DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16847

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2025 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de marzo de 2025, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de marzo de 2025, co seguinte texto literal:

«Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ourense, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

missing image file