DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17281

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2025 de nomeamento, como persoal laboral fixo, da persoa aspirante que, por orde de puntuación, e tras a renuncia do candidato nomeado mediante a Resolución do 12 de decembro de 2024, superou o proceso selectivo extraordinario de estabilización, convocado por esta fundación e derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas de persoal laboral referenciadas no anexo do Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria das prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022, corrección de erros Diario Oficial de Galicia número 29, do 10 de febreiro de 2023).

De conformidade co sinalado no punto V.2. das bases aprobadas mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2023, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro de 2022, sobre convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas de persoal laboral referenciadas no anexo do Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria das prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia:

«Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal ou comisión de selección publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal laboral fixo».

O 15 de setembro de 2023, o tribunal de selección aprobou resolución relativa á relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación, e propón á directora xerente o nomeamento das persoas que figuran no anexo I como persoal laboral fixo da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

En relación co posto 2 de «Técnico especialista en servizos educativos e mediación», numeración que figura na Resolución do 12 de decembro de 2024 (publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 8 de xaneiro de 2025), o aspirante seleccionado para ese posto, dentro do prazo sinalado (un mes desde a o día seguinte ao da publicación), non presentou, tal e como sinalaba a base III.4 da convocatoria, a documentación acreditativa prevista, nin formalizou o contrato laboral coa Fundación, sen que existan causas de forza maior xustificadas polo candidato.

De acordo coa amentada base III.4 «para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal laboral fixo».

A orde de puntuación das persoas candidatas ao posto «Técnico especialista en servizos educativos e mediación» figura na resolución da Comisión de Valoración do 24 de xullo de 2023 pola que se aproba e se fai pública, a través da páxina web da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, na ligazón: https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal, a baremación definitiva da fase do concurso de méritos.

Polo anteriormente exposto, a directora xerente, no uso das facultades sinaladas nas bases, considerando a proposta realizada polo tribunal de valoración, e que o número non supera o de prazas convocadas, acorda:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo da Fundación Cidade da Cultura de Galicia a persoa que, por orde de puntuación para o posto «Técnico especialista en servizos educativos e mediación», atendendo á resolución da Comisión de Valoración do 24 de xullo de 2023, figura no anexo I da presente resolución.

Segundo. A persoa nomeada como persoal laboral fixo disporá dun prazo dun mes para a formalización do contrato laboral. O prazo comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para asegurar a cobertura das vacantes, de producirse renuncia por parte da persoa seleccionada, o órgano convocante poderá requirir, por orde de puntuación, as persoas seguintes para a formalización dos contratos laborais.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición, ante o propio órgano convocante, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 39/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANEXO I

Nomeamento como persoal laboral fixo. Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021. Fundación Cidade da Cultura de Galicia

– Posto de técnico/a especialista en servizos educativos e mediación.

Número

NIF

Apelidos e nome

2

***4566**

Fernando Ocampo González