Expediente: IN407A 2024/203-1.
Promotora: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (Udesa).
Proxecto: reforma CT A Tablilla 1.
Concello: Cerceda.
Feitos:
1. O día 11.6.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a calidade de subministración no lugar da Tablilla, parroquia de San Martiño de Rodís, concello de Cerceda, por mor dos aumentos de demanda previstos, proxéctase a substitución do centro de transformación de intemperie CT A Tablilla (IN407A 01/105-1) de 160 kVA de potencia, por un de tipo superficie compacto de 250 kVA, e a instalación dunha nova liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución, e a reconexión da rede de baixa tensión da contorna será obxecto doutro proxecto.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Reforma CT A Tablilla 1, asinado o día 29.4.2024 (visado 1108/24-CO do 29.4.2024) por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.233; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 26.11.2024.
• BOP: 29.10.2024.
• Xornal La Voz de Galicia: 30.10.2024.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 14.1.2025.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cerceda.
Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.
5. O 7 de febreiro de 2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar da Tablilla, parroquia de San Martiño de Rodís, concello de Cerceda, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS a 20 kV, de 40 m, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240 Al), con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 13 existente tipo HV-11/1600, no cal se instalará un pararraios/autoválvulas, e remate no CTC proxectado. Os condutores discorrerán soterrados en gabia de dimensións de entre 0,50 e 0,60 metros de ancho e de entre 1,00 e 1,20 metros de profundidade, canalizados no interior dun tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, e instalanse polo menos outro tubo das mesmas características que o anterior a modo de reserva e outro tubo de polipropileno de 125 mm de diámetro para comunicacións.
• Novo CT A Tablilla compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L (unha en reserva)+1P. Desmantelamento do CTI A Tablilla (IN407A 01/105-1).
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 12 de febreiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Proxecto: reforma CT A Tablilla 1.
Concello: Cerceda.
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Propietario/a |
Afección de pleno dominio (CT) |
LMT subterránea (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Ocupación temporal (m2) |
Natureza do terreo |
||
|
CT |
m2 |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Pebideira 15024A043003600000HR |
Hdros. de Jesusa Cerviño Mariño |
4 |
4 |
10 |
Rústico |
||
|
2 |
Pebideira 15024A043006190000HS |
Manuel Fernández García |
CT |
31 |
Rústico |
|||
