DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16836

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 26 de febreiro de 2025 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade B do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024.

Mediante a Orde do 28 de febreiro de 2024 (DOG do 13 de marzo) establécese o procedemento para a adxudicación de bolsas para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar certos estudos de formación profesional no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

O artigo 14 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se resolve cada unha das modalidades da convocatoria.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas correspondentes á modalidade B do programa ás persoas que se relacionan no anexo I desta orde. Así mesmo, estas listaxes publicaranse no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal).

A dotación, a contía, a distribución dos pagamentos e as condicións para a adxudicación das axudas serán as establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024.

Segundo. A publicación da listaxe de persoas beneficiarias terá os mesmos efectos que a notificación, segundo se establece no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Adxudicación de axudas do programa Retorna Talento FP 2024/25
(modalidade B)

– Adxudicación no ciclo superior de Deseño e Amoblamento no centro 15006754-CIFP Ferrolterra.

Apelidos

Nome

Belzarena Fernández

Juan Ignacio

Dovale Villasante

Ernesto

Gómez Silva

Yago

Lameiro González

Santiago Miguel

Manzano López

Marilina

Rodríguez de Oliveira

Carlos Alberto

Rodríguez Ríos

Laura Carolina

Storni Sala

Leonel Axel

Tuñón Muñoz

María Lucila

Villoch Silva

Ignacio Andrés

Visfer Balla

Sonia Gisele

– Adxudicación no ciclo superior de Proxectos de Edificación no centro 15024513-CIFP Someso.

Apelidos

Nome

Bértola López

Ignacio Miguel

Fernández Silva

Alter Luís

Ibarba Lawrynowicz

Fernando Hugo

Lage Rajmu

Romina Valeria

Lorenzo Castro

Erik Hernán

Novoa Márquez

Katty Josefina

Oliveira Caminha

Juliane

Pérez Díaz

María Elisa

Surribas Pérez

Matías Nahuel

Vázquez Neira

Alejandra

– Adxudicación no ciclo superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos no centro 32016285-CIFP de Vilamarín.

Apelidos

Nome

Avalos Mendoza

Andrés Miguel

Barral Piñeiro

Manuel

Calcada López

Octavio Valentino

Díaz Pirona

Jemima

Iglesias Leite

Atila

Lamas Marges

Paloma

Martínez Villamide

Diego Ignacio

Origoni Pouso

Natalia Antonella

Ortíz Martínez

Florencia Beatriz

Ovejero Solla

Agustina

Sánchez Constenla

Mª de los Reyes

Zurbano Cartelle

Melissa

– Adxudicación no ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia no centro 36019566-IES de Chapela.

Apelidos

Nome

Álvarez Gómez

Lucas Gabriel

Bueses Suárez

Cibrán

Freire Machado

Romina

Orrea Donadini

Diego Germán

Turnes Martín

Florencia Luciana

Varela Garrido

Rocío

Villaverde Conte

Agustina Florencia