DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16845

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro de 2025, cómpre realizar as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 13549, no artigo 4, no segundo parágrafo, onde di: «Requisitos xerais: », debe dicir: «1. Requisitos xerais:».

Na páxina 13549, no artigo 4, no décimo parágrafo, onde di: «Requisitos en materia ambiental... », debe dicir: «2. Requisitos en materia ambiental...».

Na páxina 13561, no artigo 10, no segundo parágrafo, onde di: «O imposto de... », debe dicir: «a) O imposto de ...».

Na páxina 13567, no artigo 15, no sexto parágrafo, onde di: «As persoas solicitantes...», debe dicir: «2. As persoas solicitantes...».

Na páxina 13570, no artigo 16, no segundo parágrafo, onde di: «Se a persoa solicitante... », debe dicir: «a) Se a persoa solicitante...».

Na páxina 13571, no artigo 16, no oitavo parágrafo, onde di: «Proxecto para... », debe dicir: «b) Proxecto para...».

Na páxina 13573, no artigo 16.1.g), no segundo parágrafo, onde di: «No caso en que a titularidade estea sometida ao réxime de gananciais, exixirase escritura pública que recolla a autorización...», debe dicir: «No caso en que a titularidade estea sometida ao réxime de gananciais, exixirase documento público ou escritura pública que recolla a autorización...».

Na páxina 13576, no artigo 16.2, onde di: «No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das letras a), e), i), r), s) e t)... », debe dicir: «No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das letras a), e), i), q), r) e s) ...».