DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de extinción de oficio de autorizacións de instalación e localización de máquinas auxiliares de apostas e máquinas de xogo tipo B.

A Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia, estableceu na súa disposición transitoria sétima un réxime transitorio aplicable ás autorizacións das máquinas auxiliares de apostas e de máquinas de xogo tipo B non instaladas en establecementos de restauración e de ocio e entretemento. Segundo o previsto na devandita disposición, as empresas operadoras e comercializadoras dispoñían dun período dun ano (6.10.2023 a 6.10.2024) para instalar as máquinas auxiliares de apostas e as de xogo tipo B nos establecementos de restauración e de ocio e entretemento.

O 26.11.2024 ditouse o Acordo de inicio do procedemento para a extinción de oficio das autorizacións de instalación e localización en establecementos de restauración e de ocio e entretemento que non tivesen máquina instalada no período previsto na referida disposición transitoria sétima, co fin de dar cumprimento á previsión de que, en ningún caso, o número de autorizacións de instalación e localización dunha mesma empresa poida ser superior ao número de autorizacións de explotación que a dita empresa teña concedidas. O acordo incorporaba as respectivas relacións de autorizacións que non tiveron máquina instalada nalgún momento no período transitorio previsto como anexo I (Apostas) e anexo II (Xogo tipo B).

Asemade, acordouse iniciar un trámite de audiencia para que, no prazo de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas poidan presentar as alegacións ou achegar os documentos que xulguen pertinentes en relación coas autorizacións de instalación e localización que se relacionan nos anexos I e II do dito acordo, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, previo á resolución que se dite. O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 238, do 11.12.2024.

Rematado o referido prazo, e tras a valoración das alegacións presentadas, o 12.2.2025, o secretario xeral técnico e do Tesouro ditou resolución en virtude da que foron estimadas aquelas alegacións nas que resultou acreditado que as autorizacións de instalación e localización ás que se refiren tiveron máquina instalada nun establecemento de restauración, ocio ou entretemento nalgún momento no período previsto na disposición transitoria sétima da Lei 3/2023, do 4 de xullo. En concreto, estimáronse as alegacións referidas ás seguintes autorizacións:

A Coruña

HC0302372

O Cribo

***4192**

ECEA-0004

Luckia Retail, S.A.

***3591**

Ourense

HO0620008

Cafetería Sky

***6991**

ECEA-0004

Luckia Retail, S.A.

***3591**

Pontevedra

HP0550170

El Cielo

***7724**

ECEA-0004

Luckia Retail, S.A.

***3591**

Pontevedra

HP0572568

Cafetería Los Celtas

***8706**

ECEA-0004

Luckia Retail, S.A.

***3591**

Pontevedra

HP0180170

Faladoiro

***7166**

ECEA-0004

Luckia Retail, S.A.

***3591**

Ourense

AIO041419

HO0001072

Tapería A Saínza

***4349**

C-0228

Maquinaria Automática del Noroeste, S.A. (Manosa)

***0542**

Polo exposto, desestimáronse o resto de alegacións ao non resultar acreditado que as correspondentes autorizacións tivesen máquina instalada nalgún momento do período previsto na disposición transitoria sétima da referida norma.

En consecuencia, acordouse extinguir as autorizacións de instalación e localización en establecementos de restauración e de ocio e entretemento relacionadas no anexo I (Apostas) e anexo II (Xogo tipo B) da dita resolución.

As relacións de autorizacións extinguidas, contidas nos referidos anexos, poden consultarse na seguinte ligazón do portal web corporativo: https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/xogo/informacion-para-empresas-de-xogo/procedemento-de-extincion-de-oficio

A dita resolución non esgota a vía administrativa, polo que as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírtese que, como consecuencia desta extinción, as empresas operadoras e comercializadoras que no momento actual conten con máquinas instaladas nalgunha das autorizacións incluídas nos citados anexos deberán proceder á súa retirada.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025

David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro da Consellería
de Facenda e Administración Pública