DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16840

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221A).

Advertido un erro no anexo I da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 46, do 7 de marzo de 2025, cómpre efectuar a oportuna corrección.

Na páxina 16108, no cadro de «DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU XA PRESENTADA CON ANTERIORIDADE» debe engadírselle unha nova epígrafe:

«Certificado de exención de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso».