A disposición adicional décimo segunda, punto 1, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.
O título III do citado Real decreto 276/2007 regula o sistema de ingreso, o título IV os accesos entre os corpos de persoal funcionario docente e o título V o procedemento de adquisición de novas especialidades.
Mediante o Decreto 10/2025, do 10 de febreiro, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
No artigo 5, parágrafo primeiro, deste decreto establécese que a reserva da quenda de persoas con discapacidade se realizará de maneira que, polo menos, o dous por cento das prazas ofertadas o sexa para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e o resto das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.
No parágrafo segundo deste artigo establécese que, debido a que as prazas cubertas da quenda de reserva para persoas con discapacidade no anterior proceso selectivo non chegou ao tres por cento do total, resulta necesario acumulalas ao sete por cento indicado no mesmo artigo ata chegar ao máximo do doce por cento e, por tanto, nesta nova oferta para o ano 2025 acumúlanse 78 prazas da quenda de discapacidade non cubertas na anterior oferta do ano 2024.
En aplicación do citado decreto, esta consellería acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:
– Convocatoria do procedemento selectivo para o acceso ao corpo de inspectores de educación.
– Convocatoria do procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.
– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres.
– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres.
TÍTULO I
Procedementos de ingreso e acceso
Base primeira. Normas xerais
1.1. Prazas convocadas.
Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 10 prazas no corpo de inspectores de educación, 1.148 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 426 prazas no corpo de mestres e 80 no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, situadas no ámbito de xestión esta consellería (código de procedemento ED001A), coa desagregación por especialidades e quendas que a continuación se indican:
Ingreso
Corpo de profesores de ensino secundario
|
Código/especialidade |
Reserva para persoas con discapacidade intelectual |
Reserva para persoas con outras discapacidades |
Libre |
Total |
|
|
001 |
Filosofía |
0 |
2 |
20 |
22 |
|
002 |
Grego |
0 |
0 |
5 |
5 |
|
004 |
Lingua Castelá e Literatura |
1 |
4 |
35 |
40 |
|
005 |
Xeografía e Historia |
1 |
4 |
35 |
40 |
|
006 |
Matemáticas |
1 |
5 |
45 |
51 |
|
007 |
Física e Química |
0 |
3 |
28 |
31 |
|
008 |
Bioloxía e Xeoloxía |
1 |
2 |
22 |
25 |
|
011 |
Inglés |
2 |
10 |
92 |
104 |
|
015 |
Portugués |
0 |
0 |
5 |
5 |
|
017 |
Educación Física |
1 |
4 |
38 |
43 |
|
018 |
Orientación Educativa |
0 |
2 |
13 |
15 |
|
019 |
Tecnoloxía |
1 |
6 |
51 |
58 |
|
053 |
Lingua e Literatura Galega |
2 |
7 |
68 |
77 |
|
061 |
Economía |
1 |
2 |
23 |
26 |
|
101 |
Administración de Empresas |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
104 |
Construcións Civís e Edificacións |
0 |
0 |
8 |
8 |
|
105 |
Formación e Orientación Laboral |
1 |
4 |
40 |
45 |
|
106 |
Hostalaría e Turismo |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
107 |
Informática |
2 |
5 |
55 |
62 |
|
110 |
Organización e Xestión Comercial |
0 |
2 |
18 |
20 |
|
112 |
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
116 |
Procesos na Industria Alimentaria |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
117 |
Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
118 |
Procesos Sanitarios |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
119 |
Procesos e Medios de Comunicación |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
124 |
Sistemas Electrónicos |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
125 |
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos |
0 |
1 |
14 |
15 |
|
206 |
Instalacións Electrotécnicas |
0 |
2 |
18 |
20 |
|
212 |
Oficina de Proxectos de Construción |
0 |
0 |
8 |
8 |
|
222 |
Procesos de Xestión Administrativa |
1 |
2 |
23 |
26 |
|
225 |
Servizos á Comunidade |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
227 |
Sistemas e Aplicacións Informáticas |
2 |
5 |
55 |
62 |
|
231 |
Equipos Electrónicos |
0 |
2 |
18 |
20 |
|
Total |
17 |
83 |
818 |
918 |
|
Corpo de mestres
|
Código/especialidade |
Reserva para persoas con discapacidade intelectual |
Reserva para persoas con outras discapacidades |
Libre |
Total |
|
|
031 |
Educación Infantil |
2 |
7 |
70 |
79 |
|
032 |
Lingua Estranxeira: Inglés |
1 |
6 |
46 |
53 |
|
033 |
Lingua Estranxeira: Francés |
0 |
4 |
28 |
32 |
|
034 |
Educación Física |
0 |
4 |
22 |
26 |
|
035 |
Música |
0 |
2 |
19 |
21 |
|
036 |
Pedagoxía Terapéutica |
1 |
6 |
33 |
40 |
|
037 |
Audición e Linguaxe |
1 |
6 |
46 |
53 |
|
038 |
Educación Primaria |
3 |
10 |
109 |
122 |
|
Total |
8 |
45 |
373 |
426 |
|
Corpo de profesores especialistas en sectores singulares
da formación profesional
|
Código/especialidade |
Reserva para persoas con discapacidade intelectual |
Reserva para persoas con outras discapacidades |
Libre |
Total |
|
|
001 |
Cociña e Pastelaría |
1 |
2 |
14 |
17 |
|
002 |
Estética |
0 |
0 |
5 |
5 |
|
004 |
Mantemento de Vehículos |
1 |
2 |
16 |
19 |
|
005 |
Mecanizado e Mantemento de Máquinas |
0 |
2 |
13 |
15 |
|
006 |
Patronaxe e Confección |
0 |
0 |
5 |
5 |
|
007 |
Peiteado |
0 |
1 |
6 |
7 |
|
008 |
Produción de Artes Gráficas |
0 |
0 |
5 |
5 |
|
009 |
Servizos de Restauración |
0 |
1 |
6 |
7 |
|
Total |
2 |
8 |
70 |
80 |
|
Acceso
Inspectores de educación
|
Código/especialidade |
Reserva para persoas |
Libre |
Total |
|
|
001 |
Inspección Educativa |
0 |
10 |
10 |
Acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1
Corpo de profesores de ensino secundario
|
Código/especialidade |
Reserva para persoas con discapacidade intelectual |
Reserva para persoas con outras discapacidades |
Libre |
Total |
|
|
001 |
Filosofía |
0 |
1 |
5 |
6 |
|
004 |
Lingua Castelá e Literatura |
0 |
2 |
10 |
12 |
|
005 |
Xeografía e Historia |
0 |
2 |
9 |
11 |
|
006 |
Matemáticas |
0 |
2 |
12 |
14 |
|
007 |
Física e Química |
0 |
1 |
7 |
8 |
|
008 |
Bioloxía e Xeoloxía |
0 |
1 |
5 |
6 |
|
011 |
Inglés |
1 |
3 |
23 |
27 |
|
015 |
Portugués |
0 |
0 |
1 |
1 |
|
017 |
Educación Física |
0 |
1 |
9 |
10 |
|
018 |
Orientación Educativa |
0 |
0 |
4 |
4 |
|
019 |
Tecnoloxía |
1 |
1 |
13 |
15 |
|
053 |
Lingua e Literatura Galega |
1 |
2 |
17 |
20 |
|
061 |
Economía |
0 |
1 |
5 |
6 |
|
101 |
Administración de Empresas |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
104 |
Construcións Civís e Edificacións |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
105 |
Formación e Orientación Laboral |
0 |
2 |
10 |
12 |
|
106 |
Hostalaría e Turismo |
0 |
0 |
3 |
3 |
|
107 |
Informática |
1 |
1 |
13 |
15 |
|
110 |
Organización e Xestión Comercial |
0 |
0 |
4 |
4 |
|
112 |
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
116 |
Procesos na Industria Alimentaria |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
117 |
Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
118 |
Procesos Sanitarios |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
119 |
Procesos e Medios de Comunicación |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
124 |
Sistemas Electrónicos |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
125 |
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos |
0 |
0 |
4 |
4 |
|
206 |
Instalacións Electrotécnicas |
0 |
0 |
5 |
5 |
|
212 |
Oficina de Proxectos de Construción |
0 |
0 |
2 |
2 |
|
222 |
Procesos de Xestión Administrativa |
0 |
1 |
5 |
6 |
|
225 |
Servizos á Comunidade |
0 |
0 |
3 |
3 |
|
227 |
Sistemas e Aplicacións Informáticas |
1 |
1 |
13 |
15 |
|
231 |
Equipos Electrónicos |
0 |
0 |
5 |
5 |
|
Total |
5 |
22 |
203 |
230 |
|
Os códigos dos corpos son os seguintes:
Inspectores de educación: 0510
Mestres: 0597
Profesores de ensino secundario: 0590
Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: 0598
1.2. Normativa aplicable.
A estes procedementos selectivos seranlles de aplicación:
– A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
– A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
– A Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.
– O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
– A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– A Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea.
– O Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei.
– A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
– O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.
– A Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
– O Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira.
– O Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
– O Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.
– O Real decreto 665/2015, do 17 de xullo, polo que se desenvolven determinadas disposicións relativas ao exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, a formación inicial do profesorado e as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.
– O Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.
– Lei 7/2023, de 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
– O Decreto 10/2025, do 10 de febreiro (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
1.3. Lugares de realización das probas para os corpos de inspectores de educación, profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
As probas selectivas que se convocan para os corpos de inspectores de educación, profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional terán lugar nas localidades que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
1.4. Lugares de realización das probas para o corpo de mestres.
As probas selectivas que se convocan para o corpo de mestres terán lugar nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non se realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas, en función do número de persoas solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen os tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar as probas.
O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso selectivo non lle atribúe ao persoal aspirante un dereito a ser destinado nela, senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración educativa poderao destinar, dentro da comunidade autónoma, a calquera provincia, de acordo co procedemento de adxudicación de destinos de carácter provisional e as normas que regulan o concurso de traslados.
Cando se nomeen tribunais en máis dunha provincia, os tribunais número 1 de cada especialidade recaerán nas localidades da Coruña ou Santiago de Compostela.
1.5. Criterios de distribución do persoal aspirante aos tribunais.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a distribución do persoal aspirante de cada especialidade, cando sexa o caso, en proporción ao número de tribunais, respectando, no caso de mestres e sempre que sexa posible, a localidade que o citado persoal consignase na súa solicitude de participación. A asignación de persoas aspirantes por tribunal iniciarase polo persoal aspirante cuxo primeiro apelido se inicie pola letra F, de conformidade co sorteo realizado o día 21 de xaneiro de 2025 pola Consellería de Facenda e Administración Pública para estes efectos e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes.
Sen prexuízo do establecido na base 7.2, o persoal aspirante pola quenda de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 e de ingreso pola reserva de discapacidade poderá ser asignado a un tribunal específico ou ao tribunal número 1 da especialidade correspondente.
O persoal aspirante polo procedemento de adquisición doutra especialidade poderá ser distribuído entre todos os tribunais dunha mesma especialidade.
1.6. Asignación de prazas aos tribunais.
Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, as prazas da quenda libre serán atribuídas a cada tribunal por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en proporción ao número de persoas aspirantes das quendas libres que acudiron ao acto de presentación establecido na base 10.7 desta orde e, se é o caso, das persoas aspirantes das quendas de reserva de persoas con discapacidade que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de persoas aprobadas do concurso-oposición por estas quendas. De existir empate no resto dos cocientes, a adxudicación das prazas iniciarase polo tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, se fose necesario, os seguintes.
As prazas que, se é o caso, quede vacantes da quenda A2-A1 non se acumularán á quenda libre.
Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante
Para ser admitido nos procesos selectivos convocados nesta orde, o persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:
2.1. Requisitos xerais.
a) Ter nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados a que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
Así mesmo, poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do/da cónxuxe non separado/a de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.
c) Posuír as titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base.
No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencias e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores (BOE do 19 de outubro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativas ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro). No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria deberán aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.
e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
f) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, conforme dispón o artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.
O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española, deberá acreditar, ademais da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais referidos ao Estado español, a certificación negativa de condenas penais expedida polas autoridades do seu país de orixe ou de onde sexa nacional, respecto dos delitos relacionados no número 1 do artigo 3 do Real decreto 1110/2015, do 11 de decembro, polo que se regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade ao cal se refire o título II desta orde, en que o persoal funcionario de carreira poderá participar.
h) Acreditar o coñecemento do galego.
i) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.
2.2. Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso.
2.2.1. Para participar no procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación.
a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dalgún dos seguintes corpos: catedráticos de ensino secundario; catedráticos de escolas oficiais de idiomas; catedráticos de artes plásticas e deseño; catedráticos de música e artes escénicas; profesores de ensino secundario; para extinguir, profesores técnicos de formación profesional; profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional; profesores de escolas oficiais de idiomas; profesores de artes plásticas e deseño; mestres de taller de artes plásticas e deseño; profesores de música e artes escénicas e mestres.
b) Posuír o título de doutoramento, máster universitario, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título equivalente.
c) Acreditar unha antigüidade mínima de oito anos, como funcionaria ou funcionario nalgún dos corpos que integran a función pública docente e unha experiencia docente de igual duración.
2.2.2. Para participar no procedemento de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ás prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2.
a) Posuír a titulación que para o ingreso no corpo se exixe na subepígrafe 2.3.1.a) desta convocatoria.
b) Ter prestado, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, servizos no seu corpo de orixe durante un mínimo de seis anos como persoal funcionario.
Para estes efectos, computarán, cando sexa o caso, como servizos prestados no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional os servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
2.3. Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre, que inclúe as quendas para persoas con recoñecemento legal de discapacidade.
2.3.1. Para os corpos de profesores de ensino secundario.
Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:
a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para o ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, para as especialidades que se detallan no anexo V (corpo de profesores de ensino secundario), poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirá este requisito aquela persoa que posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensino secundario obrigatorio e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título, facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.
Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:
– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.
– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivera cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.
– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
2.3.2. Para o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:
a) Posuír a titulación de diplomatura, arquitectura técnica, enxeñería técnica ou o título de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura correspondente ou outros títulos de técnico superior de formación profesional declarados equivalentes, para os efectos de docencia. Para o ingreso no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional para as especialidades que se detallan no anexo VI do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de técnico superior da familia profesional ou familias profesionais para cuxas titulacións teña atribución docente a especialidade pola que se concursa. Os títulos declarados equivalentes a técnico superior para efectos académicos e profesionais serán tamén equivalentes para efectos de docencia.
b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a establecida para a capacitación pedagóxica e didáctica dos técnicos superiores ou equivalente. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensino secundario obrigatorio e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.
Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:
– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.
– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivera cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivera cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.
– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
Ademais, estarán dispensadas da posesión do citado título aquelas persoas que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, impartiran docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional.
2.3.3. Para o corpo de mestres.
Posuír ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:
– Título de mestre/a ou o título de grao en Mestre/a de Educación Infantil ou de Educación Primaria.
– Título de diplomado/a en Profesorado de Educación Xeral Básica.
– Título de mestre/a de Ensino Primario.
2.4. Requisitos específicos para participar polas quendas para persoas con recoñecemento legal de discapacidade en todos os corpos.
2.4.1. De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 10/2025, do 10 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), resérvase do total de prazas ofertadas no decreto o sete por cento das prazas, a que poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacidade, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de discapacidade de, polo menos, o 33 por cento e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.
Debido a que o número de prazas cubertas da quenda de reserva para persoas con discapacidade no anterior proceso selectivo non chegou ao tres por cento do total, resulta necesario acumulalas ao sete por cento indicado no parágrafo anterior ata chegar ao máximo do doce por cento na nova oferta para o ano 2025, de modo que se acumulan 78 prazas da quenda de discapacidade non cubertas na oferta do ano anterior.
Así mesmo, no dito artigo establecese que a reserva do mínimo do sete por cento se realizará de maneira que, polo menos, o dous por cento das prazas ofertadas o sexa para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e o resto das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade
A opción por esta quenda formularase na solicitude de participación e acreditarase de conformidade co establecido nesta convocatoria.
O recoñecemento dunha discapacidade con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, aínda cando se fixese con efectos retroactivos, non supoñerá en ningún caso a admisión polo procedemento de reserva.
2.4.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade co persoal aspirante de ingreso libre, ou da quenda A2-A1, sen prexuízo das adaptacións previstas na base 7.11 desta convocatoria.
2.4.3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do persoal aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente conforme o previsto na subepígrafe 2.4.1 desta base.
2.5. Prazo en que se deben reunir os requisitos.
Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
2.6. Incompatibilidades.
2.6.1. O persoal aspirante que concorra pola reserva de persoas con discapacidade non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre.
2.6.2. O persoal aspirante que opte polo procedemento de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 non poderá concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre.
2.6.3. Ningunha persoa aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou accesos entre corpos de persoal funcionario docente.
Base terceira. Solicitudes e pagamento de taxas
3.1. Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, http://www.edu.xunta.gal/oposicions, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Así mesmo, deberá procederse o pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude de acordo co establecido na base 3.8 desta orde.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As titulacións exixidas pola base segunda desta orde como requisito específico para o ingreso aos corpos de persoal funcionario docente, así como as funcións que desenvolve este persoal, presupoñen que as persoas aspirantes posúen capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establecen o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.
Na solicitude, consignarase o código do corpo e, se é o caso, da especialidade que figuran nas bases desta convocatoria.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.
3.2. Documentación complementaria.
3.2.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición.
Deberá presentarse a credencial da súa homologación, ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil, no caso de titulacións obtidas no estranxeiro.
Deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñaría en que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións e, ademais do anterior, a certificación académica, no suposto de non constar no título a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste.
Así mesmo, deberán achegar a certificación académica oficial, expedida pola universidade, acreditativa da obtención da mención no caso de persoas graduadas en Educación Primaria que obtivesen unha mención nunha universidade distinta daquela en que obtiveron o título e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións.
b) Documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.
Cando, en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, durante dous cursos completos ou 12 meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación, se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta consellería e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos.
Noutro caso xustificarase do seguinte xeito:
– Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, nivel da ensino impartido e a especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.
– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, nivel da ensino impartida e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente, ou copia dos contratos de traballo xunto con certificado da vida laboral.
c) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega expedida polo órgano competente, o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.
d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura, ou de grao equivalente, en Filoloxía Hispánica ou Románica ou outros títulos homologados, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.
e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:
– Acreditación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– Acreditación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, así como o tipo de discapacidade no caso do persoal da quenda de discapacidade intelectual, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales para estes efectos, as persoas que sufriran danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.
f) Persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios:
– Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación.
g) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:
– O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo da epígrafe 2.1.a) que resida en España, deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.
– O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo da epígrafe 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa con que existe este vínculo de que non está separada de dereito do/da cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
3.2.2. Non será necesario achegar nin a titulación alegada nin a acreditación da formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixeran nos procedementos selectivos convocados pola consellería competente en materia de educación desde a Orde do 17 de marzo de 2014.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3.2.3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3.2.4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3.2.5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3.3. Comprobación de datos.
3.3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no rexistro central do ministerio competente en materia de educación, agás os de mestre/a de ensino primario, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a ou grao de mestre/a en Educación Primaria e as titulacións de licenciatura ou enxeñaría en que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións.
d) Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no rexistro central do ministerio competente en materia de educación
e) Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Acreditación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estar a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas.
Os seguintes datos só se poderán consultar cando a persoa interesada faga constar o seu consentimento expreso:
– Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais. Esta consulta, de autorizarse, realizarase periodicamente, conforme o disposto no artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.
– O tipo de discapacidade, no caso do persoal da quenda de discapacidade intelectual, unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
3.3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3.3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3.4. Obriga de participación.
De conformidade co previsto no punto décimo terceiro da Resolución do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, o persoal interino ou substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia estará obrigado a participar no procedemento selectivo para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoque neste ano por calquera das especialidades ofertadas, agás que non se convoquen prazas de ningunha da ou das súas especialidades nesta convocatoria. No suposto de que o dito persoal se presente a procedementos selectivos convocados por outras administracións educativas, deberá achegar á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos certificación de ter realizado a proba, con anterioridade ao 20 de xullo de 2025.
De non participar no procedemento selectivo ou de retirarse deste, decaerá dos seus dereitos unicamente nas listas das especialidades convocadas e, se é o caso, da lista de orientación do corpo de mestres. Entenderase que se retiran do procedemento aquelas persoas que non se presenten á segunda parte da primeira proba ou non procedan á apertura dos sobres nos casos das probas escritas ou, superando a primeira proba, non se presenten á segunda.
3.5. Solicitudes cursadas no estranxeiro.
As solicitudes efectuadas polas persoas que residan no estranxeiro e que non dispoñan de certificado electrónico ou do sistema de usuario e clave Chave365 deberán cursarse no prazo sinalado na epígrafe 3.7 a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido na epígrafe 3.8 desta convocatoria.
3.6. Requirimento para emendas.
O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.
Finalizado o prazo concedido para a emenda da solicitude, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web www.edu.xunta.gal a resolución pola que se terá por desistido da súa petición o persoal aspirante que, no prazo concedido para estes efectos, non procedese a emendar a solicitude de participación.
3.7. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
3.8. Taxa correspondente á inscrición no procedemento selectivo.
O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase de forma electrónica.
Os códigos que se deben empregar son os seguintes:
|
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: |
código 07 |
|
Delegación de servizos centrais: |
código 13 |
|
Servizo de Secretaría Xeral: |
código 01 |
|
Taxa denominación: inscrición nos procesos de selección de persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma: |
código 300302 |
Os dereitos de exame serán os seguintes:
– Corpo:
|
Inspectores de educación: |
44,17 € |
|
Profesores de ensino secundario: |
44,17 € |
|
Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: |
38,02 € |
|
Mestres: |
38,02 € |
Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame:
a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:
a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
c) As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para estes efectos, as persoas que sufriran danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.
Non será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento electrónico da taxa, que será verificado por esta consellería.
Base cuarta. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, agás o establecido en relación coas programacións didácticas, a documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso e as reclamacións contra o baremo provisional, que deberán entregarse ao tribunal.
Base quinta. Notificacións
5.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
5.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
5.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorran dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Base sexta. Admisión de persoal aspirante
6.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.
Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web desta consellería no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal, mediante resolución asinada electronicamente, a lista provisoria de persoas admitidas e excluídas, por corpos, reservas e, se é o caso, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e catro números aleatorios do número de documento nacional de identidade do persoal aspirante, e se está exento ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e de lingua castelá. Así mesmo, na quenda de promoción interna, nas especialidades específicas de formación profesional expresarase a exención ou non do exercicio práctico. No caso do persoal aspirante excluído, especificarase a causa de exclusión.
6.2. Reclamación contra a lista provisoria.
Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá formular, por medios electrónicos e dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web desta consellería no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal
6.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.
As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución asinada electronicamente pola que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución publicarase na páxina web desta consellería no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal
O feito de figurar na relación de persoal admitido non prexulga que se lle recoñeza ao persoal interesado a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando, da documentación que debe presentarse no caso de ser aprobado, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, o persoal interesado decaerá de todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación nestes procedementos.
6.4. Recurso contra a lista definitiva.
Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas o persoal interesado poderá formular, por medios electrónicos, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web desta consellería no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
6.5. Reintegro da taxa correspondente á inscrición no procedemento selectivo.
A taxa seralle reintegrada, por petición do persoal interesado, ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas devanditas probas sempre que así o solicite no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación no portal da internet desta consellería da resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas.
A presentación da dita solicitude de reintegro fóra do prazo establecido no parágrafo anterior suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.
Base sétima. Órganos de selección
7.1. Tribunais.
A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para o efecto, sen prexuízo do previsto nas epígrafes 8.3 e 9.2 desta orde respecto aos tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da lingua galega.
7.2. Nomeamento.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá ao nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo, e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia, agás os tribunais específicos que avaliarán a acreditación do coñecemento do castelán e do galego, que se publicarán unicamente na páxina web da Consellería.
Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios.
Naquelas especialidades en que o número de persoas aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá nomear tribunais específicos que valorarán o proceso selectivo das prazas reservadas para as persoas con discapacidade, acceso e o procedemento de adquisición doutras especialidades previsto no título II desta orde.
Naquelas especialidades en que non exista persoal funcionario de carreira na Comunidade Autónoma de Galicia ou este sexa insuficiente, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nomeará ou completará o tribunal con persoal docente funcionario de carreira doutras especialidades do mesmo corpo e designará o persoal asesor que sexa necesario. Poderá tamén completar o tribunal con persoal funcionario de carreira dependente doutras comunidades autónomas.
Así mesmo, en casos excepcionais, poderase nomear un tribunal que poderá xulgar máis dunha especialidade.
7.3. Composición dos tribunais.
Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por persoal funcionario de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores de educación.
Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade entre profesoras e profesores. Non obstante, cando a porcentaxe de mulleres sexa superior ao de homes manterase esa porcentaxe na composición dos tribunais.
En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ao do corpo ao cal opta o persoal aspirante.
Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:
Prazas do corpo de inspectores de educación:
– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos entre persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de educación.
– Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de educación.
Prazas do corpo de profesores de ensino secundario:
– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre as persoas funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.
Prazas do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional:
– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, para extinguir de profesores técnicos de formación profesional, e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, da especialidade correspondente, e que teñan o seu destino actual nesta.
Prazas do corpo de mestres:
– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.
Se, con posterioridade, tivese que substituírse algunha persoa titular ou suplente do tribunal, a titular será substituída pola correspondente suplente ou, na súa falta, polas que a sigan segundo a orde en que figuren na disposición que as nomeou. Se non puidese actuar a persoa suplente número catro, pasaríase á suplente número 1.
De non poder actuar tampouco os/as vogais do tribunal suplente número 1 de cada tribunal, a substitución realizarase cos/coas vogais do tribunal suplente número 2, pola mesma orde establecida no parágrafo anterior.
De non poder actuar tampouco os/as suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade, empezando pola letra a que se fai mención no último parágrafo da epígrafe 10.2 desta convocatoria.
Quedará exento da participación no sorteo o persoal funcionario de carreira que preste servizos nos servizos centrais desta consellería ou nos seus departamentos territoriais.
7.4. Tribunais suplentes.
Para cada tribunal designarase polo mesmo procedemento, cando sexa posible, dous tribunais suplentes.
7.5. Sorteo público.
O sorteo público terá lugar o día 10 de abril de 2025, ás nove (9) horas, na sala de xuntas desta consellería, sita en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.
7.6. Constitución dos tribunais.
7.6.1. Logo da convocatoria do presidente ou presidenta constituiranse os tribunais no prazo máximo de cinco (5) días hábiles desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. É precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.
Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.
Actuará como secretario ou secretaria o ou a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira. No caso da mesma antigüidade actuará como secretario ou secretaria a persoa de menor idade.
7.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos os tribunais só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non obstante, se chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non puidesen actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de garantir o dereito do persoal aspirante á participación no proceso selectivo.
7.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos/das vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no/na vogal suplente respectivo do tribunal suplente número 1 ou, na súa falta, nos/nas que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Se non puidese constituírse así o tribunal acudirase, pola mesma orde, aos/ás vogais do tribunal suplente número 2.
7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuaran como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2020 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro, as que teñan permiso sindical a tempo total ou aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2025 e que continúen durante o período en que lles correspondería actuar como membro do tribunal, as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, e as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida. Agás nos supostos previstos na lei e para o suposto das persoas que teñan permiso sindical a tempo total ou estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente.
7.7. Abstención e recusación dos tribunais.
Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e o artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco (5) anos anteriores a esta publicación.
Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
7.8. Categoría dos tribunais e comisións da avaliación da fase de prácticas.
Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría primeira.
7.9. Indemnizacións por razón do servizo.
Os tribunais terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente.
7.10. Funcións dos tribunais.
Os tribunais con plena autonomía funcional, serán responsables da obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da convocatoria.
Correspóndelles aos tribunais:
a) A elaboración dos exercicios a que se refiren as bases décimo segunda, décimo terceira e décimo cuarta.
b) A determinación dos criterios de actuación.
c) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación antes do inicio da primeira parte da proba ou da primeira parte da primeira proba.
d) A valoración dos méritos da fase de concurso.
e) A cualificación das distintas probas da fase de oposición.
f) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas na fase de oposición, a ordenación do persoal aspirante e a elaboración das listas do persoal aspirante que superasen ambas as fases.
g) A declaración do persoal aspirante que superou as fases de concurso e oposición e resulte seleccionado, a publicación das listas correspondentes a eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
h) A elaboración do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición, mantendo actualizados os datos para aseguraren o desenvolvemento do procedemento.
i) Ao remate do procedemento selectivo, a publicación dos enunciados, solucións e modelos de corrección, de ser o caso, dos exercicios na páxina web www.edu.xunta.gal/oposicions
A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
7.11. Adaptación de tempo e medios.
As persoas con discapacidade que desexen solicitar adaptación de tempo e medios para realizar os exercicios deberán marcar o recadro correspondente e manifestarán, no espazo establecido para esta finalidade na propia solicitude, a discapacidade que padecen e a petición concreta que realizan (material, mobiliario, tempo...). Así mesmo, deberán achegar coa solicitude e por medios electrónicos o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo que acompaña o grado que acredite a discapacidade alegada. No caso de que a patoloxía sexa de recente aparición deberá achegarse un informe médico que xustifique a necesidade de adaptación e poderá ser requirido,de ser necesario, un informe médico adicional posterior.
Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que o persoal aspirante con discapacidade goce de similares oportunidades para a realización das probas que o resto do persoal participante. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as instrucións dadas por esta consellería.
Esta consellería comunicará a cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.
Base oitava. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española
8.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.d) deberán realizar unha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 14 de maio de 2025, ás 17.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela).
8.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8 de novembro), modificado polo Real decreto 264/2008, do 22 de febreiro, e polo Real decreto 1004/2015, do 6 de novembro.
8.3. Tribunal de valoración.
A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por:
– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua Castelá e Literatura, e que teñan o seu actual destino nesta.
Da mesma maneira designaranse dous tribunais suplentes.
8.4. Valoración da proba.
O tribunal valorará esta proba como «apto/a» ou «non apto/a». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas «non aptas».
Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.
Base novena. Acreditación do coñecemento do galego
9.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.c) deberán realizar unha proba.
Sen prexuízo do anterior, estarán exentas tamén de realizar a proba de coñecemento do galego as persoas que se presenten ao proceso selectivo no corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de Lingua Galega e Literatura, as que se presenten pola quenda de promoción interna e teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, e o persoal funcionario de carreira que se presente para a adquisición doutra especialidade.
Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 14 de maio de 2025, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do castelán para o galego.
9.2. Tribunais de valoración.
A valoración da proba realizaraa o tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por:
– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua Galega e Literatura, e que estean destinados nesta.
Da mesma maneira designaranse dous tribunais suplentes.
9.3. Valoración da proba.
O tribunal valorará esta proba como «apto/a» ou «non apto/a». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».
Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.
Base décima. Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo
10.1. Comezo.
O procedemento selectivo dará comezo a partir do día 21 de xuño de 2025.
10.2. Orde de actuación.
En primeiro lugar, realizará a primeira proba o persoal aspirante polo sistema de ingreso libre.
A continuación, a actuación do persoal aspirante, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:
a) Se é o caso, persoal aspirante que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece no último parágrafo desta base.
b) Persoal aspirante que concorra pola quenda de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2, por orde alfabética, de acordo coas normas do último parágrafo desta base, sen prexuízo do establecido para a parte práctica na base décimo sexta desta convocatoria.
c) Persoal aspirante que concorra pola quenda de discapacidade intelectual e, a continuación, pola quenda doutras discapacidades, de acordo coas normas do último parágrafo desta base.
d) Restantes aspirantes.
A orde de actuación do persoal aspirante iniciarase alfabeticamente por quen teña como inicial do primeiro apelido a letra F, de conformidade co resultado do sorteo efectuado pola Consellería de Facenda e Administración Pública o día 21 de xaneiro de 2025. Os tribunais que non conten con persoal aspirante cuxo apelido empece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.
10.3. Citación do persoal aspirante.
10.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través da páxina web desta consellería no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions para a realización da proba, de ser o caso, de acreditación do coñecemento do castelán, para a realización da proba de coñecemento da lingua galega, para o acto de presentación, para a realización da primeira parte da proba do corpo de inspectores de educación prevista na base décimo segunda, para a realización das dúas partes que integran a primeira proba prevista na base décimo terceira e seguintes desta convocatoria, con cinco (5) días hábiles de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.
10.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en único chamamento e será excluído do proceso selectivo quen non compareza, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.
10.3.3. Unha vez comezado o procedemento selectivo, os tribunais deberán facer públicos os sucesivos chamamentos ao persoal aspirante na páxina web desta consellería no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.
10.4. Identificación do persoal aspirante.
O tribunal poderá requirir en calquera momento o persoal aspirante para que acredite a súa identidade.
10.5. Exclusión do persoal aspirante.
Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento de que algunha persoa aspirante non posúe algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, despois de audiencia á persoa interesada, deberán propoñer a súa exclusión á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e comunicaranlle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola persoa aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos que procedan.
Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá formular recurso de reposición perante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos desta consellería.
Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poder excluír do procedemento selectivo aquela persoa aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.
Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá formular recurso de alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos desta consellería.
10.6. Idiomas modernos.
Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos se desenvolverán no idioma correspondente.
10.7. Acto de presentación.
O acto de presentación, de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos, realizarase a partir do 21 de xuño de 2025.
Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.
As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea adscrito.
Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.
Neste acto de presentación os tribunais identificarán as persoas aspirantes, que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas suscitadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.
Base décimo primeira. Sistema de selección
11.1. Sistema selectivo.
O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concurso-oposición. No sistema de ingreso existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.
11.2. Temarios.
– Corpo de inspectores de educación:
Orde EDU/3249/2009, do 11 de decembro, pola que se aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao corpo de inspectores de educación (BOE núm. 306, do 21 de decembro).
– Corpo de profesores de ensino secundario:
Nas especialidades de Filosofía, Grego, Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Portugués, Educación Física, Orientación Educativa e Tecnoloxía: anexo III da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro).
Nas especialidades de Economía, Administración de Empresas, Construcións Civís e Edificación, Formación e Orientación Laboral, Hostalaría e Turismo, Informática, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, Procesos na Industria Alimentaria, Procesos Diagnósticos, Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procesos Sanitarios, Procesos e Medios de Comunicación, Sistemas Electrónicos, Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, Instalacións Electrotécnicas, Oficina de Proxectos de Construción, Procesos de Xestión Administrativa, Servizos á Comunidade, Sistemas e Aplicacións Informáticas e Equipos Electrónicos: Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).
Na especialidade de Lingua Galega e Literatura: Orde do 1 de marzo de 1995 (DOG núm. 56, do 21 de marzo).
– Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional:
Nas especialidades de Cociña e Pastelaría, Estética, Mantemento de Vehículos, Mecanizado e Mantemento de Máquinas, Patronaxe e Confección, Peiteado, Produción de Artes Gráficas e Servizos de Restauración: Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).
– Corpo de mestres:
Anexo I da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro)
Para a especialidade de Educación Primaria: Orde ECI/592/2007, do 12 de marzo (BOE núm. 64, do 15 de marzo).
11.3. Fase de concurso.
11.3.1. Presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante.
Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de presentación de solicitudes sinalado na epígrafe 3.7, conforme o baremo que se inclúe como anexo II, III e IV desta convocatoria, segundo se trate de persoal aspirante ao acceso ao corpo de inspectores de educación, ao ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres ou acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.
A documentación acreditativa dos méritos alegados, xunto co documento que os relaciona, deberá presentala só o seguinte persoal:
– O persoal aspirante a ingresar nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional e mestres que supere a primeira proba.
– O persoal aspirante ao acceso ao corpo de inspectores de educación que supere a primeira parte da proba.
– O persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario que supere a proba.
Esta documentación debe presentarse na forma que se establece nos anexos II, III e IV desta orde e no prazo que estableza o propio tribunal ao publicar a resolución que faga pública a relación de persoal aspirante que superou a primeira proba, a primeira parte da proba ou a proba, segundo proceda, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions
No caso do persoal aspirante a acceder ao corpo de inspectores de educación ou ao corpo de profesores de ensino secundario pola quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1, relacionará todos os méritos que alegue e debe acreditar documentalmente unicamente aqueles méritos que non consten na base de datos de profesorado.
No caso do persoal aspirante pola quenda de ingreso libre ou de persoas con discapacidade, relacionará todos os méritos que alegue, e debe acreditar documentalmente todos os méritos alegados, agás os relativos ás actividades de formación recibida e impartida que xa consten na base de datos do profesorado, así como os relativos aos servizos prestados en centros públicos dependentes desta consellería.
Xunto coa documentación xustificativa presentarase ante o tribunal a relación dos méritos alegados, no modelo que consta no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions
Independentemente da data de presentación ante o tribunal da citada documentación, todos os méritos alegados deben posuírse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
A documentación acreditativa dos méritos de cada persoa aspirante quedará baixo a custodia da presidencia do tribunal, que a entregará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez finalizado o procedemento selectivo, xunto co expediente administrativo.
11.3.2. Puntuación provisional da fase de concurso e prazo de reclamacións.
A valoración dos méritos realizaraa o tribunal tendo en conta o disposto nos anexos II, III e IV segundo se trate de persoas aspirantes ao acceso ao corpo de inspectores de educación, quenda libre dos corpos de profesores de ensino secundario, mestres e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, ou da quenda de acceso para persoal docente do subgrupo A2 ao A1.
A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, publicarase na páxina web desta consellería, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions. Contra ela poderá presentarse reclamación perante o propio tribunal, mediante escrito dirixido ao tribunal, no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
Así mesmo, o tribunal poderá, por iniciativa propia, modificar a puntuación provisional outorgada, previa audiencia da persoa interesada, cando se producira un erro na baremación.
11.3.3. Puntuación definitiva.
Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional, o tribunal fará pública a puntuación definitiva da fase de concurso no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions. Soamente é preceptivo publicar a puntuación definitiva da fase de concurso do persoal aspirante que supere a fase de oposición.
11.3.4. Recurso de alzada.
Contra a resolución que fará públicas as puntuacións definitivas da fase de concurso poderase formular recurso de alzada, no prazo dun (1) mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos desta consellería.
Base décimo segunda. Desenvolvemento da fase de oposición de acceso ao corpo de inspectores de educación
12.1. Fase de oposición.
A fase de oposición consistirá nunha proba en que se valorarán os coñecementos pedagóxicos, de administración e lexislación educativa adecuada á función inspectora que van a realizar as persoas aspirantes, así como os coñecementos e técnicas específicas para o desempeño desta. A proba constará de tres partes, nas cales haberá que obter unha cualificación mínima de cinco (5) puntos en cada unha delas.
12.2. Partes da proba.
a) Parte primeira. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema referido á parte A do temario, elixido polo persoal aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal.
Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun máximo de tres (3) horas.
Este exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal, que poderá formular as preguntas ou aclaracións que considere pertinentes, durante un período máximo de quince (15) minutos.
b) Parte segunda. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na primeira parte da proba, realizará esta segunda parte consistente na exposición oral dun tema, referido á parte B do temario, elixido polo persoal aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal.
O persoal aspirante disporá de trinta (30) minutos para a preparación deste exercicio e dun máximo de sesenta (60) minutos para a súa exposición oral. Terminada a exposición, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións que considere pertinentes, durante un período máximo de quince (15) minutos.
c) Parte terceira. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na segunda parte da proba, realizará esta terceira, que consistirá na análise por escrito dun caso práctico sobre as técnicas adecuadas para a actuación da inspección de educación, que será proposto polo tribunal.
Para a realización deste exercicio escrito, o persoal aspirante disporá dun máximo de tres (3) horas. O exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal.
12.3. Cualificación da fase de oposición.
O tribunal cualificará cada unha das partes da proba de 0 a 10 puntos, e é necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación igual ou superior a cinco para considerar que o persoal aspirante superou a fase de oposición e, polo tanto, poder acceder á valoración dos méritos da fase de concurso.
A cualificación correspondente a cada parte da proba será a media aritmética da puntuación de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculala con aproximación de ata as dez milésimas, para evitar, dentro do posible, que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, a puntuación media calcularase entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, só será excluída unha delas.
A puntuación final da proba, unha vez superadas as tres partes desta, será o resultado de ponderar nun 40 % a puntuación obtida na parte terceira e un 30 % cada unha das outras partes.
Base décimo terceira. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade
Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e técnicos da especialidade docente a que opta o persoal aspirante, así como a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.
13.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante ás especialidades de Inglés e Portugués deberá desenvolver as probas no idioma correspondente.
13.2. As dúas partes que integran a primeira proba poderán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.
13.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:
13.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios, que poderán ser por escrito, que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo VI desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade a que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.
13.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo persoal aspirante de entre o número de temas que a continuación se relacionan, dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal:
– Corpos de profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: deberá elixirse entre catro temas.
O persoal aspirante disporá de dúas (2) horas para a realización desta parte B da primeira proba.
Ao efectuarse a parte A e a parte B da primeira proba procederase á súa lectura conxunta e a cualificación de cada parte realizarase por separado.
13.3.3. Cualificación da primeira proba.
A parte A e a parte B desta primeira proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, ponderándose do seguinte xeito:
– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.
– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.
Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de polo menos o 25 por 100 do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais publicarán no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que a superou.
13.4. Segunda proba.
O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba, que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:
Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.
A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 páxinas, formato DIN-A4, a dobre espazo interlineal (a excepción das táboas, en que non será preciso respectar o espazo interlineal), con letra tipo Arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación axustarase ao contido das táboas establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, ou calquera dos modelos incorporados na aplicación informática actualizada dispoñible nos centros educativos, e deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas. Na extensión máxima de 60 páxinas non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.
Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.
As programacións versarán sobre os seguintes currículos:
No caso das especialidades con competencia docente na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato:
– Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das especialidades específicas de formación profesional, os publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma. Non poderá realizarse a programación dos seguintes módulos de formación profesional: módulo de Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo, módulo de Dixitalización aplicada aos sectores produtivos, módulo de Formación en centros de traballo e módulo do Proxecto.
A programación deberá entregala ao tribunal o persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.
Parte B: preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.
A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada pola persoa aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, a persoa aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por ela mesma da súa programación. No segundo caso, a persoa aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por ela mesma do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citade unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula e os seus procedementos de avaliación.
Nas especialidades propias da formación profesional, a unidade didáctica poderá referirse a unidades de traballo, debendo relacionarse cos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo profesional e, se é o caso, coas capacidades terminais asociadas ás das unidades de competencia propias do perfil profesional de que se trate.
O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final.
O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha (1) hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte (20) minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez (10) minutos.
13.5. Segunda proba na especialidade de Orientación Educativa.
Parte A: presentación e defensa dun plan anual do departamento de orientación dun centro.
O plan anual fará referencia ao plan de orientación do centro e incluirá, polo menos, os seguintes aspectos: xustificación baseada no contexto, obxectivos, planificación xeral e definición de accións prioritarias, estratexias de intervención e criterios de avaliación do plan. Este plan anual corresponderase cun curso escolar, e debe organizarse en programas específicos de intervención. En calquera caso, un plan anual deberá contar, como mínimo, con seis programas específicos de intervención, que deberán estar numerados, terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, e deben entregarse ao tribunal aqueles que superen a primeira proba, no centro en que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daquelas persoas que superaron a citada proba.
Parte B: preparación e exposición oral dun programa específico de intervención.
A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral diante do tribunal dun programa específico de intervención, que poderá estar relacionado co plan anual de departamento presentado polo aspirante ou ser elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá o contido dun programa específico de intervención de entre tres extraídos ao chou por el mesmo do seu plan anual do departamento de orientación. No segundo caso, o persoal aspirante elixirá o contido do programa específico de intervención dun tema de entre tres extraídos por el mesmo do temario oficial da especialidade.
O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación do plan de actuación específico e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá unha páxina e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.
O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha (1) hora para a defensa do plan anual do departamento de orientación dun centro, a exposición do plan de actuación específico e posterior debate diante do tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan anual do departamento de orientación dun centro, que non poderá exceder os vinte (20) minutos, e a continuación realizará a exposición do plan de actuación específico, que non excederá os trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez (10) minutos.
13.6. Cualificación da segunda proba.
Esta segunda proba valorarase globalmente de 0 a 10 puntos, de acordo cos criterios contidos nas rúbricas que se publican como anexos VII, VIII e X, segundo corresponda, debendo alcanzar o persoal aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.
– Corpo de profesores de ensino secundario: especialidades que imparten a ESO e o bacharelato: anexo VII.
– Corpo de profesores de ensino secundario: especialidades que imparten a formación profesional específica: anexo VIII.
– Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: anexo VIII.
– Corpo de profesores de ensino secundario: especialidade de Orientación Educativa: anexo X.
A parte A e a parte B da segunda proba ponderarase do seguinte xeito:
– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.
– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.
13.7. Cualificación da fase de oposición.
A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran, cando ambas fosen superadas.
13.8. Cualificación do tribunal.
A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.
Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.
Base décimo cuarta. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de mestres tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade
14.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de lingua estranxeira: Inglés ou Francés deberá desenvolver as probas neste idioma.
14.2. As dúas partes que integran a primeira proba deberán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.
14.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes, que serán valoradas conxuntamente:
14.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo VI desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade a que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.
14.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido pola persoa aspirante de entre dous temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.
O persoal aspirante disporá de dúas (2) horas para a realización desta parte da primeira proba.
No suposto de que a primeira parte da proba se realice por escrito, procederase á súa lectura conxunta coa segunda, e a cualificación de cada parte realizarase por separado.
14.3.3. Cualificación da primeira proba.
A parte A e a parte B da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, ponderándose do seguinte xeito:
– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.
– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.
Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de polo menos o 25 por 100 do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais publicarán no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que a superou.
14.4. Segunda proba nas especialidades de Educación Infantil, Lingua Estranxeira: Francés, Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física e Educación Primaria. Proba de aptitude pedagóxica.
O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:
Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.
A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha área relacionada coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse, no caso de Educación Infantil, as competencias clave, os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación e as estratexias metodolóxicas, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, e nas restantes especialidades os obxectivos, as competencias clave, os contidos, a metodoloxía didáctica, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 páxinas, formato DIN-A4, escritas a dobre espazo interlineal (a excepción das táboas, en que non será preciso respectar o espazo interlineal), con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.
Na extensión máxima de 60 páxinas non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.
Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán ser excluídas ás persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.
As programacións didácticas versarán sobre os seguintes currículos, segundo o caso:
Educación Infantil: Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Especialidades de Educación Primaria: Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
A programación deberá ser entregada ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que está actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.
Parte B: preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.
A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada pola persoa aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por el mesmo da súa programación. No segundo caso, o persoal aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por el mesmo do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citada unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que se perseguen con ela, as competencias clave, os seus contidos e as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula e os criterios de avaliación.
O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final desta.
O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha (1) hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte (20) minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez (10) minutos.
14.5. Segunda proba nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Proba de aptitude pedagóxica.
No caso de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, esta segunda proba terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo e na elaboración e exposición oral dun programa de intervención.
Parte A: o plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo deberá conter, como mínimo, seis programas de intervención e basearse na normativa vixente e nas necesidades do alumnado, do centro e do contexto, e considerará as competencias clave, os obxectivos, os contidos, as actividades, as estratexias metodolóxicas, os recursos materiais, humanos e organizativos, a temporización das accións, a avaliación e as propostas de mellora. Neste plan deberá prestarse especial relevancia á actuación do persoal aspirante como profesor de apoio.
O plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, deberán entregarllo ao tribunal aqueles que superen a primeira proba, no centro en que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daqueles que superaron a citada proba.
Parte B: elaboración diante do tribunal e exposición oral dun programa de intervención relacionado co plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo presentado polo persoal aspirante, ou elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá ao chou un programa de intervención con alumnado con necesidade específica de apoio educativo (alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, TDAH, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar). No segundo caso, a persoa aspirante elixirá o contido do programa de intervención dun tema de entre tres elixidos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade.
O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación do programa de intervención e poderá utilizar o material que xulgue oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá unha páxina e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.
O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha (1) hora para a defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, a exposición do programa de intervención e posterior debate diante do tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que non poderá exceder os vinte (20) minutos, e, a continuación, realizará a exposición do programa de intervención, que non excederá os trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez (10) minutos.
14.6. Cualificación da segunda proba.
Esta segunda proba valorarase globalmente de 0 a 10 puntos, de acordo cos criterios contidos nas rúbricas que se publican como anexos VII e IX, segundo corresponda, debendo alcanzar o persoal aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.
A correspondencia é a seguinte:
– Corpo de mestres: anexo VII.
– Corpo de mestres: especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe: anexo IX.
A parte parte A e a parte B da segunda proba ponderarase do seguinte xeito:
– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.
– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.
14.7. Cualificación da fase de oposición.
A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran cando ambas fosen superadas.
14.8. Cualificación do tribunal.
A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.
Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.
Base décimo quinta. Acceso á fase de concurso
A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de 0 a 10, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.
O número de persoas aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.
Base décimo sexta. Fase de oposición no procedemento selectivo de acceso a corpo de grupo superior no corpo de profesores de ensino secundario
A proba consistirá na exposición ante o tribunal dun tema da especialidade a que se opte, elixido por cada persoa aspirante entre oito, extraídos ao chou polo tribunal, dos correspondentes ao temario do corpo e especialidade a que se presentan.
No caso de que haxa concordancia entre a titulación académica con que se opta e a especialidade a que se aspira, o tema será elixido de entre nove extraídos ao chou polo tribunal. Enténdese que hai concordancia para cada especialidade cando se posúa unha das titulacións que se relacionan na Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (DOG do 13 outubro de 2023) e posteriores modificacións desta.
O persoal aspirante disporá de dúas (2) horas e trinta (30) minutos para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha (1) hora, e nesta atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos que se vaian empregar. Nesta exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión dunha extensión máxima dunha páxina que deberá ser entregado ao tribunal cando remate esta.
Para as especialidades de Administración de Empresas, Construcións Civís e Edificación, Hostalaría e Turismo, Informática, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, Procesos na Industria Alimentaria, Procesos Diagnósticos, Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procesos Sanitarios, Procesos e Medios de Comunicación, Sistemas Electrónicos, Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, Instalacións Electrotécnicas, Oficina de Proxectos de Construción, Procesos de Xestión Administrativa, Servizos á Comunidade, Sistemas e Aplicacións Informáticas e Equipos Electrónicos a proba estará dividida en dúas partes, unha de contido práctico e outra consistente na exposición oral dun tema coas mesmas características especificadas no parágrafo anterior. As características da parte práctica da proba serán as establecidas no anexo VI da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e á mesma hora que o persoal aspirante que se presente polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.
Quedará exento de realizar esta parte práctica da proba o persoal aspirante que pertenza ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional ou do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional dunha especialidade da mesma familia profesional para a que principalmente teñan atribuída a competencia docente as persoas especialistas de Administración de Empresas, Construcións Civís e Edificación, Hostalaría e Turismo, Informática, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, Procesos na Industria Alimentaria, Procesos Diagnósticos, Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procesos Sanitarios, Procesos e Medios de Comunicación, Sistemas Electrónicos, Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, Instalacións Electrotécnicas, Oficina de Proxectos de Construción, Procesos de Xestión Administrativa, Servizos á Comunidade, Sistemas e Aplicacións Informáticas e Equipos Electrónicos, segundo proceda.
A proba valorarase de 0 a 10 puntos e o persoal aspirante deberá obter, polo menos, cinco puntos para superala. Para a súa superación atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos do persoal aspirante.
Base décimo sétima. Forma de cubrir as prazas de reserva
Os tribunais, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria pola reserva de persoas con discapacidade, axustaranse ás seguintes normas:
a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que cumpra os requisitos mínimos para aprobar, entre o persoal aspirante que concorra ás prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual e outras discapacidades, a totalidade destas prazas adxudicaráselles ás persoas que participen por estas quendas, calquera que sexa a súa puntuación. Por outra banda, se houber máis persoas aprobadas que prazas nunha das quendas de discapacidade adxudicaránselles as prazas sen cubrir, se as houber, da outra. Se aínda así houber máis persoas que cumpran os requisitos mínimos para aprobar que prazas nestas quendas, concorrerán á formación da lista de persoas aprobadas do tribunal en igualdade de condicións que os das prazas libres ou de promoción interna, segundo corresponda, coa súa puntuación e tal e como se determina na base décimo oitava.
b) No caso de que as prazas reservadas e que foron cubertas polas persoas con discapacidade non alcanzasen a porcentaxe do tres por cento das prazas convocadas nesta oferta de emprego público, as prazas non cubertas do número total das reservadas acumularanse á porcentaxe do sete por cento da oferta seguinte, cun límite máximo do doce por cento.
c) No caso de que existan prazas da quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1 que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de persoal aspirante con puntuación mínima requirida, estas non se acumularán ás prazas da quenda libre.
Base décimo oitava. Superación do procedemento selectivo
18.1. Persoal seleccionado polo procedemento de acceso ao subgrupo A1 desde corpos docentes do subgrupo A2 e pola quenda de reserva deste procedemento.
a) Resultará seleccionado o persoal candidato que, obtendo un mínimo de cinco (5) puntos na proba e ao ser ordenado segundo a suma das puntuacións alcanzadas no concurso e na proba, obteñan un número igual ou inferior ao número de prazas asignadas ao procedemento polo que participan.
Para a obtención da puntuación global, o tribunal ponderará un 55 % a puntuación obtida na fase de oposición e un 45 % a puntuación obtida na fase de concurso, resultando a puntuación global da suma de ambas as fases unha vez realizadas as ponderacións mencionadas.
b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:
1. Maior puntuación na proba.
2. Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que aparecen nesta convocatoria.
3. Maior puntuación en cada unha das subepígrafes do baremo, pola orde en que aparecen nesta convocatoria.
4. No caso de que persista o empate, o desempate dirimirase a través da realización dunha proba por escrito sobre cuestións breves referentes ao temario da especialidade. De ser o caso, o persoal aspirante será convocado para esta proba polo tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.
18.2. Persoal seleccionado para os corpos de inspectores de educación, profesores de ensino secundario, profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional e mestres pola quenda libre e quendas de reserva de persoas con discapacidade.
Obtida a cualificación da fase de oposición, os tribunais avaliarán definitivamente a fase de concurso do persoal aspirante que superou a fase de oposición, resultando seleccionado para pasar á fase de prácticas o persoal aspirante que, unha vez ordenado segundo a puntuación global da fase de oposición e concurso, teña un número de orde igual ou menor que o número total de prazas asignadas ao tribunal.
De conformidade co establecido nos artigos 25 e 47 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de dous terzos a fase de oposición e un terzo a fase de concurso.
As prazas que poidan quedar vacantes nalgún tribunal serán asignadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos á persoa que superou a fase de oposición e que teña maior puntuación na fase de concurso-oposición, unha vez efectuadas as ponderacións pertinentes, do tribunal da mesma especialidade que proceda segundo o sistema de distribución de prazas establecido na base 1.6 desta convocatoria.
18.3. Criterios de desempate.
No caso de que se produzan empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:
a) Maior puntuación na fase de oposición.
b) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes aparecen nesta convocatoria.
c) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.
d) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.
e) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario da especialidade. Esta proba será elaborada, organizada e avaliada polo tribunal correspondente. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba polo propio tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.
18.4. Orde de relación.
Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición ata o número máximo de prazas que lle foron asignadas a cada un deles, ordenados de acordo co establecido nas bases anteriores.
Esta relación farase pública na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions outorgándose un prazo de dous (2) días hábiles para reclamar contra posibles erros.
Contra as listas definitivas as persoas interesadas poderán formular, de conformidade co disposto nos artigos 112 e 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
18.5. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de persoas aspirantes ao de prazas asignadas a cada un deles. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.
18.6. O persoal aspirante que supere no mesmo corpo os procedementos selectivos convocados por esta consellería e polo ministerio competente en materia de educación, ou noutra comunidade autónoma con competencias en materia educativa, se opta polo posto de traballo correspondente ao ámbito desta consellería, deberá presentar solicitude neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de persoas aspirantes seleccionadas. De non realizar esta opción, a aceptación do primeiro nomeamento como persoal funcionario en prácticas entenderase como renuncia tácita aos restantes.
18.7. Publicación da lista de persoas aprobadas.
Esta consellería publicará no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions as listas únicas de persoas aprobadas por especialidade, segundo se detalla nos puntos anteriores, e tendo en conta que figurarán en primeiro lugar as persoas aprobadas pola quenda do subgrupo A2 ao subgrupo A1, e que as persoas aprobadas pola reserva de persoas con discapacidade incluíranse, de acordo coa súa puntuación, entre as persoas aprobadas polo sistema de acceso ou de ingreso, segundo corresponda.
A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base.
18.8. Publicación das cualificacións do restante persoal aspirante.
Ao rematar o procedemento selectivo, os tribunais publicarán na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que non está incluído na relación de persoas aprobadas.
Base décimo novena. Presentación de documentos
19.1. No prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de persoas aprobadas no Diario Oficial de Galicia, o persoal aspirante aprobado deberá presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos os seguintes documentos:
a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.
A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
b) Declaración responsable de que non foron separados ou separadas mediante expediente disciplinario do servizo do corpo a que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados ou inhabilitadas para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo XI a esta convocatoria e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación.
Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo XI que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación.
c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de non prestar consentimento expreso á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na solicitude de participación.
O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española deberá acreditar o requisito establecido no segundo parágrafo da epígrafe 2.1.f) mediante certificado redactado en lingua castelá. En caso contrario, o certificado deberá acompañarse da súa tradución oficial ou xurada realizada por tradutor xurado ou validada polo consulado ou oficina diplomática correspondente.
19.2. Excepcións.
Quen teña a condición de persoal funcionario de carreira e estea en situación de servizo activo estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, e deberán presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos: corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se está en servizo activo.
Cando as certificacións ou follas de servizos se refiran a persoal funcionario que superou o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados noutro corpo docente de grupo superior, serán expedidas pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos desta consellería e incorporadas de oficio ao correspondente expediente.
19.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.
19.4. Quen, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presente a documentación ou se do exame dela se deduce que carece dalgún dos requisitos xerais establecidos na base segunda, non poderá ser nomeado persoal funcionario de carreira, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
Base vixésima. Nomeamento de persoal funcionario en prácticas
20.1. Destino provisional e nomeamento de persoal funcionario en prácticas.
As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.
Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo, será nomeado persoal funcionario en prácticas.
A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas terá efectividade da data que se determine na resolución pola que se publique a adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2025/26.
Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a realización do período de prácticas, o persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de dous (2) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de persoas aprobadas polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web desta consellería.
20.2. Destino definitivo.
O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo polo sistema de ingreso deberá obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionado por desta consellería e está obrigado, para estes efectos, a participar nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.
20.3. O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario desde corpos do subgrupo A2 regulados na presente orde estará exento da realización da fase de prácticas, e nos supostos en que a adxudicación de destinos se realice atendendo á puntuación obtida nos procedementos selectivos, terán prioridade, na obtención destes, sobre o persoal aspirante que ingresen pola quenda libre da convocatoria do mesmo ano.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o persoal aspirante seleccionado no procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A2 que estea ocupando con carácter definitivo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, prazas do corpo e especialidade a que accede, poderá optar por permanecer nestas.
O persoal aspirante que, aínda estando exento da realización da fase de prácticas, optase por incorporarse como funcionario ou funcionaria en prácticas ao destino asignado, quedará eximido da avaliación destas, permanecendo nesta situación ata a aprobación dos expedientes dos procedementos selectivos e o seu posterior nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira.
20.4. Réxime xurídico-administrativo do persoal aspirante nomeado funcionario ou funcionaria en prácticas.
Desde o nomeamento de persoal funcionario en prácticas ata o nomeamento como persoal funcionario de carreira, o réxime xurídico-administrativo das persoas opositoras será o de persoal funcionario en prácticas, sempre que estea desempeñando un posto docente. En todo caso, a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.
20.5. Aprazamento da fase de prácticas.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustificada e por petición da persoa interesada, conceder o aprazamento da fase de prácticas.
20.6. Exencións á avaliación da fase de prácticas.
Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aquelas persoas aspirantes que acrediten unha experiencia dun (1) ano como persoal funcionario de carreira dun corpo docente.
20.7. Opción da remuneración do persoal funcionario en prácticas.
O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira, persoal interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente, lle corresponda, poderá formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.
Base vixésimo primeira. Fase de prácticas no corpo de inspectores de educación
21.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.
As prácticas terán por obxecto garantir que o persoal aspirante que superou a fase de concurso-oposición posúa a adecuada preparación para levar a cabo as funcións atribuídas ao corpo de inspectores de educación. Serán tuteladas por un funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de inspectores de educación.
Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan, co desempeño da función inspectora con plena validez.
A súa duración será de catro (4) meses.
21.2. Constitución das comisións cualificadoras.
En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora da fase de prácticas integrada pola xefatura de inspección, que exercerá a presidencia, e dous funcionarios ou funcionarias de carreira do corpo de inspectores de educación.
21.3. Funcións do titor ou titora.
As funcións do inspector ou inspectora titor/a consistirán en asesorar, informar e avaliar, tal como se indica na epígrafe seguinte, o persoal en prácticas, sobre as funcións propias das inspectoras e inspectores de educación. Ao final do período de prácticas, o titor ou titora emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirallo á comisión cualificadora.
21.4. Actividades de inserción e formación.
As actividades de inserción no posto de traballo consistirán no desenvolvemento de actividades tuteladas polo inspector ou inspectora titor/a en relación co plan de actuación da Inspección educativa.
As actividades de formación serán programadas por desta consellería, ben como actividades específicas para o persoal aspirante, ben dentro da oferta xeral de formación. Versarán sobre as competencias propias da Inspección educativa. A súa duración non será inferior a sesenta (60) horas. Sobre o desenvolvemento destas actividades emitirán informe as persoas responsables da actividade, se se trata dunha oferta específica, ou mediante o certificado correspondente, se se trata de actividades incluídas na oferta xeral.
21.5. Memoria final.
O persoal aspirante elaborará un informe-memoria final en que fará unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe entregarase ao final da fase de prácticas á comisión cualificadora.
21.6. Avaliación das inspectoras e dos inspectores en prácticas.
A avaliación do persoal aspirante efectuaraa a comisión cualificadora a partir dos informes emitidos pola inspector ou inspectora titor/a, do persoal responsable das actividades de formación e do informe-memoria presentado pola persoa aspirante.
A comisión cualificadora trasladará á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de persoas en prácticas coa cualificación obtida.
As prácticas cualificaranse como «apto» ou «non apto».
O persoal aspirante cualificado de non apto na fase de prácticas poderá repetir esta fase por unha soa vez no curso académico seguinte. O que non se incorpore ou sexa declarado non apto por segunda vez perderá todos os dereitos ao seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Base vixésimo segunda. Fase de prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres
22.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.
A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o persoal aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizaranse nos destinos provisionais que lle corresponda, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes, ben en substitucións, con desempeño de función docente con plena validez académica.
A duración da fase de prácticas será de catro (4) meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas e a flexibilización poderá afectar tanto a duración como a temporización.
22.2. Constitución das comisións cualificadoras.
En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola xefatura da inspección provincial, que exercerá a súa presidencia; dous/dúas inspectores/as de educación e dous/dúas directores/as de centros, designados/as polo director ou directora territorial.
22.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.
O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dunha persoa funcionaria de carreira do mesmo corpo, experimentada e preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia.
22.4. Funcións do titor ou titora.
As funcións do/da profesor/a titor/a consistirán en asesorar, informar e avaliar o persoal funcionario en prácticas sobre a organización e funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a programación didáctica da materia ou dos módulos profesionais, a programación de aula e a avaliación do alumnado. Ao final do período de prácticas, o/a profesor/a titor/a emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.
O profesorado que tutele as prácticas do persoal aspirante seleccionado nos concursos-oposición de ingreso aos corpos docentes terán un recoñecemento de 50 horas de formación pola función desenvolvida.
22.5. Actividades de formación.
Formando parte da fase de prácticas, o persoal aspirante seleccionado pola quenda de ingreso libre e reserva de persoas con discapacidade deberá:
– Realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será organizado polo Servizo de Programas de Formación, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lle permita ao persoal funcionario en prácticas desenvolver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.
– Realizar un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, para a obtención do nivel básico de coñecemento regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Participar nas xornadas formativas de coñecemento da Administración educativa galega que serán organizadas polo Servizo de Programas de Formación.
22.6. Avaliación do profesorado en prácticas.
As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.
A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo/a profesor/a titor/a, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou a inspectora responsable do centro e do informe presentado pola propia persoa aspirante.
A presidencia da comisión cualificadora, en caso de informes desfavorables, disporá que o inspector ou inspectora de educación do centro en que presta servizos o funcionario ou a funcionaria que está realizando as prácticas visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da inspección engadirase aos do/da director/a e profesor/a titor/a para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario ou a funcionaria en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.
22.7. A comisión cualificadora trasladaralle á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de persoal funcionario en prácticas coa cualificación obtida.
22.8. Cualificación da fase de prácticas.
As prácticas cualificaranse como «apto/a» ou «non apto/a».
22.9. Persoas aspirantes non aptas na fase de prácticas.
As persoas aspirantes cualificadas de non aptas na fase de prácticas poderán repetila, incorporándose no curso seguinte co persoal seleccionado da seguinte promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao da última persoa seleccionada na súa especialidade. No caso de que non houbese convocatoria do seu corpo e especialidade, efectuará igualmente as prácticas no curso seguinte. As persoas que non se incorporen ou sexan declaradas non aptas por segunda vez, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Base vixésimo terceira. Nomeamento de persoal funcionario de carreira
23.1. Proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Rematada a fase de prácticas e verificado que as persoas que a superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, esta consellería aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado no correspondente corpo ao ministerio competente en materia de educación, para o nomeamento e expedición dos títulos de persoal funcionario de carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2026.
23.2. Destino definitivo en Galicia.
De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados por esta consellería, a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.
TÍTULO II
Procedemento de adquisición doutras especialidades
Base vixésimo cuarta
Convócase procedemento para que o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres poda adquirir unha nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:
24.1. Normas xerais.
As especialidades que poderán adquirirse nos corpos citados anteriormente mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre.
A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas na epígrafe 1.2 desta orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ao disposto neste título.
24.2. Requisitos das persoas candidatas.
Para poderen participar neste procedemento, as persoas candidatas deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ser persoal funcionario de carreira do corpo correspondente, con destino no ámbito de xestión desta consellería.
b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.
24.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.
As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base terceira desta convocatoria.
24.4. Órganos de selección.
Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire a base sétima desta convocatoria e exercerán, respecto deste procedemento, as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.
24.5. Comezo e desenvolvemento das probas.
O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base décima desta convocatoria.
24.6. Sistema de selección.
Para todas as especialidades:
A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade a que se opta, elixido pola persoa aspirante de entre cinco extraídos ao chou polo tribunal, nas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e de entre tres extraídos ao chou polo tribunal, nas especialidades do corpo de mestres.
A persoa candidata disporá de dúas (2) horas para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.). A exposición terá unha duración máxima dunha (1) hora.
– Nas especialidades de idiomas modernos, a exposición realizarase nesta lingua.
– Nas especialidades específicas de formación profesional, agás Formación e Orientación Laboral, a proba constará, ademais, dunha parte práctica. As características da parte práctica serán as establecidas no anexo VI da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e á mesma hora que o persoal aspirante que se presente polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.
24.7. Cualificación da proba.
Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior como «apto/a» ou «non apto/a» e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con «apto/a».
24.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez verificado polo órgano convocante que a persoa aspirante que obtivo a cualificación de apto/a reúne os requisitos exixidos nesta convocatoria, esta consellería publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declara apto ao persoal aspirante, coa indicación da nova especialidade adquirida.
24.9. Exención da fase de prácticas.
O persoal que adquira unha nova especialidade por este procedemento estará exento da fase de prácticas.
24.10. Dereito preferente.
A adquisición dunha nova especialidade non supón a perda da anterior ou anteriores que se puidesen posuír. Quen teña adquirida máis dunha especialidade poderá acceder a prazas correspondentes a calquera delas a través dos mecanismos establecidos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario docente.
Quen adquira unha nova especialidade por este procedemento nos corpos de profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional terá preferencia, por unha soa vez, con ocasión de vacante, para ser adscrito ou adscrita a prazas da nova especialidade adquirida no centro en que tivesen destino definitivo, de conformidade co establecido no artigo 16.1.d) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal.
Base vixésimo quinta. Inclusión nas listas de interinidades e substitucións
Poderán acceder ás listas de interinidades e substitucións da especialidade á que se presenten, ademais daquelas persoas aspirantes que superen a primeira proba, as persoas aspirantes que para cada especialidade posúan unha das titulacións que se relacionan na Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade as titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (DOG do 13 outubro de 2023) e posteriores modificacións desta.
Disposición derradeira primeira. Recursos
De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida potestativamente en reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de educación no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
