A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de agosto de 2020, aprobou inicialmente o Plan parcial S.U.D. P.I.C.-1 Searas. Unha vez finalizado o trámite de exposición pública durante o prazo de dous meses, iniciado mediante anuncio inserido no taboleiro de anuncios electrónico municipal e no DOG número 194, do 24 de setembro.
O Pleno do Concello de Marín, na sesión ordinaria que tivo lugar o 13 de febreiro de 2025, unha vez admitidas e desestimadas as alegacións, aprobou definitivamente o Plan parcial S.U.D. P.I.C.-1 Searas.
Publícase a aprobación definitiva en cumprimento do disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).
O contido íntegro do documento aprobado poderase consultar na seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/Uploads/PXOM/PLAN_PARCIAL_SUD_PIC1.zip
Marín, 20 de febreiro de 2025
María Ramallo Vázquez
Alcaldesa
