DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14610

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2025 pola que se procede ao nomeamento, como persoal funcionario de carreira, da persoa aspirante que superou o proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar administrativa, subescala administración, tras a proposta complementaria do tribunal cualificador.

Vista a Resolución de 6 de febreiro de 2025 pola que se modifica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar administrativa, subescala administración, convocado mediante a Resolución da Universidade de Vigo do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), e verificado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, este reitorado

RESOLVE:

Primeiro. Nomear a María Giovana Vega Fernández, con DNI ***9746**, funcionaria de carreira da escala auxiliar administrativa, subescala administración, con adxudicación do posto definitivo que se relaciona:

Código

Denominación do posto

Unidade

CD

SG

Q

C

00010 PF1160 1

Posto base

Secretaría do Equipo de Goberno

18

C1/C2

M

V

CD: complemento de destino

Q: quenda; M: mañá

SG: subgrupo de titulación

C: campus; V: Vigo

Segundo. De acordo co disposto no artigo 60.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberase prestar acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como declarar o compromiso de exercer con imparcialidade as súas funcións.

Terceiro. De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, para tomar posesión a persoa deberá formular unha declaración expresa ou realizar a opción prevista na devandita lei.

Cuarto. A toma de posesión realizarase o día 3 de marzo de 2025.

Quinto. Quen na data da toma de posesión estea de baixa por incapacidade temporal (IT), maternidade, paternidade ou risco durante o embarazo, deberá acreditar documentalmente esta circunstancia para formalizar a toma de posesión no posto que lle corresponda, así como para solicitar a licenza ou permiso que resulte procedente. Desta acreditación estará exento/a quen nesa data estea prestando servizos na Universidade de Vigo e xa se atope nalgún destes supostos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de febreiro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo