O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM e do PE-1 no ámbito da parcela EM-FE (O Espiño), formulada polo Concello de Santiago, segundo o proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais de Planeamento en xaneiro de 2025.
Consonte o disposto nos artigos 85 e 129 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, a modificación implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, da parcela catastral 6780421NH3468B0001JI, con destino ao sistema xeral de dotacións públicas.
Segundo. O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir a modificación do PXOM no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
Consonte o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da Consellería.
Terceiro. O acordo de aprobación definitiva notificarase persoalmente á titular catastral da parcela 6780421NH3468B0001JI e á alegante Arquitectos Asociados Taller, S.A. A esta última daráselle tamén traslado do acordo de aprobación provisional e do informe técnico emitido sobre a súa alegación.
Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do PXOM e do PE-1, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2025
A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica
