Con data do 5 de agosto de 2024 o Departamento Territorial de Lugo ditou unha resolución pola que se outorgan á empresa Begasa as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada enlace LAT 20 kV Meira 2 con LAT 20 kV A Fonsagrada (Concello da Fonsagrada)
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 22 de febreiro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2024, para que comparezan o día 24 de abril de 2025 no Concello da Fonsagrada sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán acompañarse dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE número 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar (sen prexuízo da correspondente publicación no Boletín Oficial del Estado) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 12 de febreiro de 2025
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Nº |
Polígono |
Parcela |
Ref. catastral |
Lugar |
Titular proposto (% propiedade) |
Cultivo |
Data Actas |
Hora |
|
1 |
163 |
81 |
27018A16300081 |
Monte Muradal |
Luz Fernández Álvarez (16,66 % de usufruto) Sara Pérez Díaz (3,34 % de propiedade) José Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade) Herdeiros de Ovidio García Fernández (20,00 % de propiedade) Raquel Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade) Vidalina Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade) María Dolores Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade) Herminia Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade) María Pilar Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade) Miguel Vázquez Rodríguez (2,85 % de propiedade) Herdeiros de José Antonio Fernández Fernández (20,00 % de propiedade) Herdeiros de José Antonio Fernández García (20,00 % de propiedade) Visitación Pérez Fernández (8,33 % de núa propiedade) María Isabel Pérez Fernández (8,33 % de núa propiedade) |
Monte baixo |
24.4.2025 |
10.00 |
|
Improdutivo |
||||||||
|
2 |
222 |
50 |
27018A22200050 |
Nourias |
Descoñecido (9,09% de propiedade) María Josefa García Rodríguez (9,09% de propiedade) Herdeiros de José Magide Bolaño (9,09 % de propiedade) Pedro Álvarez Fernández (9,09 % de propiedade) Herdeiros de Adolfo Álvarez Álvarez (9,09 % de propiedade) Manuel Pérez Pérez (9,09 % de propiedade) Herdeiros de Julio Gómez Fernández (9,09 % de propiedade) José María Fernández Álvarez (9,09 % de propiedade) María Josefa Álvarez Rodríguez (9,09 % de propiedade) Gustavo Álvarez Monteseirín (9,09 % de propiedade) Julio César López Rancaño (9,09 % de propiedade) |
Improdutivo |
10.30 |
|
|
Monte baixo |
