DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial operario de servizos varios, iluminación.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 17, do 27 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases íntegras que rexerán o proceso selectivo para a provisión dunha praza de oficial/operario de servizos varios, iluminación incluída na oferta extraordinaria de emprego público do Concello de Nigrán para o ano 2022, como persoal funcionario.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.

Nigrán, 27 de xaneiro de 2025

Juan Antonio González Pérez
Alcalde