DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Outeiro Grande e Campo, no concello de Montederramo.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Outeiro Grande e Campo, pertencente á CMVMC de Retorta, no concello de Montederramo, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 8.8.2024, a CMVMC de Retorta presentou unha solicitude (Rexel núm. 2024/2402650) de revisión do esbozo do MVMC Outeiro Grande e Campo, no concello de Montederramo.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da asemblea xeral do 5.8.2024.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable, o día 12 de setembro de 2024, en relación coa citada solicitude. O expediente de revisión do esbozo inclúe a totalidade do perímetro, que estrema exclusivamente con propietarios privados particulares.

A configuración espacial do monte, despois da revisión, varía de forma significativa no caso do predio principal do monte, coñecido como Outeiro Grande, alargándose sensiblemente en dirección SO-SE, en coherencia coa propia configuración das parcelas núm. 489 do pol. 3 e 82 do pol. 14.

A superficie do MVMC Outeiro Grande e Campo, unha vez modificado o esbozo, sería de 23,59 ha fronte ás 19 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 24,2 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Outeiro Grande e Campo.

Consideración legal e técnica:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e cos fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 12 de setembro de 2024, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 17 de febreiro de 2025:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo do MVMC Outeiro Grande e Campo, pertencente á CMVMC de Retorta, no concello de Montederramo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 10 de marzo de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

missing image file