Pola Resolución do 30 de marzo de 2022 convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).
Por outra banda, o 11 de decembro de 2024 publicouse a Resolución do 2 de decembro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira, na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Entre os aspirantes propostos está María Moreno Santolaya, DNI ***6950**, que o 13 de xaneiro de 2025 tomou posesión no posto denominado auxiliar de clínica, código PS.C99.40.801.15570.202, na Residencia de Maiores de Oleiros (A Coruña).
María Moreno Santolaya, con data do 4 de febreiro de 2025, solicitou a renuncia á condición de funcionaria de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.
O artigo 65 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, recolle a renuncia como unha das causas da perda da condición de funcionario de carreira, que será aceptada sempre que a funcionaria o manifeste por escrito e non estea suxeita a expediente disciplinario ou se dite na súa contra un auto de procesamento ou de apertura de xuízo oral pola comisión dalgún delito.
Polo tanto,
DISPOÑO:
Aceptar a renuncia de María Moreno Santolaya á súa condición de funcionaria de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.
Consonte o establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
