BDNS (Identif.): 818119.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
– Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2022 (medida 13), das axudas da submedida 13.20, Outras áreas con limitacións naturais, recollidas no capítulo II do título III desta orde, só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (intervención 6613), das axudas da subintervención 6613.1, IU prima ZLN, recollidas no capítulo III do título III desta orde, só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.
– As novas concesións e o pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, recollidas no capítulo IV do título III desta orde, só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.
– Os pagamentos das axudas forestais do Programa de desenvolvemento rural 2014-2022 e do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, indicadas no capítulo V do título III desta orde, só se concederán:
• No caso da submedida 8.10 do Programa de desenvolvemento rural 2014-2022: prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, ás persoas que teñan concedida a prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais ao abeiro da Orde do 16 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
• No caso da submedida 8.20 do Programa de desenvolvemento rural 2014-2022: prima anual de mantemento asociada ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, ás persoas que teñan concedida a prima de mantemento ao abeiro da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.
• No caso da subintervención 6502.2 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027: compromisos de mantemento de forestacións, ás persoas que teñan concedido o compromiso de mantemento de forestacións ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025 os compromisos de mantemento de forestacións, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027.
• No caso das subintervencións 65021.05 e 65021.06 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027: compromisos de mantemento da certificación de servizos ecosistémicos, ás persoas que teñan concedido o compromiso de mantemento de certificación de servizos ecosistémicos ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) indicadas no artigo 2, do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2022 e do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), e convocar:
– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (Feaga), anualidade 2025:
Axuda básica á renda para a sustentabilidade.
Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade.
Axuda complementaria á renda para persoas agricultoras mozas.
Réximes en favor do clima, o ambiente e o benestar animal (ecorréximes), de acordo coas seguintes prácticas:
– Pastoreo extensivo.
– Illas de biodiversidade en superficies de pastos ou sega sustentable.
– Rotación de cultivos con especies mellorantes.
– Sementeira directa.
– Cuberta vexetal espontánea ou sementada.
– Cuberta inerte.
– Establecemento de illas de biodiversidade.
Axudas asociadas:
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de vacún de carne en extensivo.
– Axuda asociada para o engorde de tenreiros na explotación de nacemento.
– Axuda asociada para o engorde sustentable de tenreiros.
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca.
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún de carne en extensivo e semiextensivo.
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra.
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún en extensivo sen pastos, que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas.
– Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal.
– Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor ambiental.
– As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade 2025 das submedidas 8.10 e 8.20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2022).
– Os compromisos de mantemento de forestacións, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027 (solicitudes de pagamento da anualidade 2025 da intervención 6502.2, Compromisos de mantemento de forestación e sistemas agroforestais, subintervención 65022.01, Mantemento de forestacións ou repoboacións forestais).
– Os compromisos de servizos ecosistémicos, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027 (solicitudes de pagamento da anualidade 2025 da intervención 6502.1, Compromisos forestais de xestión, subintervencións 65021.05 e 65021.06, Certificación de servizos ecosistémicos).
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade 2025 da medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2022), submedida 13.20, Outras áreas con limitacións naturais.
– As axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas incluídas no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), subintervención 66130.04, IU prima ZLN.
– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC):
65012, Compromisos ambientais, climáticos e outros relacionados coa xestión.
65014, Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade.
65051, Compromisos de conservación de recursos xenéticos.
65013, Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sustentable de pastos.
6503, Compromisos de xestión agroambientais en agricultura ecolóxica.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D).
Cuarto. Contía
1. No que respecta aos réximes de axudas directas á agricultura e á gandaría recollidos no número 1 do artigo 2 desta orde, están financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fogga exercerá como intermediario na súa xestión, polo que, en aplicación da disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, en relación coa disposición derradeira segunda desa lei, na cal se establece o carácter permanente da disposición décimo oitava da dita lei, os expedientes correspondentes aos réximes indicados serán xestionados como operacións extraorzamentarias, conforme o sinalado no artigo 46.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Non obstante o anterior, todos os actos e documentos de xestión deses expedientes serán obxecto de fiscalización previa nos termos establecidos no artigo 95.1.a) do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
2. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no capítulo II do título III, cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión da axuda a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2022 realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga na aplicación orzamentaria 15.80.712B.772.1:
– 4.944.000,00 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, co código de proxecto 2016.00002, submedida 13.20, Outras áreas con limitacións naturais.
Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Feader.
3. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no capítulo III do título III, Axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas incluídas no Plan estratéxico da PAC 2023-2027, cofinanciadas segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión e o pagamento das axudas realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga na aplicación orzamentaria 15.80.712B.772.1:
– 11.538.462,00 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña, co código de proxecto 2025.00001, subintervención 66130.04, IU prima ZLN.
Estas axudas están cofinanciadas ao 65 % polo Feader.
4. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no capítulo IV do título III, cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o pagamento das axudas correspondentes á anualidade 2025 das intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 convocadas na campaña 2023 realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga na aplicación orzamentaria 15.80.712B.772.1:
|
Denominación |
Código proxecto |
Importe da anualidade 2025 (en €) |
|
Subintervención 65014.01: apicultura para a biodiversidade |
2023.00002 |
1.672.440,00 |
|
Subintervención 65051.01: razas autóctonas en risco de erosión xenética (SIXC) |
2023.00009 |
2.227.266,00 |
|
Subintervención 65051.02: variedades en risco de erosión xenética (SIXC) |
2023.00008 |
160.499,20 |
|
Subintervención 65012.07: leñosos |
2023.00015 |
176.114,00 |
|
Subintervención 65013.04: extensificación de prados |
2023.00004 |
10.868.327,80 |
|
Subintervención 65013.05: extensificación de pastos arbustivos e arborizados |
2023.00013 |
529.816,00 |
|
Subintervención 65013.06: convivencia co lobo |
2023.00014 |
3.187.225,50 |
|
Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos |
2023.00005 |
313.801,06 |
|
Liña: viñedos para vinificación ecolóxica |
2023.00006 |
23.157,96 |
|
Liña: gandaría ecolóxica |
2023.00012 |
6.411.432,43 |
|
Liña: apicultura ecolóxica |
2023.00011 |
323.310,00 |
|
Subintervención 65012.04: economía circular. Pequenas explotacións |
2023.00010 |
48.000,00 |
Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % polo Feader.
5. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no capítulo IV do título III, cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión das axudas para as anualidades 2025, 2026 e 2027 e o pagamento da anualidade 2025 das intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 convocadas na campaña 2025 realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga na aplicación orzamentaria 15.80.712B.772.1:
|
Denominación |
Código proxecto |
Importe da anualidade 2025 (€) |
Importe da anualidade 2026 (€) |
Importe da anualidade 2027 (€) |
|
Subintervención 65051.01: razas autóctonas en risco de erosión xenética (SIXC) |
2023.00009 |
300.000 |
300.000 |
300.000 |
|
Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos |
2023.00005 |
50.000 |
50.000 |
50.000 |
|
Liña: gandaría ecolóxica |
2023.00012 |
450.000 |
450.000 |
450.000 |
Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % polo Feader.
6. No que respecta aos réximes de axuda recollidos nas seccións 1ª e 2ª do capítulo V do título III desta orde, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), do PDR 2014-2022, o pagamento das axudas realizarase con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, nas seguintes aplicacións orzamentarias:
a) Aplicación 15.03.713B.770.0, C.P. 2016 00207, compromisos da anualidade 2025 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas á creación de superficies forestais (submedida 8.10), por un importe de seiscentos cincuenta e un mil cincocentos nove con cincuenta e nove (651.509,59) euros, co código de proxecto 2016 00207.
b) Aplicación 15.03.713B.770.0, C.P. 2016 00208, compromisos da anualidade 2025 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (submedida 8.20), por un importe de oitocentos catro (804,00) euros, co código de proxecto 2016 00208.
7. No que respecta aos réximes de axuda recollidos nas seccións 3ª e 4ª do capítulo V do título III desta orde, cofinanciados ao 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do PEPAC 2023-2027, a concesión e o pagamento das axudas realizarase con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, conforme se indica a seguir:
a) Aplicación 15.03.713B.770.0 2024 00105, compromisos de mantemento de forestacións da anualidade 2025 dunha prima para compensar os traballos forestais de coidado e mantemento posteriores á plantación, por un importe de novecentos sesenta mil (960.000) euros, co código de proxecto 2024 00105.
b) Aplicación 15.03.713B.770.0 2024 00101, compromisos de mantemento do certificado de servizos ecosistémicos da anualidade 2025, por un importe de cento vinte e catro mil novecentos sesenta e dous con sesenta (124.962,60) euros, co código de proxecto 2024 00101.
Quinto. Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2025, iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de abril de 2025, ambos incluídos.
Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 31 de maio de 2025, incluído.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
