Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 27, do luns 10 de febreiro de 2025, é necesario facer a seguinte corrección:
Na páxina 10879, onde di:
«5. As entidades só poderán solicitar unha candidatura por modalidade, segundo o modelo normalizado do anexo II (ficha da persoa proposta). Así mesmo, non poderán propoñer a participación no programa de persoas que xa participasen nel, en calquera das modalidades convocadas, máis de dúas veces nas últimas catro convocatorias do programa. Se así for, quedarán excluídas».
Debe dicir:
«5. As entidades só poderán solicitar unha candidatura por modalidade, segundo o modelo normalizado do anexo II (ficha da persoa proposta). Así mesmo, non poderán propoñer a participación no programa de persoas sen nacionalidade española ou que xa participasen nel, en calquera das modalidades convocadas, máis de dúas veces nas últimas catro convocatorias do programa. Se así for, quedarán excluídas».
