DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16841

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou para o ano 2025, a través da Orde do 18 de decembro de 2024, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2025).

O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 10 da Orde do 18 de decembro de 2024 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 20 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento o 28 de febreiro de 2025, en que se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, consideraranse desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2024.

Data do acto: 28 de febreiro de 2025.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades solicitantes que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o faceren, consideraranse desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508E 2025/004

Concello da Veiga

P3208400F

– Anexo IV (artigo 10.1.f).

BS508E 2025/008

Concello da Baña

P1500700H

– Anexo I: indicar o número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

– Proxecto de actividades (artigo 10.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

– Anexo II (artigo 10.1.d).

– Anexo III (artigo 10.1.e).

– Anexo IV (artigo 10.1.f).

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 10.1.b).

BS508E 2025/025

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

– Proxecto de actividades (artigo 10.1.a).

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 10.1.b).

BS508E 2025/032

Asociación Sustinea

G32422834

– Proxecto de actividades (artigo 10.1.a).

– Anexo II (artigo 10.1.d).

– Anexo III (artigo 10.1.e).

– Anexo IV (artigo 10.1.f).

BS508E 2025/033

Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

– Proxecto de actividades (artigo 10.1.a).

– Anexo II (artigo 10.1.d).

– Anexo III (artigo 10.1.e).

– Anexo IV (artigo 10.1.f).

BS508E 2025/034

Asociación Antonio Noche

G15210388

– Anexo I (artigo 6.3).

– Proxecto de actividades (artigo 10.1.a).

– Anexo II (artigo 10.1.d).

– Anexo III (artigo 10.1.e).

– Anexo IV (artigo 10.1.f).