A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2025, a través da Orde do 19 de decembro de 2024 as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2025).
O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, no artigo 8 da Orde do 19 de decembro de 2024 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
O artigo 9 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.
Así mesmo, o artigo 15 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 28 de febreiro de 2025, no cal se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.
2. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Requirimento de emenda de solicitudes
Convocatoria: Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).
Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2024.
Data do acto: 28 de febreiro de 2025.
Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.
Efectos: as entidades solicitantes que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Relación de expedientes:
|
Nº de expediente |
Solicitante |
NIF da entidade |
Documentación requirida |
|
BS320A 2025/025 |
Asociación Sobre Rodas |
G70224514 |
– Anexo I: debidamente cuberto con base no tipo de entidade solicitante, adaptar o número de persoas voluntarias ao indicado no artigo 2.5 e o importe da subvención solicitada ao artigo 6.5. – Proxecto de actividades: os perfís das persoas voluntarias sinalados non se corresponden co estipulado no artigo 6 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria. |
|
BS320A 2025/026 |
Club Piragüismo Ciudad de Lugo |
G27107176 |
– Anexo I: número de persoas voluntarias (artigo 2.5), número de días de actividade, número de horas por día, data de finalización do proxecto (artigo 2.3) e importe da subvención solicitada (artigo 6, números 4 e 5). – Proxecto de actividades: os perfís das persoas voluntarias sinalados non se corresponden co estipulado no artigo 6 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria. |
|
BS320A 2025/028 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b). – Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias. |
|
BS320A 2025/035 |
Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado |
P3604200J |
– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a). – Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b). |
|
BS320A 2025/039 |
Asociación O Son do Pobo |
G94017704 |
– Anexo I: indicar o número de persoas beneficiarias acorde co proxecto e revisar o orzamento solicitado acorde co artigo 6.4. – Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): engadir a identificación de problemas e o orzamento desagregado do custo das actividades. |
|
BS320A 2025/047 |
Asociación Sustinea |
G32422834 |
– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a). |
|
BS320A 2025/049 |
Asociación Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
– Anexo I: adaptar o número de persoas voluntarias ao indicado no artigo 2.5 e o importe da subvención solicitada ao artigo 6.4. – Proxecto de actividades (artigo 8.1.a). |
|
BS320A 2025/050 |
Asociación Amigas da Terra |
G32242422 |
– Anexo I e proxecto de actividades: aclarar a data de inicio do proxecto. |
|
BS320A 2025/056 |
Concello de Ponteceso |
P1506900H |
– Anexo I: indicar o número de persoas beneficiarias acorde ao proxecto. |
|
BS320A 2025/058 |
Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer |
G15681000 |
– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a). |
|
BS320A 2025/059 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a). |
