DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15167

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural o Convento do Bon Xesús da Limia, situado en Trandeiras, municipio de Xinzo de Limia (Ourense).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro de 2025, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 13143, punto sexto, onde di:

«Sexto. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, que se comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que poidan ter interese examinen o expediente e aleguen o que consideren conveniente. A consulta realizaríase nas dependencias administrativas da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 3, piso 2, Santiago de Compostela, despois da correspondente petición da cita».

Debe dicir:

«Sexto. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, que se comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que poidan ter interese examinen o expediente e aleguen o que consideren conveniente. A consulta realizaríase nas dependencias administrativas da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 3, piso 2, Santiago de Compostela, despois da correspondente petición da cita».