DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16811

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto na letra h) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (código de procedemento PR486B).

A previsión constitucional de participación das facendas locais nos ingresos da Comunidade Autónoma realízase mediante o Fondo de Cooperación Local (FCL), convertido no instrumento central de colaboración e cooperación económico-financeira da Xunta de Galicia coas entidades locais, mediante o cal se dá cumprimento á obriga legal de achegar os medios suficientes para garantir a suficiencia financeira dos concellos da Comunidade Autónoma. A través deste fondo, coa consignación orzamentaria fixada anualmente na correspondente Lei de orzamentos, regúlase un modelo estable de participación dos concellos nos ingresos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cun novo incremento para 2025 respecto ao exercicio anterior, que se suma ás importantes subas do 67,63 % respecto de 2022 e do 24,08 % con relación a 2023, a dotación do fondo adicional ao FCL repártese en función dos criterios sinalados no artigo 60.catro da vixente Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025. Entre eles, a liña de financiamento sinalada na letra h) do dito artigo, destinada aos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, en función dos investimentos que teñan que realizar para mellorar a eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal.

A asignación destes recursos con destino aos investimentos sinalados na Lei anual de orzamentos foi acordada no marco da Subcomisión de réxime económico e financeiro da Comisión de Cooperación Local e vén significar que ata 278 concellos, é dicir, preto do 90 % dos concellos de Galicia, poderán recibir importantes asignacións procedentes da participación nos tributos da Comunidade Autónoma que dotan do fondo adicional o FCL, para o financiamento de actuacións que permitirán mellorar as condicións da prestación de servizos en áreas de competencia municipal.

Segundo sinala a Lei de orzamentos, a repartición do fondo adicional correspondente aos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, fixada na letra h) do artigo 60.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, realizarase en función dos criterios aprobados pola consellería competente en materia de administración local.

Xa que logo, constitúe o obxecto desta Orde establecer e precisar os criterios de repartición do citado fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local do ano 2025.

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de administración local, de conformidade co previsto no Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 101, do 27 de maio), sen prexuízo das demais competencias que legal e regulamentariamente teña atribuídas.

Para o exercicio das súas funcións conta, dentro da súa estrutura orgánica, coa Dirección Xeral de Administración Local, configurado no artigo 29 do mesmo Decreto 136/2024, do 20 de maio, como o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Xunta de Galicia en materia de administración local.

No exercicio das súas competencias, correspóndenlle a este centro directivo as relacións coas entidades locais, en particular a coordinación das políticas públicas en materia de administración local, xestión en materia de pacto local, a proposición das directrices en relación cos programas de cooperación e financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local, ou o fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución das subvencións destinadas a elas.

Polo exposto, de conformidade co establecido no xa citado Decreto 136/2024, do 20 de maio, e no número catro do artigo 60 da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o órgano competente para determinar os criterios de repartición da consignación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra h) do artigo 60.catro da dita lei, destinados a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, para a realización de investimentos de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde establece os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra h) do artigo 60.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (DOG núm. 251, do 31 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento de investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal.

Artigo 2. Destinatarios

1. Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do Padrón municipal de habitantes en 2024, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.

2. Para poderen acceder ás achegas do fondo adicional que se regulan nesta orde, os concellos deben ter remitido a conta xeral do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

Artigo 3. Dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local que se distribúe mediante esta orde ascende a un total de 5.000.000,00 €.

2. A distribución do importe realizarase en función dos criterios aprobados pola consellería competente en materia de administración local.

Artigo 4. Criterios de distribución

1. Establécese unha achega máxima inicial por concello que se asignará por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de administración local, logo da comprobación do cumprimento polos concellos destinatarios dos requisitos e condicións establecidos nesta orde, e de acordo co resultado da puntuación acadada polas solicitudes presentadas, que asignará a Comisión prevista no artigo 9 desta orde conforme os criterios de valoración dispostos nesta.

2. O importe máximo inicial da asignación por concello establécese en 60.000,00 €.

3. Non se sinala un límite para o orzamento total dos investimentos, pero en ningún caso o importe da achega destinada a cada concello poderá ser superior ao orzamento da obra a que se aplicará nin, de ser o caso, ao seu custo final.

4. De acordo co anterior, o órgano competente minorará a contía da achega final na cantidade que supere o custo orzado ou de execución da actuación, segundo proceda.

5. Sen prexuízo do previsto nas alíneas 1 e 2 deste artigo, de se produciren remanentes do fondo poderá incrementarse o importe máximo inicial das achegas mediante a súa redistribución entre todos os concellos destinatarios, sen que se supere o importe máximo total establecido na letra h) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos, recollido no artigo 3.1 desta orde.

En todo caso, esta redistribución de remanentes debe respectar os límites máximos por concello sinalados o número 3 deste artigo para que non se produza exceso de financiamento sobre o orzamento ou sobre o custo final do proxecto, segundo proceda.

6. Poden producir remanentes do fondo:

a) As minoracións nas achegas polo exceso sobre o custo da actuación.

b) As desistencias das solicitudes presentadas e as renuncias ás achegas asignadas.

c) As resolucións denegatorias por incumprimento dos requisitos ou condicións establecidos nesta orde para acceder á achega.

d) Calquera outra causa que poida dar lugar a unha cantidade non asignada, total ou parcialmente, a calquera dos concellos beneficiarios.

Artigo 5. Actuacións financiables

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde está destinada á realización de obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal que se destinen á prestación de servizos ou ao exercicio das súas competencias e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Será financiable a execución de obras que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, incluído o IVE.

b) Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo municipal aqueles relacionados co exercicio de calquera das competencias referidas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, coa prestación dos servizos incluídos no artigo 26.1 da mesma lei, ou coas competencias asumidas pola vía do artigo 27 da citada norma legal.

c) Son financiables os custos directamente relacionados cos investimentos que se efectúen, tales como honorarios profesionais de arquitectura e enxeñaría, ata un máximo do 12 % do investimento (IVE incluído).

d) Os proxectos serán completos e de fase única, susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

Artigo 6. Prazo e forma de presentación

1. Para poder recibir a achega regulada nesta orde, os concellos relacionados no anexo II presentarán unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local segundo o modelo que figura como anexo I.

2. Cada concello poderá presentar unha única solicitude que se corresponderá cun só proxecto, ben que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación.

Xa que logo, se o órgano tramitador observa que un concello presentou dúas ou máis solicitudes, poñerallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo. De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. Os concellos interesados deberán achegar co anexo I de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:

a) Certificado da persoa secretaria do concello, no cal faga constar o acordo do órgano competente da entidade local en virtude do cal se solicita a achega para as obras concretas que se pretenden executar ao abeiro desta orde e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e os demais requisitos establecidos na orde.

b) Memoria explicativa da actuación, asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa, que conterá toda a información necesaria para a valoración do proxecto conforme os criterios establecidos no artigo 10.

c) O proxecto das obras co seguinte contido mínimo:

a. Memoria do proxecto.

b. Orzamento detallado, desagregado no nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a prezo global.

c. Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas achega a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia dun documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento en cuestión ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Instrución e resolución

1. A Dirección Xeral de Administración Local será o órgano competente para a instrución do procedemento e poderá solicitar calquera documentación que considere necesaria para a correcta verificación da solicitude.

2. O defecto nas solicitudes notificarállelo ás entidades interesadas a Dirección Xeral de Administración Local e daráselles un prazo de dez días para emendaren os erros ou omisións, con indicación de que, de non o faceren así, se considerarán desistidas da súa petición, logo da resolución que se deberá ditar nos termos do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Rematado o prazo para a presentación das solicitudes, revisadas estas e a súa documentación e feitas as emendas necesarias, aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e conteñan a documentación preceptiva serán trasladados a unha comisión para que as valore de acordo cos criterios establecidos no artigo 10 desta mesma orde, co fin de elaborar unha proposta de asignación.

En ningún caso a proposta da Comisión poderá superar o importe fixado na letra h) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos xerais para 2025.

4. A Comisión de Valoración estará presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local e dela formarán parte os delegados e as delegadas territoriais da Xunta de Galicia ou persoas nas cales deleguen. Actuará como secretaria a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, ou unha persoa funcionaria da citada dirección xeral con nivel mínimo de xefe/a de servizo.

5. Unha vez que a Comisión realice a valoración das solicitudes presentadas de conformidade cos criterios de avaliación e repartición establecidos no artigo 10, da cal quedará constancia en acta motivada, a Dirección Xeral de Administración Local elevará proposta á persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, quen resolverá.

6. Contra esta resolución, as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda.

7. O prazo para resolver e notificar os procedementos iniciados en virtude desta orde será de tres meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O vencemento deste prazo máximo sen que sexa notificada a resolución lexitima os interesados para entenderen desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 10. Criterios de valoración

1. Na valoración das solicitudes presentadas a Comisión ponderará os seguintes aspectos, ata un máximo de 100 puntos:

1. O destino das actuacións valorarase ata un máximo de 40 puntos en función dos criterios que se sinalan a seguir:

a) Infraestruturas destinadas a actividades deportivas: 40 puntos.

b) Infraestruturas destinadas a servizos educativos e as dedicadas á prestación de servizos sociais, sanitarios e culturais: 30 puntos.

c) Infraestruturas destinadas á prestación doutros servizos: 25 puntos.

2. A natureza e o tipo do investimento ponderarase segundo os criterios que se indican, ata un máximo de 40 puntos:

a) Instalación de caldeiras alimentadas con enerxías renovables, e substitución, renovación ou mellora de cubertas en edificios ou instalacións dedicados a actividades deportivas para a mellora da eficiencia enerxética: 40 puntos.

b) Substitución, renovación ou mellora de elementos construtivos da envolvente térmica ou de instalacións eléctricas máis eficientes, incluídas as instalacións de iluminación: 25 puntos.

c) Substitución, renovación ou mellora do restos de elementos que melloren a eficiencia enerxética dos edificios: 15 puntos.

3. A necesidade específica das actuacións concretas que pretende abordar o proxecto puntuarase con base no contido da memoria presentada por cada entidade solicitante, ata un máximo de 20 puntos.

2. En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación sexa anterior, segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

Porén, naqueles supostos en que, ao abeiro do establecido no artigo 9 desta orde, se lles requirise aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou documentación presentada, entenderase por rexistro de entrada da solicitude presentada a data en que o dito requirimento estivese correctamente atendido.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Libramento dos fondos

1. Unha vez notificada a cada concello beneficiario a asignación do fondo e o seu importe, libraráselle a cantidade correspondente ao 80 % do total na conta da cal é titular a entidade local en que se realizan os ingresos mensuais do Fondo de Cooperación Local, sen prexuízo da posibilidade de reintegro prevista no artigo 14.4 desta orde.

2. O 20 % restante, ou a cantidade que corresponda en función da redistribución do remanente ou do custo final da actuación librarase no momento en que o concello acredite a correcta realización dos investimentos nos prazos e na forma establecidos no artigo 14 desta orde.

3. Os aboamentos das achegas efectuaranse directamente á entidade local na mesma conta en que se ingresan as achegas mensuais do Fondo de Cooperación Local.

Artigo 13. Obrigas das entidades locais

As entidades locais perceptoras deste fondo adicional asumen as seguintes obrigas:

1. Executar e xustificar o proxecto que constitúe o obxecto da achega, nos prazos e na forma que se establecen nesta orde.

2. Destinar os fondos que se perciban á execución do proxecto para o cal se asigna a achega do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, executar as actuacións que constitúen o seu obxecto e cumprir todas as condicións e obrigas recollidas nesta orde.

3. Tramitar o procedemento de contratación conforme a normativa de aplicación no ámbito local e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas; será a entidade local contratante a responsable directa das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

4. Xustificar, ante o órgano tramitador, a execución do proxecto e o seu custo real no prazo e na forma establecidos nesta orde e demais normativa de aplicación.

5. Reintegrar as cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a execución e xustificación do proxecto nesta orde e na restante normativa de aplicación.

b) Incumprimento da obriga de achegar a documentación acreditativa da aplicación dada aos fondos librados para a execución do proxecto nos prazos e na forma establecidos nesta orde.

c) Procederá o reintegro proporcional se o custo final debidamente xustificado do proxecto resulta inferior ao pagado. O eventual exceso de financiamento público calcularase tomando como referencia a proporción que a achega debe acadar respecto do custo total, de ser o caso.

d) No suposto de que se produza exceso de financiamento pola acumulación con subvencións ou axudas percibidas doutras entidades públicas ou privadas, reintegrarase a cantidade que supere o custo do proxecto.

e) O incumprimento da obriga de colocar unha placa publicitaria do financiamento do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local no lugar visible da execución do proxecto supoñerá o reintegro dunha cantidade equivalente ao 5 % do importe da achega asignada.

6. Comunicarlle ao órgano tramitador a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o proxecto. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Subministrarlle á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes toda a información que se lle requira en materia de transparencia, de acordo co establecido no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

8. Colaborar e facilitar canta documentación lle sexa requirida, no exercicio das funcións de control que lles corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ao Consello de Contas e ao Tribunal de Contas.

Artigo 14. Comprobación da aplicación dos fondos

1. Cada un dos concellos destinatarios deberá acreditar a aplicación dos fondos regulados nesta orde mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Acta de recepción definitiva das obras.

b) Certificado da Intervención municipal da toma de razón na contabilidade do gasto correspondente ao investimento realizado.

c) Certificado da persoa secretaria para facer constar o acordo do órgano municipal competente polo que se declara o cumprimento da finalidade para a cal se asignaron os fondos.

d) Fotografías do cartel informativo colocado no lugar das actuacións.

2. A data límite para a realización dos investimentos e a presentación da documentación xustificativa da aplicación dada aos fondos remata o 15 de novembro de 2025.

3. A Dirección Xeral de Administración Local poderá requirirlles ás entidades beneficiarias que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a correcta verificación da xustificación presentada e a comprobación da execución do investimento.

4. O transcurso do prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación, ou a súa presentación insuficiente ou incompleta, comportará a perda do dereito ao cobramento do libramento final e/ou dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro dos fondos percibidos, segundo o caso.

Artigo 15. Publicidade do financiamento

1. As entidades locais deberán dar publicidade do financiamento do proxecto pola Xunta de Galicia, de acordo coa imaxe corporativa oficial. As medidas de publicidade consistirán na colocación dun cartel publicitario que estará instalado nun soporte lexible e indeleble durante a execución do proxecto nun lugar visible e público, no modelo que se incorpora no anexo III a esta orde, no cal consten expresamente o financiamento da Xunta de Galicia e a referencia ao fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.

2. Se o proxecto comprende varias actuacións, a obriga de publicidade entenderase referida a cada unha delas.

Artigo 16. Compatibilidade con subvencións ou axudas

1. A achega económica do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local será compatible con outro financiamento destinado ao mesmo proxecto que proveña de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea e/ou organismos internacionais.

2. Porén, o importe da achega en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outro financiamento que proceda de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o orzamento do investimento, o importe de adxudicación ou, de ser o caso, o seu custo final.

Artigo 17. Réxime de recursos

Contra esta orde cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a orde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira

Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local a competencia para resolver os procedementos que se inicien en virtude desta orde, de conformidade co previsto no artigo 3 da Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería (DOG núm. 117, do 18 de xuño).

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file

ANEXO II

Concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes-Galicia 2024

(fonte: Instituto Galego de Estatística-Padrón municipal de habitantes)

Código

Concello

Poboación

27001

Abadín

2.217

15001

Abegondo

5.578

36020

Agolada

2.282

27002

Alfoz

1.523

32001

Allariz

6.410

32002

Amoeiro

2.399

27003

Antas de Ulla

1.822

15003

Aranga

1.799

36001

Arbo

2.636

15004

Ares

6.156

32003

Arnoia, A

970

15006

Arzúa

5.887

32004

Avión

1.727

36003

Baiona

12.380

27004

Baleira

1.120

32005

Baltar

853

32006

Bande

1.473

15007

Baña, A

3.291

32007

Baños de Molgas

1.504

27901

Baralla

2.455

32008

Barbadás

11.176

32009

Barco de Valdeorras, O

13.300

27005

Barreiros

3.030

36002

Barro

3.657

32010

Beade

366

32011

Beariz

949

27006

Becerreá

2.703

27007

Begonte

2.905

15008

Bergondo

6.986

15009

Betanzos

13.261

32012

Blancos, Os

716

32013

Boborás

2.199

15010

Boimorto

1.801

32014

Bola, A

1.091

32015

Bolo, O

792

15012

Boqueixón

4.200

27008

Bóveda

1.409

15013

Brión

8.197

36004

Bueu

11.837

27902

Burela

9.547

15014

Cabana de Bergantiños

4.098

15015

Cabanas

3.296

36005

Caldas de Reis

9.614

32016

Calvos de Randín

644

15016

Camariñas

5.098

36006

Cambados

13.752

36007

Campo Lameiro

1.697

36009

Cañiza, A

5.046

15018

Capela, A

1.182

32018

Carballeda de Avia

1.194

32017

Carballeda de Valdeorras

1.341

27009

Carballedo

2.044

32019

Carballiño, O

14.075

15901

Cariño

3.691

15020

Carnota

3.800

15021

Carral

6.775

32020

Cartelle

2.500

32022

Castrelo de Miño

1.292

32021

Castrelo do Val

951

32023

Castro Caldelas

1.238

27010

Castro de Rei

5.041

27011

Castroverde

2.497

36010

Catoira

3.268

15022

Cedeira

6.548

15023

Cee

7.740

32024

Celanova

5.727

32025

Cenlle

1.076

15024

Cerceda

5.085

36902

Cerdedo-Cotobade

5.705

15025

Cerdido

1.004

27012

Cervantes

1.187

27013

Cervo

4.184

32029

Chandrexa de Queixa

478

27016

Chantada

8.092

15027

Coirós

1.931

32026

Coles

3.172

15028

Corcubión

1.678

27014

Corgo, O

3.370

15029

Coristanco

5.744

32027

Cortegada

1.024

27015

Cospeito

4.213

36013

Covelo

2.422

36014

Crecente

1.938

32028

Cualedro

1.586

36015

Cuntis

4.515

15032

Curtis

4.181

15033

Dodro

2.620

36016

Dozón

985

15034

Dumbría

2.776

32030

Entrimo

1.079

32031

Esgos

1.102

15035

Fene

12.530

15037

Fisterra

4.704

27017

Folgoso do Courel

978

27018

Fonsagrada, A

3.116

36018

Forcarei

3.127

36019

Fornelos de Montes

1.637

27019

Foz

10.198

15038

Frades

2.163

27020

Friol

3.598

32033

Gomesende

664

36022

Grove, O

10.821

36023

Guarda, A

10.041

32034

Gudiña, A

1.186

27022

Guitiriz

5.122

27023

Guntín

2.529

36901

Illa de Arousa, A

4.849

27024

Incio, O

1.508

32035

Irixo, O

1.357

15039

Irixoa

1.326

36025

Lama, A

2.515

27026

Láncara

2.500

15041

Laracha, A

11.603

32038

Larouco

437

15040

Laxe

2.919

32039

Laza

1.164

32040

Leiro

1.481

32041

Lobeira

718

32042

Lobios

1.820

27027

Lourenzá

2.098

15042

Lousame

3.099

32043

Maceda

2.837

15043

Malpica de Bergantiños

5.267

32044

Manzaneda

798

15044

Mañón

1.223

32045

Maside

2.742

15045

Mazaricos

3.719

36027

Meaño

5.264

27029

Meira

1.756

36028

Meis

4.703

15046

Melide

7.734

32046

Melón

1.109

32047

Merca, A

1.916

15047

Mesía

2.383

32048

Mezquita, A

1.006

15048

Miño

6.946

15049

Moeche

1.200

36030

Mondariz

4.425

36031

Mondariz-Balneario

711

27030

Mondoñedo

3.352

15050

Monfero

1.818

32049

Montederramo

670

32050

Monterrei

2.397

27032

Monterroso

3.632

36032

Moraña

4.110

15051

Mugardos

5.195

32051

Muíños

1.418

27033

Muras

600

15053

Muros

8.184

15052

Muxía

4.380

27034

Navia de Suarna

979

15055

Neda

4.868

15056

Negreira

6.961

27035

Negueira de Muñiz

240

36034

Neves, As

3.678

27037

Nogais, As

942

32052

Nogueira de Ramuín

2.048

15057

Noia

14.092

36036

Oia

3.080

32053

Oímbra

1.711

15059

Ordes

12.772

15060

Oroso

7.757

15061

Ortigueira

5.418

27038

Ourol

985

27039

Outeiro de Rei

5.358

15062

Outes

6.049

15902

Oza-Cesuras

5.151

15064

Paderne

2.387

32055

Paderne de Allariz

1.352

32056

Padrenda

1.534

15065

Padrón

8.256

27040

Palas de Rei

3.267

27041

Pantón

2.340

32057

Parada de Sil

522

27042

Paradela

1.591

27043

Páramo, O

1.296

27044

Pastoriza, A

2.787

36037

Pazos de Borbén

3.002

27045

Pedrafita do Cebreiro

898

32058

Pereiro de Aguiar, O

6.731

32059

Peroxa, A

1.761

32060

Petín

861

15066

Pino, O

4.581

32061

Piñor

1.119

32063

Pobra de Trives, A

1.968

27047

Pobra do Brollón, A

1.619

15067

Pobra do Caramiñal, A

9.184

27046

Pol

1.542

36043

Ponte Caldelas

5.580

15068

Ponteceso

5.318

36044

Pontecesures

3.088

15069

Pontedeume

7.456

32064

Pontedeva

458

27048

Pontenova, A

2.124

15070

Pontes de García Rodríguez, As

9.782

32062

Porqueira

832

36040

Portas

2.781

15071

Porto do Son

9.064

27049

Portomarín

1.286

32065

Punxín

755

32066

Quintela de Leirado

594

27050

Quiroga

3.057

27056

Rábade

1.499

32067

Rairiz de Veiga

1.179

32068

Ramirás

1.508

15072

Rianxo

10.748

32069

Ribadavia

4.936

27051

Ribadeo

9.978

36046

Ribadumia

5.212

27052

Ribas de Sil

904

27053

Ribeira de Piquín

492

32071

Riós

1.407

27054

Riotorto

1.179

36047

Rodeiro

2.244

15074

Rois

4.395

36048

Rosal, O

6.509

32072

Rúa, A

4.223

32073

Rubiá

1.390

36049

Salceda de Caselas

9.430

36050

Salvaterra de Miño

10.471

27055

Samos

1.198

32074

San Amaro

1.039

32075

San Cibrao das Viñas

5.718

32076

San Cristovo de Cea

1.989

15076

San Sadurniño

2.733

32070

San Xoán de Río

518

32077

Sandiás

1.113

15077

Santa Comba

9.319

15079

Santiso

1.453

32078

Sarreaus

1.069

27057

Sarria

13.459

27058

Saviñao, O

3.488

36052

Silleda

8.870

27059

Sober

2.129

15080

Sobrado

1.754

15081

Somozas, As

1.068

36053

Soutomaior

7.584

27060

Taboada

2.601

32079

Taboadela

1.488

32080

Teixeira, A

326

32081

Toén

2.333

36054

Tomiño

13.782

15083

Toques

1.070

15084

Tordoia

3.181

15085

Touro

3.387

27061

Trabada

1.083

32082

Trasmiras

1.220

15086

Trazo

2.979

27062

Triacastela

609

15088

Val do Dubra

3.734

27063

Valadouro, O

1.906

15087

Valdoviño

6.857

36056

Valga

5.671

15089

Vedra

4.942

32083

Veiga, A

887

32084

Verea

955

32085

Verín

13.798

32086

Viana do Bolo

2.736

27064

Vicedo, O

1.589

36059

Vila de Cruces

5.033

36058

Vilaboa

5.869

27065

Vilalba

13.787

32087

Vilamarín

1.854

32088

Vilamartín de Valdeorras

1.822

36061

Vilanova de Arousa

10.225

32089

Vilar de Barrio

1.199

32090

Vilar de Santos

795

32091

Vilardevós

1.662

32092

Vilariño de Conso

510

15091

Vilarmaior

1.252

15090

Vilasantar

1.229

15092

Vimianzo

6.808

27021

Xermade

1.698

32032

Xinzo de Limia

9.632

27025

Xove

3.327

32036

Xunqueira de Ambía

1.352

32037

Xunqueira de Espadanedo

673

15093

Zas

4.261

ANEXO III

Medidas de publicidade

missing image file