DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14068

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Ferrol da Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da seguinte asociación:

– Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial.

Ferrol, 7 de febreiro de 2025

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol