En cumprimento do disposto no artigo 15.1 e 15.2.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no enderezo electrónico https://mar.xunta.gal/gl/de-interese/novidades da listaxe de persoas beneficiarias das axudas directas de carácter extraordinario convocadas pola Resolución 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723A.470.0 e, posteriormente, 46.03.723A.470.0, de acordo coa Orde do 25 de abril de 2024, da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se regulan as actuacións orzamentarias e contables necesarias para a adaptación do orzamento á nova estrutura da Xunta de Galicia.
Ordenar, ademais, a publicación no Diario Oficial de Galicia da listaxe de persoas beneficiarias das ditas axudas directas de carácter extraordinario que superan o importe de 3.000,00 € por beneficiario.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
Marta Villaverde Acuña
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
Persoas beneficiarias da axuda que superan os 3.000,00 € por beneficiario
– Aplicación 15.03.723A.470.0.
|
NIF |
Persoa beneficiaria |
Importe axuda |
|
***8938** |
Antón Ocampo Álvarez |
3.327,50 € |
