Pola Resolución reitoral do 25 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de maio, convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de técnico superior de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo I, pola quenda de promoción interna. Por la Resolución reitoral do 2 de xuño de 2023 (DOG do 14 de xuño) noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.
Na base 5.5 da Resolución do 25 de abril disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.
De conformidade coa mencionada base, o reitor
RESOLVE:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María José Dopazo Oubiña, nomeada secretaria titular do tribunal cualificador.
Segundo. Nomear secretaria titular a MarÍa Luisa Iglesias Otero, funcionaria de carreira da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, do subgrupo A1 da USC, en substitución de María José Dopazo Oubiña.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
