Visto que non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20240397TACO incoado a 32774042P, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en diante LPACAP, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, 4º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante o Departamento Territorial nun prazo non inferior a dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.
A Coruña, 6 de marzo de 2025
Cristina Pérez Fernández
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 20240397TACO.
DNI/NIF/CIF: 32774042P.
Último enderezo coñecido: rúa Riotorto, 1, porta 8, 15145 A Laracha.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.
