A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria xustifícase pola necesidade de adaptala aos cambios introducidos polo Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
Cómpre destacar tamén que os postos afectados por esta modificación se crean nas relacións de postos de traballo vixentes, actualmente en proceso de adaptación aos cambios efectuados polos recentes cambios de decretos de estrutura.
En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de marzo de 2025, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Clasificar como de libre designación os postos que a seguir se relacionan, en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para tramitar as relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:
|
Código do posto |
Denominación |
Criterio |
|
EC.201.00.000.15770.040 |
XEFATURA DE SERVIZO DE APOIO TÉCNICO |
Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo. |
|
EC.301.00.000.15770.010 |
XEFATURA DE SERVIZO DE COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA |
Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo. |
|
EC.301.00.000.15770.020 |
XEFATURA DE SERVIZO DE SEGUIMENTO E OFICINA TÉCNICA |
Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo. |
Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de marzo de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG número 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
