DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2025 Páx. 17460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2025 pola que se corrixe un erro na Resolución do 20 de xaneiro de 2025 pola que se aproba modificar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sanxenxo (Pontevedra).

Advertido un erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 4 de febreiro de 2025 pola que se aproba modificar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Sanxenxo (Pontevedra), cómpre realizar a oportuna corrección no sentido de facer constar o réxime de recursos que caben contra a dita resolución, de xeito que o contido dispositivo desta queda como se indica:

«Unha vez visto o informe da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia, do 13 de decembro de 2024, sobre o trámite da proposta da modificación da DEUP, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, así como co acordo do seu Consello Reitor, do 18 de decembro de 2024, que dá a conformidade á proposta da modificación da DEUP do porto de Sanxenxo e a eleva e propón para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación do conselleiro do Mar conferida pola Orde do 15 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de febreiro de 2022,

RESOLVE:

Aprobar a modificación do documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sanxenxo (Pontevedra), datado en novembro de 2024 na súa última versión e asinado polos enxeñeiros de camiños, canais e portos Andrés D. Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria de Portos de Galicia, e Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria da dita entidade pública.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia