DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 15912

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2025 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala de informática.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador do proceso selectivo convocado mediante a Resolución da Universidade de Vigo do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo, verificado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear a Luis Miguel González Fernández, con DNI ***8276**, funcionario de carreira da escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala de informática, con adxudicación do posto definitivo que se relaciona:

Código

Denominación do posto

Unidade

CD

SG

Q

C

02900 PF3270 13

Técnico/a informático

Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións

21

A2/C1

M

V

CD: complemento de destino.

Q: quenda; M: mañá.

SG: subgrupo de titulación.

C: campus; V: Vigo.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 60.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberase prestar acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como declarar o seu compromiso de exercer con imparcialidade as súas funcións.

Terceiro. De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, para tomar posesión a persoa deberá formular unha declaración expresa ou realizar a opción prevista na devandita lei.

Cuarto. A toma de posesión realizarase o día 10 de marzo de 2025.

Quinto. Se na data da toma de posesión se atopase de baixa por incapacidade temporal (IT), maternidade, paternidade ou risco durante o embarazo deberá solicitar a licenza ou permiso que resulte procedente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 26 de febreiro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo