Advertida a omisión, na páxina 16186, do parágrafo da posición sexta da referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 46, do 7 de marzo de 2025, cómpre realizar a súa publicación:
«Sexto. De conformidade coa base II.1.1.2, respecto ao segundo exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, o Celga 2 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga 2 ou o título equivalente debidamente homologado e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal».
Na mesma páxina, onde di: «Sexto. De acordo co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria…», debe dicir: «Sétimo. De acordo co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria…».
