Mediante a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2024 (DOG do 1 de xullo e BOE do 1 de outubro) convocáronse probas selectivas para cubrir vinte e cinco prazas na escala auxiliar (subgrupo C2) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 19 de novembro de 2024 (DOG do 27 de novembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 8 de abril de 2025, ás 9.00 horas, na Aula A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Norte (avenida do Burgo das Nacións, s/n, 15782 Santiago de Compostela).
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
