De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e o Consello Consultivo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,
RESOLVO:
Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Primeira. Requisitos do persoal participante
1. Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as das entidades locais e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e da Administración institucional do sector público autonómico de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas da Comunidade Autónoma, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
3. Ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 26 de marzo inclusive.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35, 981 54 62 53 e 981 54 62 54 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo e incluirá os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico xestion.egap@xunta.gal
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e incluir os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Quinta. Criterios de selección
1. Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo, e DOG núm. 148, do 4 de agosto).
2. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2025 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), comezarase pola letra F.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e o seguimento das actividades de teleformación
1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas e rematará tres días antes do inicio da actividade formativa.
Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
– Por razóns de conciliación familiar.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
3. Seguimento das actividades de teleformación.
As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá, en primeiro lugar, realizar todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar na proba de avaliación final. En segundo lugar, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará en liña ao final dela.
Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP e do Consello Consultivo de Galicia
1. A EGAP e o Consello Consultivo de Galicia poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as contixencias que poidan xurdir.
2. No suposto de que o número de admitidos/as a algunha actividade sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e o Consello Consultivo de Galicia resérvanse o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
3. A EGAP e o Consello Consultivo de Galicia garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
|
Código |
Denominación |
Persoal destinatario |
Prazas |
Horas |
Modalidade |
Data de inicio |
Data de remate |
Data e hora do exame final en liña |
|
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||||||
|
CV25004 |
A función consultiva do Consello Consultivo de Galicia |
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega, das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga, así como persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais. |
50 |
33 |
Teleformación |
29.4.2025 |
2.6.2025 |
6.6.2025 |

16.9.2025 |
16.10.2025 |
20.10.2025 |
|
CV25005 |
A intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública |
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga, e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo) dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais. |
50 |
30 |
Teleformación |
24.4.2025 |
24.5.2025 |
28.5.2025 |

9.9.2025 |
9.10.2025 |
14.10.2025 |
|
CV25006 |
A responsabilidade patrimonial por razóns de carácter urbanístico. Os supostos indemnizatorios |
Habilitados nacionais e empregados públicos da Administración local galega, dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes. |
50 |
24 |
Teleformación |
26.5.2025 |
19.6.2025 |
23.6.2025 |

23.9.2025 |
17.10.2025 |
22.10.2025 |
|
CV25007 |
A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística |
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga. Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais. |
50 |
24 |
Teleformación |
6.5.2025 |
31.5.2025 |
4.6.2025 |
|
CV25007 |
A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística |
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración Pública Autonómica de Galicia, da Administración institucional galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga. Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais. |
50 |
24 |
Teleformación |
14.10.2025 |
7.11.2025 |
12.11.2025 |
|
CV25008 |
Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais |
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega, das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga. Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais. |
50 |
30 |
Teleformación |
22.4.2025 |
22.5.2025 |

24.9.2025 |
24.10.2025 |
29.10.2025 |
|
CV25009 |
Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral |
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga. Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais. |
50 |
21 |
Teleformación |
2.6.2025 |
23.6.2025 |
27.6.2025 |

6.10.2025 |
27.10.2025 |
30.10.2025 |
|
CV25010 |
O procedemento de responsabilidade patrimonial: irregularidades, defectos e cuestións prácticas |
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga, e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais. |
50 |
24 |
Teleformación |
19.5.2025 |
12.6.2025 |
16.6.2025 |

21.10.2025 |
14.11.2025 |
19.11.2025 |
|
CV25011 |
Os recursos administrativos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |

12.5.2025 |
1.6.2025 |
5.6.2025 |

17.11.2025 |
20.11.2025 |