BDNS (Identif.): 817005.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:
a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro), ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.
Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
b) As federacións e as asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos ocupados na praza de abastos. Para estes efectos, contarán como unha unidade os postos ocupados polo/a mesmo/a praceiro/a.
As federacións e as asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
c) As cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
A concesión das subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria.
Cuarto. Importe
Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 3.307.400,00 € que será imputado da seguinte forma:
a) Concellos:
Destinarase un crédito total de 3.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.761.3 e código de proxecto 2015 00275, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025 e 2026, de acordo coa seguinte distribución:
|
Anualidade |
Importe |
|
2025 |
1.600.000,00 € |
|
2026 |
1.400.000,00 € |
|
Total |
3.000.000,00 € |
b) Federacións, asociacións de prazas de abastos e mercados e cooperativas de vendedores/as de prazas de abastos:
Destinarase un crédito total de 307.400,00 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.06.751A.781.1 e 14.06.751A.770.1, e código de proxecto 2015 00254 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, do seguinte xeito:
|
Entidade |
Aplicación |
Importe |
|
Federacións de asociacións de prazas de abastos |
14.06.751A.781.1 |
40.000,00 € |
|
Asociacións de prazas de abastos |
245.000,00 € |
|
|
Cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos |
14.06.751A.770.1 |
22.400,00 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde as 9.00 horas do día 12 de marzo de 2025.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
