto demográfico nos concellos de menor poboación (1702023-07).

– Informe de fiscalización de medidas de aforro e eficiencia enerxética adoptadas polas entidades locais. Concellos de máis de 20.000 habitantes. Exercicios 2022-2023 (1702023-06).

Enlace para acceder aos textos completos dos informes:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2025

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia