O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que: «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».
Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que: «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda, o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».
Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2025
José Carlos López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
ANEXO
– Xoán Vicente Viqueira. Filósofo e poeta. 13,21 €.
– Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión: exposición. 19,00 €.
– Os Bolechas. 20.000 leguas baixo dos mares de Lugrís no Museo Massó. 10,00 €.
– Unha ollada desde a distancia. Peregrinos e viaxeiros de fala inglesa en Santiago de Compostela. 60,00 €.
– Cadernos Ramón Piñeiro (XLVII) Luísa Villalta, en concreto. 22,20 €.
– Lamazares. Inda é día (1973-2023). 65,00 €.
– Urbano Lugrís en el Museo Massó y viceversa: La primera etapa de la travesía artística lugrisiana. 10,00 €.
– Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa: A primeira etapa da travesía artística lugrisiana. 10,00 €.
