De conformidade co previsto no artigo 42.4, letras a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 11 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Lamas de Feás (IN661A 2011/05-3 AT) e se cancela unha garantía económica depositada por Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.
Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan:
A dita Resolución do 11 de febreiro de 2025 dispón o seguinte:
1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Lamas de Feás, sito nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín (Ourense) tras a declaración de impacto ambiental negativa do 20.1.2023.
2. Arquivar o expediente do parque eólico Lamas de Feás, sito nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín (Ourense) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U.
3. Cancelar a garantía económica depositada por Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U. na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 1.320.000 €, data 22.1.2020 e número de rexistro 40/2020, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Lamas de Feás.
Segundo. Principais motivos e consideracións nos que se basea a resolución:
1. Mediante a Resolución do 20.12.2010 aprobouse a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), e admitiuse a trámite o parque eólico Lamas de Feás, cunha potencia de 33 MW, promovido por Kaekias Eólica, S.A.
2. Pola Resolución do 10.4.2012, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública o estudo ambiental do parque eólico Lamas de Feás, o proxecto de execución das instalacións que comprende, o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e declaración de utilidade pública e de inclusión no réxime especial do dito parque eólico, que se desenvolverá conforme o proxecto, nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín (Ourense).
3. Pola Resolución do 5.3.2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse a transmisión de titularidade do parque eólico Lamas de Feás a favor da empresa Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U.
4. O 3.5.2018, a empresa promotora Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U. solicitou ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas unha modificación do proxecto consistente, de forma xeral, no desprazamento de 4 dos 11 aeroxeradores do parque eólico en cumprimento de varios informes ambientais e sectoriais.
5. O 22 de xaneiro de 2020, Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U. depositou unha garantía económica por importe de 1.320.000 € e número de rexistro 40/2020, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Lamas de Feás en substitución das garantías constituídas previamente o 9.3.2018 e 20.3.2019, con números de rexistro 191/2018 e 413/2019 respectivamente, e devoltas pola Resolución desta dirección xeral do 10.11.2021.
6. Mediante a Resolución do 7 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, aprobáronse os cambios no proxecto do parque eólico de Lamas de Feás.
7. O 15.4.2021, Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Lamas de Feás (expediente IN661A 2011/05-3 AT), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, consistente con carácter xeral na modificación das posicións dos aeroxeradores necesaria para adaptar o proxecto a un novo modelo do aeroxerador, coa conseguinte redución do número de aeroxeradores, que pasan de 11 a 7.
8. Mediante o Acordo do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Lamas de Feás, situado nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín, na provincia de Ourense (DOG núm. 7, do 19 de abril).
9. Con motivo dunha nova documentación actualizada e tendo en conta a sentenza número 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante o Acordo do 4 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse de novo a información pública, por un prazo de 30 días, a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Lamas de Feás (DOG núm. 107, do 6 de xuño).
10. O 20.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico Lamas de Feás, que fixo pública mediante o Anuncio do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro).
11. Polo Acordo da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 30.6.2023 iniciáronse os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e de arquivamento do expediente instruído do parque eólico Lamas de Feás, sito nos concellos de Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar (Ourense) e promovido por Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U. (expediente IN661A 2011/05-3 AT).
12. O 16.1.2025, Manuel García Pardo, con DNI 32663484B, en nome e representación de Greenalia Wind Power Lamas, S.L.U., solicitou que se acorde a cancelación e devolución da garantía económica depositada por importe de 1.320.000 € e número de rexistro 40/2020, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Lamas de Feás.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
