DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións na Toxa.

Expediente: 560/2022.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Meaño, en sesión ordinaria do 10 de febreiro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións A Toxa-Meaño, de iniciativa pública municipal, que incorpora as previsións recollidas no informe ambiental estratéxico emitido polo órgano ambiental, nos termos que constan no expediente.

O referido Plan especial de infraestruturas e dotacións A Toxa-Meaño afecta dúas parcelas situadas no lugar da Toxa, na parroquia de Meaño, clasificadas como solo rústico apto para urbanizar no PXOM do Concello de Meaño e coas seguintes referencias catastrais: 36027A065000520000ME, 36027A065000970000MQ e 8194004NG1989S0000UL.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes e estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello https://concellodemeano.sedelectronica.gal/transparency

Terceiro. Suspender o outorgamento das licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para áreas ou usos determinados na área afectada pola aprobación do Plan especial, e que afecta as parcelas catastrais: 36027A065000520000ME, 36027A065000970000MQ e parte da 8194004NG1989S0000UL.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a devandita aprobación inicial, e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Cuarto. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Quinto. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial para que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial. Os informes sectoriais autonómicos terán que ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable».

O que se fai público para que durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida á exposición pública estará á disposición das persoas interesadas na Secretaría-Intervención do Concello de Meaño e no seguinte enderezo web do Concello https://concellodemeano.sedelectronica.gal/transparency/

Meaño, 11 de febreiro de 2025

Carlos Viéitez Fernández
Alcalde