Unha vez recibida a proposta final do tribunal coas persoas candidatas que superaron o proceso selectivo e acreditado o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria precisos para o seu nomeamento como funcionarias de carreira, cómpre considerar:
Mediante a Resolución do 1 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15 de decembro, convocouse o proceso selectivo para cubrir dúas prazas como persoal laboral fixo do grupo I, da categoría de técnico/a superior de normalización lingüística, polo sistema de promoción interna e de acceso libre.
O 21 de decembro de 2021 publicouse a relación de postos de traballo (RPT) do persoal de administración e servizos (PAS) (Resolución do 2 de decembro), logo de negociación e acordo coa representación sindical do persoal laboral e funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, que unifica nunha as dúas RPTs preexistentes, unha do PAS sometido ao réxime laboral e outra do PAS regulado polo réxime funcionarial. Con este acordo, a totalidade do PAS da Universidade de Vigo pasou a figurar nunha única RPT que entrou en vigor, con efectos plenos o 1 de novembro de 2022, de acordo coa instrución da Xerencia do 31 de outubro de 2022.
De xeito paralelo ao proceso negociador da RPT, as mesmas partes negociaron e acordaron a funcionarización voluntaria do PAS laboral, así como o procedemento mediante o que acadala a través do Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos. No seu anexo II establece a correspondencia entre as categorías profesionais do PAS laboral e as novas escalas e subescalas de PAS funcionario, para os efectos da súa integración nelas; concretamente, a categoría de técnico superior de normalización lingüística integrouse na escala técnica superior de servizos xerais, subescala de normalización lingüística.
A continuación, convocáronse os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias desta universidade, mediante as resolucións do 10 de febreiro de 2022 (DOG do 22) e 10 de xaneiro de 2024 (DOG do 22). Estes procesos concluíron, respectivamente, mediante as resolucións do 27 de xullo de 2022 e do 8 de xullo de 2024, e procedeuse ao nomeamento do persoal que os superou.
Resulta así que, no período transcorrido entre a convocatoria das prazas (1 de decembro de 2021) e a resolución do proceso selectivo, modificouse a súa condición e réxime xurídico, que pasa de laboral a funcionarial.
Por conseguinte, considerando todo o exposto, a incorporación das persoas que superaron o proceso selectivo debe realizarse baixo o réxime de persoal funcionario e mediante o procedemento establecido no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Consecuentemente, constatado o cumprimento do previsto nas alíneas a) e b) do devandito artigo, consonte o disposto nas leis de función pública e de acordo coas atribucións que me confire a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23), do sistema universitario, e os estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría
RESOLVE:
Primeiro. Nomear as persoas que se relacionan funcionarias de carreira da escala técnica superior de servizos xerais, subescala de normalización lingüística, da Universidade de Vigo, con especificación do destino adxudicado:
Eva María Castro Figueiras, con DNI ***8174**,
|
CÓD. |
Denominación |
D |
CD |
CE |
FP |
SG |
Q |
C |
Escala |
Subescala |
R |
O |
|
36000 PF10341 |
Técnico/a de normalización lingüística |
1 |
23 |
826,58 |
C |
A1 |
M |
V |
Técnica superior de servizos xerais |
Normalización lingüística |
María Cristina Rodríguez Ricart, con DNI ***9201**,
|
CÓD. |
Denominación |
D |
CD |
CE |
FP |
SG |
T |
C |
Escala |
Subescala |
R |
O |
|
36000 PF10342 |
Técnico/a de normalización lingüística |
1 |
23 |
826,58 |
C |
A1 |
M |
V |
Técnica superior de servizos xerais |
Normalización lingüística |
|
COD.: código |
Q: quenda de traballo, M-mañá |
|
D: dotación |
C: campus, V-Vigo |
|
CD: complemento de destino |
R: requisitos |
|
CE: complemento específico |
O: observacións |
|
FP: forma de provisión, C-concurso |
|
|
SG: subgrupo de clasificación |
Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 20 de febreiro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
