DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 253/2024, en relación coa Orde do 19 de setembro de 2024 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, convocados polas resolucións do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 186, do 26 de setembro de 2024).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 253/2024, en relación coa Orde do 19 de setembro de 2024 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, convocados polas resolucións do 6 de novembro de 2023 (DOG número 186, do 26 de setembro de 2024).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal