De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG nº 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante un ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI/CIF Denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Importe da sanción |
|
Sanc. 12-19-24-44 9873-DNT Policía local |
32810519F |
Estacionamento prohibido 24.8.2024 11.23 horas Laxe A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-669 0542-BRP PAFIF |
52450157Z |
Estacionamento prohibido 20.7.2024 12.01 horas Ribeira A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-672 8279-DVN Garda civil |
33230639D |
Estacionamento prohibido 20.7.2024 12.04 horas Ribeira A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-699 6568-JFW Gardapeiraos |
33272017X |
Estacionamento prohibido 31.7.2024 19.32 horas Ribeira A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-719 T-3247-BF PAFIF |
53484700V |
Estacionamento prohibido 28.7.2024 11.43 horas Ribeira A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-17-24-23 8465-MJG Garda civil |
B-94093481 |
Estacionamento prohibido 28.8.2024 6.45 horas Bueu Pontevedra |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-18-24-05 8968-GLZ Garda civil |
44058997J |
Estacionamento prohibido 30.8.2024 16.10 horas Beluso-Bueu Pontevedra |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-35-24-89 9374-DKT Policía autonómica |
35236024R |
Estacionamento prohibido 19.9.2024 10.13 horas As Corbaceiras Pontevedra |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-38-24-57 1530-KJJ Garda civil |
40455241N |
Estacionamento prohibido 20.7.2024 19.40 horas Cobres-Vilaboa Pontevedra |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
