DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 15979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/049-1).

Expediente: IN407A 2024/049-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: LMTS, CT e RBTS. Lugar Aián, núm. 4.

Concello: Cambre.

Feitos:

1. O día 6.2.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de atender a petición de aumento de potencia dunha subministración eléctrica a 199 kW.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, CT e RBTS, asinado o día 17.1.2024 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, núm. colexiada 2.033 da Coruña. O 16.1.2025 presentan unha resposta como contestación a un requirimento, asinado por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, núm. colexiada 2.033 da Coruña.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cambre, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña, Consellería de Infraestruturas e Movilidade e AESA. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 7.2.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

– As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Aián núm. 4, no concello de Cambre e as súas características técnicas son as seguintes:

– Retirada do actual centro de transformación aéreo (CT AIAN (15AQ50), de 160 kVA de potencia), instalado sobre 2 apoios de formigón de tipo HV-1000/11 (a desmontar).

– Novo centro de transformación de 250 kVA de potencia en caseta prefabricada con envolvente de formigón, de tipo PFU, manobra interior 3L1P.

– Desmantelamento dun tramo de liña de media tensión aérea en condutor de tipo LA-30 nunha lonxitude de 30 metros, así como un apoio de formigón de tipo HV 1000/13.

– Novo tramo de liña soterrada de media tensión en condutor de tipo RHZ1-OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, que terá o seu inicio en empalmes que se van realizar en punto de acceso á rede existente e finalizará no mesmo lugar, unha vez entre e saia do CT proxectado, sendo o total de liña de media tensión soterrada proxectada de 696 m e discorrerá por nova canalización de 0,4 m de ancho e de entre 1, 1,20 e 1,40 m de profundidade.

– Desmantelamento dun tramo de liña de media tensión en condutor RHZ1-OL 12/20 kV 3x(1x95) mm2 Al, correspondente ao paso aéreo-soterrado de 13 m de lonxitude, así como do van de LA-30, de aproximadamente 10 m, situado entre o apoio HV-1000/13 (Mat: AGNEHP09//85-3) e o dobre apoio de formigón onde está o actual centro de transformación aéreo, que tamén serán retirados.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de paramenta eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 12 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña