A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifica os artigos 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser persoas candidatas á dirección e o procedemento de selección. No artigo 134.1.c) establécese que as administracións educativas poderán considerar como requisito a formación a que se refire o número 6 do artigo 135, opción que se recolle nesta orde.
No artigo 133 establécese que a selección e nomeamento das direccións nos centros públicos se efectuará mediante concurso de méritos entre o persoal docente de carreira que imparta algunha das ensinanzas encomendadas ao centro, e que se realizará de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.
A selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establécese no Decreto 222/2022, do 7 de decembro (DOG número 7, do 11 de xaneiro de 2023), que derroga o Decreto 29/2007.
Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2024/25 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.
Na súa virtude, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional,
ACORDA:
Artigo 1. Convocatoria
Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I desta orde.
A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.
Artigo 2. Requisitos para ser persoa candidata á dirección
2.1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional deberán reunirse os seguintes requisitos:
a) Ser persoal funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluído o corpo para extinguir de profesores técnicos de formación profesional.
b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente con nomeamento nun dos corpos a que se fai referencia no parágrafo anterior.
c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.
d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e depender organicamente desta. Tamén poderán presentarse aquelas persoas en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares ou en excedencia voluntaria, sempre que se estivese nunha destas situacións por resolución da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e en 1 de xullo de 2025 se reúnan os requisitos para reingresar no servizo activo.
e) Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva impartido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ou polas administracións educativas das restantes comunidades autónomas con validez en todo o territorio nacional.
Será, así mesmo, válida a superación dos cursos organizados por persoas físicas ou xurídicas determinadas por unha Administración educativa, sempre que conste expresamente que foron autorizados para os efectos establecidos no artigo 135.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Estarán exentas de acreditar a superación deste programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva as persoas que acrediten unha experiencia de polo menos catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos con avaliación positiva do seu traballo.
f) Presentar un proxecto de dirección nos termos previstos no artigo seguinte.
2.2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro público específico de educación infantil, dun centro incompleto de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b), c) e e) da epígrafe 2.1 deste artigo.
2.3. Todos os requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
2.4. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que preste servizo nos centros que imparten ensino secundario obrigatorio poderá optar á dirección dos centros docentes en que se imparte o dito nivel educativo, sempre que cumpra os requisitos sinalados nas epígrafes anteriores.
Así mesmo, de conformidade co establecido no número 2 da disposición adicional cuarta do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, poderá presentarse o persoal docente do corpo de mestres das especialidades de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe que desempeñase funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos e reúna os restantes requisitos sinalados nas epígrafes anteriores.
Artigo 3. Solicitudes e documentación
3.1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da provincia correspondente, e poderase descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web https://www.edu.xunta.gal/cxt (anexo III).
Xunto coa solicitude achegarase, ademais:
a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II desta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.
b) Documentación acreditativa de ter superado o curso de formación, ou o curso de actualización, sobre o desenvolvemento da función directiva, agás que xa conste na base de datos de persoal.
c) O proxecto de dirección que inclúa, polo menos, unha presentación e fundamentación do proxecto, os obxectivos, os plans e as liñas de actuación e a avaliación deste. O proxecto de dirección deberá estar orientado a lograr o éxito escolar de todo o alumnado e deberá incluír, entre outros, contidos en materia de igualdade entre mulleres e homes, non discriminación e prevención da violencia de xénero. De solicitarse máis dun centro deberá presentarse un proxecto específico de dirección para cada centro.
O proxecto de dirección non excederá de 30 páxinas DIN A4, sen contar portada e contraportada, nun tipo de letra Arial ou Xunta Sans, tamaño de letra 12, espazo entre liñas 1,5.
3.2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande, ata un máximo de dúas.
3.3. Así mesmo, o persoal participante no concurso de méritos remitiralle ao centro ou centros docentes que solicite unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición das persoas membros do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a Dirección do centro.
No taboleiro de anuncios do centro exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.
3.4. A solicitude de participación xerada previamente na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación a que se alude na epígrafe 3.1, presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A) e dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da provincia correspondente. Cómpre sinalar que para acceder a este servizo é preciso dispor dun certificado electrónico ou Chave365.
No suposto de participar no concurso a dous centros, presentarase unha solicitude por cada un deles.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3.5. As persoas aspirantes serán responsables da veracidade da documentación achegada e, conforme se indica no formulario da solicitude, declararán que esa documentación é copia fiel dos orixinais que figuran no seu poder, sen prexuízo da posibilidade por parte da Administración de requirirlles en calquera momento a documentación orixinal. No caso de inexactitude, falsidade ou omisión en calquera dato ou documento achegado, isto comportará a perda do dereito á participación neste proceso, con independencia das responsabilidades que procedan, conforme dispón o artigo 69.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3.6. Unicamente se terán en conta aqueles méritos debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do establecido no artigo 4.2 desta orde.
Os méritos achegados para a súa valoración deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes e emenda
4.1. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
4.2. Agás a presentación do proxecto de dirección, se a restante documentación achegada non reúne os requisitos exixidos na presente orde, a Comisión de Selección requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou achegue os documentos preceptivos no prazo de dez (10) días hábiles desde a súa notificación, e coa indicación de que, se así non o fixer, non serán tidos en conta ou, de ser o caso, realizarase a declaración de desistencia.
Artigo 5. Comisión de Selección
5.1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que terá como sede a localidade e local que decida a súa Presidencia e que terá a seguinte composición:
a) Dúas persoas pertencentes ao corpo de Inspección Educativa, designadas pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, unha das cales exercerá a presidencia da Comisión.
b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel no cal se desenvolve o procedemento de selección, cun ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado/a pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
c) Tres profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.
d) Tres membros non docentes do Consello Escolar elixidos polo propio Consello Escolar. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.
5.2. Os alumnos e alumnas que, se é o caso, sexan nomeados como representantes do Consello Escolar terán que estar matriculados nun curso non inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.
5.3. En ningún caso as persoas candidatas á dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.
5.4. Designarase unha persoa suplente de cada persoa integrante da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación, que actuará en substitución da persoa titular cando exista causa xustificada que impida a actuación desta.
5.5. Ás persoas integrantes da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
5.6. A Dirección do centro comunicará para o seu nomeamento as persoas representantes do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Comisión de Selección ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dos cinco (5) días hábiles seguintes ao de remate do prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 4 desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.
5.7. A non elección das persoas representantes do Claustro de Profesores e do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.
5.8. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.
Artigo 6. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos
1. Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non lle permita ao Claustro de Profesores elixir tres persoas de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:
a) Unha persoa pertencente ao corpo de Inspección Educativa designada pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que exercerá a presidencia.
b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel en que se desenvolve o procedemento de selección, cun ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado pola persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de educación.
c) Dous profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión.
d) Dous membros non docentes do Consello Escolar elixidos polo propio Consello Escolar.
2. Composición excepcional da Comisión de Selección.
De xeito excepcional, cando non sexa posible nomear a Comisión de Selección de acordo co establecido no punto primeiro deste artigo, por non poder nomear dúas persoas integrantes do profesorado do centro por mor das candidaturas presentadas, a composición será a seguinte:
a) Unha persoa pertencente ao corpo de inspección educativa designada pola persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de educación, que exercerá a presidencia.
b) Un profesor do centro elixido polo Claustro de Profesores, que será o secretario da Comisión.
c) Un membro non docente do Consello Escolar elixido polo propio Consello Escolar.
Artigo 7. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento
7.1. Recibidas as solicitudes dirixidas ao departamento territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou exclusión da súa petición.
7.2. Contra a exclusión da solicitude, o persoal aspirante poderá presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora no prazo de cinco (5) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.
7.3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada persoa aspirante con destino no centro e, se for o caso, das persoas candidatas que non o teñen, de acordo co baremo que se publica como anexo II desta orde.
7.4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura, se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuárllela a todas e cada unha das persoas candidatas.
7.5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todas as persoas membros presentes da Comisión, que deberán deixar constancia por escrito da cualificación outorgada. Cando entre as puntuacións outorgadas polas persoas membros da Comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.
7.6. A Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios do centro educativo a puntuación provisional das persoas candidatas á dirección. Contra esta puntuación poderá presentarse reclamación ante a propia Comisión no prazo de cinco (5) días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
7.7. Cada persoa membro da Comisión elaborará un sucinto informe xustificativo da súa cualificación do proxecto de dirección.
Artigo 8. Selección do director ou directora
8.1. Unha vez transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polo persoal aspirante e seleccionará a persoa candidata que proporá como director ou directora do centro, para o seu nomeamento polo Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
8.2. Para poder ser seleccionada e nomeada para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.
8.3. A selección realizarase considerando primeiro as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non superen a puntuación mínima no proxecto de dirección, a Comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.
8.4. No caso de se produciren empates na puntuación total das persoas aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:
a) Maior puntuación no proxecto de dirección.
b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.
c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.
8.5. Se unha persoa candidata resulta seleccionada para dous centros, nomearase no centro en que teña destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeada no centro polo cal opte, e seleccionarase e nomearase no centro non elixido outra persoa aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.
Artigo 9. Recursos
Contra a decisión da Comisión de Selección, que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección da dirección do centro, poderase interpor recurso de alzada no prazo dun (1) mes, ante o departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Artigo 10. Nomeamento
10.1. A persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nomeará director ou directora do centro a persoa proposta pola Comisión de Selección.
10.2. Os nomeamentos dos directores ou das directoras terán efectos do 1 de xullo de 2025 e por unha duración de catro anos, prorrogables por períodos de igual duración, ata un máximo de tres mandatos, logo de avaliación positiva do traballo desenvolvido ao final destes, oído o Consello Escolar.
10.3. Cando o nomeamento recaia nun funcionario ou funcionaria que non teña destino definitivo no centro, o nomeamento implicará a concesión dunha comisión de servizos.
Artigo 11. Nomeamento con carácter extraordinario
Nos supostos de ausencia de persoas candidatas, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningunha persoa candidata, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, oído o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos no artigo 2 desta orde, agás as letras e) e f).
A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 2.1.e) desta orde, agás que xa a posúa ou estivese exenta da súa realización.
Disposición adicional primeira. Impugnación da orde
Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, no prazo de dous (2) meses, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
Centros con praza vacante de dirección para o curso 2025/26
|
Código |
Centro |
Concello |
Provincia |
|
15020969 |
CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro |
A Capela |
A Coruña |
|
15021627 |
CEIP Emilia Pardo Bazán |
A Coruña |
A Coruña |
|
15021548 |
CEIP Sal Lence |
A Coruña |
A Coruña |
|
15026421 |
IES Plurilingüe Rafael Dieste |
A Coruña |
A Coruña |
|
15005257 |
IES Ramón Menéndez Pidal |
A Coruña |
A Coruña |
|
15005211 |
IES Salvador de Madariaga |
A Coruña |
A Coruña |
|
15005269 |
IES Urbano Lugrís |
A Coruña |
A Coruña |
|
15013199 |
CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras |
A Pobra do Caramiñal |
A Coruña |
|
15032807 |
IES do Milladoiro |
Ames |
A Coruña |
|
15000338 |
CPI As Mirandas |
Ares |
A Coruña |
|
15032716 |
CEIP de Arteixo |
Arteixo |
A Coruña |
|
15023314 |
IES de Sabón |
Arteixo |
A Coruña |
|
15026194 |
CEIP Plurilingüe A Fraga |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
|
15013643 |
CEIP Plurilingüe A Magdalena |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
|
15013591 |
CEIP Plurilingüe Santa María |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
|
15025694 |
IES Moncho Valcarce |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
|
15032561 |
CRA de Bergondo |
Bergondo |
A Coruña |
|
15001124 |
CEIP Francisco Vales Villamarín |
Betanzos |
A Coruña |
|
15001239 |
CPI Armando Cotarelo Valledor |
Boimorto |
A Coruña |
|
15001471 |
CEIP Plurilingüe Praia Xardín |
Boiro |
A Coruña |
|
15021500 |
CEIP Santa Baia |
Boiro |
A Coruña |
|
15026698 |
IES Espiñeira |
Boiro |
A Coruña |
|
15001847 |
CEIP Plurilingüe de Pedrouzos |
Brión |
A Coruña |
|
15026352 |
IES Brión |
Brión |
A Coruña |
|
15001926 |
CPI As Revoltas |
Cabana de Bergantiños |
A Coruña |
|
15002025 |
CEIP Plurilingüe Eladia Mariño |
Cabanas |
A Coruña |
|
15002050 |
CEIP O Areal |
Camariñas |
A Coruña |
|
15002086 |
CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto |
Camariñas |
A Coruña |
|
15023065 |
CEIP Gonzalo Torrente Ballester |
Cambre |
A Coruña |
|
15032426 |
CEIP Plurilingüe Graxal |
Cambre |
A Coruña |
|
15002165 |
CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez |
Cambre |
A Coruña |
|
15023053 |
CEIP Portofaro |
Cambre |
A Coruña |
|
15027873 |
IES Afonso X O Sabio |
Cambre |
A Coruña |
|
15021524 |
CEIP Plurilingüe A Cristina |
Carballo |
A Coruña |
|
15024896 |
CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo |
Carballo |
A Coruña |
|
15002591 |
IES Monte Neme |
Carballo |
A Coruña |
|
15011661 |
CEIP Manuel Fraga Iribarne |
Cariño |
A Coruña |
|
15002761 |
CEIP Plurilingüe de Carnota |
Carnota |
A Coruña |
|
15032959 |
CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel |
Carral |
A Coruña |
|
15003054 |
CEIP Nicolás del Río |
Cedeira |
A Coruña |
|
15003248 |
CEIP Plurilingüe Vila de Cee |
Cee |
A Coruña |
|
15003212 |
IES Agra de Raíces |
Cee |
A Coruña |
|
15003224 |
IES Fernando Blanco |
Cee |
A Coruña |
|
15003376 |
CPI Plurilingüe O Cruce |
Cerceda |
A Coruña |
|
15003789 |
CEIP Praia de Quenxe |
Corcubión |
A Coruña |
|
15002670 |
CEIP Canosa-Rus |
Coristanco |
A Coruña |
|
15003881 |
CPI Alcalde Xosé Pichel |
Coristanco |
A Coruña |
|
15033198 |
CRA A Tarandeira |
Coristanco |
A Coruña |
|
15027253 |
CEIP Isaac Díaz Pardo |
Culleredo |
A Coruña |
|
15033149 |
CEIP Plurilingüe Vila de Rutis |
Culleredo |
A Coruña |
|
15005932 |
CEIP de Curtis |
Curtis |
A Coruña |
|
15032492 |
CRA de Dodro-Padrón |
Dodro |
A Coruña |
|
15021810 |
CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría |
Dumbría |
A Coruña |
|
15022981 |
CEIP Plurilingüe de Centieiras |
Fene |
A Coruña |
|
15020982 |
CEIP Plurilingüe O Ramo |
Fene |
A Coruña |
|
15032081 |
IES de Fene |
Fene |
A Coruña |
|
15006729 |
CEE Terra de Ferrol |
Ferrol |
A Coruña |
|
15024938 |
CEIP de Esteiro |
Ferrol |
A Coruña |
|
15024227 |
CEIP de Pazos-Mestre García Niebla |
Ferrol |
A Coruña |
|
15021834 |
CEIP Ledicia |
Ferrol |
A Coruña |
|
15006699 |
CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles |
Ferrol |
A Coruña |
|
15026960 |
CEIP Plurilingüe de Ponzos |
Ferrol |
A Coruña |
|
15021846 |
CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira |
Ferrol |
A Coruña |
|
15025751 |
EPAPU Sta. María de Caranza |
Ferrol |
A Coruña |
|
15021470 |
IES Canido |
Ferrol |
A Coruña |
|
15006687 |
IES de Catabois |
Ferrol |
A Coruña |
|
15026765 |
CEIP Milladoiro |
Malpica de Bergantiños |
A Coruña |
|
15008817 |
IES de Melide |
Melide |
A Coruña |
|
15009081 |
CEIP de San Ramón |
Moeche |
A Coruña |
|
15009391 |
CEIP Santiago Apóstolo |
Mugardos |
A Coruña |
|
15025657 |
IES de Mugardos |
Mugardos |
A Coruña |
|
15009810 |
CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío |
Muros |
A Coruña |
|
15027940 |
IES As Insuas |
Muros |
A Coruña |
|
15026388 |
IES Plurilingüe Fontexería |
Muros |
A Coruña |
|
15009597 |
CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya |
Muxía |
A Coruña |
|
15027927 |
IES Ramón Caamaño |
Muxía |
A Coruña |
|
15010162 |
CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia |
Narón |
A Coruña |
|
15026111 |
CRA de Narón |
Narón |
A Coruña |
|
15025268 |
IES As Telleiras |
Narón |
A Coruña |
|
15027216 |
IES Fernando Esquío |
Neda |
A Coruña |
|
15010575 |
CEIP Plurilingüe O Coto |
Negreira |
A Coruña |
|
15010681 |
CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso |
Noia |
A Coruña |
|
15026731 |
IES Campo de San Alberto |
Noia |
A Coruña |
|
15010812 |
IES Virxe do Mar |
Noia |
A Coruña |
|
15023089 |
CEIP Luís Seoane |
Oleiros |
A Coruña |
|
15011026 |
CEIP Plurilingüe da Rabadeira |
Oleiros |
A Coruña |
|
15025050 |
CEIP Ramón María del Valle-Inclán |
Oleiros |
A Coruña |
|
15027976 |
IES Poeta Añón |
Outes |
A Coruña |
|
15012730 |
IES Camilo José Cela |
Padrón |
A Coruña |
|
15013230 |
CEIP As Forcadas |
Ponteceso |
A Coruña |
|
15013291 |
CEIP Eduardo Pondal |
Ponteceso |
A Coruña |
|
15027848 |
CRA Nosa Señora do Faro |
Ponteceso |
A Coruña |
|
15024963 |
CEIP Plurilingüe de Andrade |
Pontedeume |
A Coruña |
|
15013928 |
CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra |
Porto do Son |
A Coruña |
|
15023430 |
CEP Xosé María Brea Segade |
Rianxo |
A Coruña |
|
15027551 |
CRA de Rianxo |
Rianxo |
A Coruña |
|
15026807 |
IES Félix Muriel |
Rianxo |
A Coruña |
|
15027711 |
IES Leliadoura |
Ribeira |
A Coruña |
|
15014568 |
IES Número 1 |
Ribeira |
A Coruña |
|
15026777 |
CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña |
Santa Comba |
A Coruña |
|
15026030 |
IES Terra de Xallas |
Santa Comba |
A Coruña |
|
15016085 |
CEIP Arquitecto Casas Novoa |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
15016292 |
CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
15015688 |
CEIP Raíña Fabiola |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
15027058 |
IES As Fontiñas |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
15027319 |
IES de Sar |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
15023466 |
IES Lamas de Abade |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
15015755 |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
|
15016784 |
CEIP Plurilingüe Virxe do Portal |
Sobrado |
A Coruña |
|
15017107 |
CEIP Plurilingüe da Ramallosa |
Teo |
A Coruña |
|
15026169 |
CRA de Teo |
Teo |
A Coruña |
|
15017314 |
CEIP Plurilingüe de Toques |
Toques |
A Coruña |
|
15020994 |
CPI de Viaño Pequeno |
Trazo |
A Coruña |
|
15018203 |
CPI de Bembibre |
Val do Dubra |
A Coruña |
|
15026509 |
CRA de Valdoviño |
Valdoviño |
A Coruña |
|
15019372 |
CEIP Plurilingüe San Vicenzo |
Vimianzo |
A Coruña |
|
15019086 |
CEIP Labarta Pose |
Zas |
A Coruña |
|
15019281 |
CPI de Zas |
Zas |
A Coruña |
|
15027368 |
IES Maximino Romero de Lema |
Zas |
A Coruña |
|
27014811 |
IES Plur. Fontem Albei |
A Fonsagrada |
Lugo |
|
27009608 |
CEIP O Salvador |
A Pastoriza |
Lugo |
|
27002584 |
CEIP Plur. Virxe do Carme |
Burela |
Lugo |
|
27001609 |
CEIP Ramón Falcón |
Castro de Rei |
Lugo |
|
27015301 |
CEIP de Cervo |
Cervo |
Lugo |
|
27020859 |
CEIP Península da Paz |
Cervo |
Lugo |
|
27020562 |
IES de Foz |
Foz |
Lugo |
|
27005020 |
CEIP Plur. Lagostelle |
Guitiriz |
Lugo |
|
27006000 |
CEIP Juan Rey |
Lourenzá |
Lugo |
|
27006164 |
CEIP Albeiros |
Lugo |
Lugo |
|
27016467 |
CEIP Menéndez Pelayo |
Lugo |
Lugo |
|
27014793 |
CEIP Paradai |
Lugo |
Lugo |
|
27015761 |
IES Ánxel Fole |
Lugo |
Lugo |
|
27015360 |
CEE Infanta Elena |
Monforte de Lemos |
Lugo |
|
27014860 |
CEIP Plur. A Gándara |
Monforte de Lemos |
Lugo |
|
27016421 |
EOI de Monforte de Lemos |
Monforte de Lemos |
Lugo |
|
27016248 |
IES de Monterroso |
Monterroso |
Lugo |
|
27012826 |
CEIP Plur. Santa Mª do Valadouro |
O Valadouro |
Lugo |
|
27012887 |
CEIP do Vicedo |
O Vicedo |
Lugo |
|
27015189 |
IES de Quiroga |
Quiroga |
Lugo |
|
27011639 |
CEIP Otero Pedrayo |
Rábade |
Lugo |
|
27010891 |
CEIP Plur. Gregorio Sanz |
Ribadeo |
Lugo |
|
27020902 |
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo |
Ribadeo |
Lugo |
|
27012036 |
IES Gregorio Fernández |
Sarria |
Lugo |
|
27012048 |
IES Xograr Afonso Gómez |
Sarria |
Lugo |
|
27016406 |
CEIP Plur. de Covas |
Viveiro |
Lugo |
|
27016674 |
CEP Luís Tobío |
Viveiro |
Lugo |
|
27014100 |
EEI San Roque |
Viveiro |
Lugo |
|
27013648 |
IES Vilar Ponte |
Viveiro |
Lugo |
|
27005691 |
CEIP Plur. Pedro Caselles Rollán |
Xove |
Lugo |
|
32001658 |
CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas |
Barco de Valdeorras (O) |
Ourense |
|
32001671 |
CEIP Ramón Otero Pedrayo |
Barco de Valdeorras (O) |
Ourense |
|
32001683 |
IES Martaguisela |
Barco de Valdeorras (O) |
Ourense |
|
32002122 |
CEIP Nosa Señora de Xuvencos |
Boborás |
Ourense |
|
32003503 |
CEIP de Castrelo de Miño |
Castrelo de Miño |
Ourense |
|
32003643 |
CPI Virxe dos Remedios |
Castro Caldelas |
Ourense |
|
32016625 |
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro |
Celanova |
Ourense |
|
32005408 |
CEIP Virxe da Pena da Sela |
Irixo (O) |
Ourense |
|
32006358 |
CEIP Plurilingüe do Xurés |
Lobios |
Ourense |
|
32007272 |
CEIP Augusto Assía |
Mezquita (A) |
Ourense |
|
32016327 |
CEIP A Ponte |
Ourense |
Ourense |
|
32009165 |
CEIP Plurilingüe As Mercedes |
Ourense |
Ourense |
|
32016443 |
CMUS Profesional de Ourense |
Ourense |
Ourense |
|
32016455 |
IES Julio Prieto Nespereira |
Ourense |
Ourense |
|
32015207 |
IES O Couto |
Ourense |
Ourense |
|
32016273 |
IES Xesús Ferro Couselo |
Ourense |
Ourense |
|
32016029 |
CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey |
Pereiro de Aguiar (O) |
Ourense |
|
32015475 |
IES O Ribeiro |
Ribadavia |
Ourense |
|
32016637 |
IES Cosme López Rodríguez |
Rúa (A) |
Ourense |
|
32015921 |
CEIP Plurilingüe Lanbriscae |
San Amaro |
Ourense |
|
32016777 |
IES Carlos Casares |
Viana do Bolo |
Ourense |
|
32005691 |
CEIP Padre Crespo |
Xunqueira de Ambía |
Ourense |
|
36014945 |
CEIP de Valeixe |
A Cañiza |
Pontevedra |
|
36001148 |
CPI da Cañiza |
A Cañiza |
Pontevedra |
|
36015101 |
IES da Cañiza |
A Cañiza |
Pontevedra |
|
36002220 |
CEIP Cabada Vázquez |
A Estrada |
Pontevedra |
|
36002773 |
CEIP do Foxo |
A Estrada |
Pontevedra |
|
36020258 |
IES Avelina Valladares |
A Estrada |
Pontevedra |
|
36020283 |
IES da Illa de Arousa |
A Illa de Arousa |
Pontevedra |
|
36003480 |
CEIP Plurilingüe de Agolada |
Agolada |
Pontevedra |
|
36019402 |
IES Pazo da Mercé |
As Neves |
Pontevedra |
|
36019657 |
IES Primeiro de Marzo |
Baiona |
Pontevedra |
|
36000181 |
CEIP Amor Ruibal |
Barro |
Pontevedra |
|
36000341 |
CEIP Plurilingüe A Pedra |
Bueu |
Pontevedra |
|
36000375 |
CEIP Plurilingüe da Torre-Cela |
Bueu |
Pontevedra |
|
36020246 |
IES Illa de Ons |
Bueu |
Pontevedra |
|
36019463 |
IES Johan Carballeira |
Bueu |
Pontevedra |
|
36000405 |
CPI Plurilingüe Alfonso VII |
Caldas de Reis |
Pontevedra |
|
36000508 |
CEIP Plurilingüe de Castrelo |
Cambados |
Pontevedra |
|
36000648 |
CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro |
Cambados |
Pontevedra |
|
36019773 |
EEI da Pastora |
Cambados |
Pontevedra |
|
36019396 |
IES Francisco Asorey |
Cambados |
Pontevedra |
|
36000481 |
IES Ramón Cabanillas |
Cambados |
Pontevedra |
|
36001057 |
CEIP do Hío |
Cangas |
Pontevedra |
|
36000879 |
CEIP Nazaret |
Cangas |
Pontevedra |
|
36000922 |
IES María Soliño |
Cangas |
Pontevedra |
|
36018501 |
IES Monte Carrasco |
Cangas |
Pontevedra |
|
36024197 |
IES de Cotobade |
Cerdedo-Cotobade |
Pontevedra |
|
36001975 |
CEIP Plurilingüe Pío Cabanillas Gallas |
Dozón |
Pontevedra |
|
36019323 |
IES Chano Piñeiro |
Forcarei |
Pontevedra |
|
36003388 |
CEIP Doutor Suárez |
Fornelos de Montes |
Pontevedra |
|
36017703 |
CEIP Plurilingüe Souto-Donas |
Gondomar |
Pontevedra |
|
36014672 |
CEIP Serra-Vincios |
Gondomar |
Pontevedra |
|
36018631 |
CEP Xosé Neira Vilas |
Gondomar |
Pontevedra |
|
36019220 |
IES Auga da Laxe |
Gondomar |
Pontevedra |
|
36004460 |
CEIP de Ardán |
Marín |
Pontevedra |
|
36004681 |
CEIP de Seixo |
Marín |
Pontevedra |
|
36004484 |
CEIP Plurilingüe da Laxe |
Marín |
Pontevedra |
|
36004551 |
IES Illa de Tambo |
Marín |
Pontevedra |
|
36020295 |
IES Mestre Landín |
Marín |
Pontevedra |
|
36004691 |
CEIP de Coirón-Dena |
Meaño |
Pontevedra |
|
36004708 |
CPI de Mosteiro-Meis |
Meis |
Pontevedra |
|
36016607 |
CEIP de Quintela |
Moaña |
Pontevedra |
|
36013552 |
CEIP de Seara |
Moaña |
Pontevedra |
|
36004733 |
CEIP Plurilingüe de Reibón |
Moaña |
Pontevedra |
|
36016814 |
EEI do Con |
Moaña |
Pontevedra |
|
36018999 |
IES As Barxas |
Moaña |
Pontevedra |
|
36013564 |
CEIP Plurilingüe Pena de Francia |
Mos |
Pontevedra |
|
36005774 |
CEIP Plurilingüe Humberto Juanes |
Nigrán |
Pontevedra |
|
36015160 |
EEI As Dunas Panxón |
Nigrán |
Pontevedra |
|
36014428 |
IES Val Miñor |
Nigrán |
Pontevedra |
|
36018100 |
CEIP As Bizocas |
O Grove |
Pontevedra |
|
36014878 |
CEIP Plurilingüe de Conmeniño |
O Grove |
Pontevedra |
|
36003807 |
CEIP Rosalía de Castro |
O Grove |
Pontevedra |
|
36003832 |
CEIP Valle-Inclán |
O Grove |
Pontevedra |
|
36024173 |
CRA María Zambrano |
O Rosal |
Pontevedra |
|
36016735 |
CEIP de Refoxos |
Oia |
Pontevedra |
|
36006067 |
CEIP Mestre Manuel García |
Oia |
Pontevedra |
|
36007199 |
CEIP Plurilingüe Isidora Riestra |
Poio |
Pontevedra |
|
36020143 |
IES de Poio |
Poio |
Pontevedra |
|
36007591 |
CEIP Manuel Cordo Boullosa |
Ponte Caldelas |
Pontevedra |
|
36020313 |
IES de Ponte Caldelas |
Ponte Caldelas |
Pontevedra |
|
36007539 |
CEIP Fermín Bouza Brey |
Ponteareas |
Pontevedra |
|
36017201 |
CEE Pontevedra |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36006195 |
CEIP A Carballeira |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36006122 |
CEIP A Xunqueira Número 1 |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36015172 |
CEIP A Xunqueira Número 2 |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36006316 |
CEIP Daría González García |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36018690 |
CEIP de Cabanas |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36006353 |
CEIP de Vilaverde-Mourente |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36006833 |
CEIP San Martiño |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36006420 |
CEP Campolongo |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36019611 |
CEP Marcos da Portela |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36013837 |
EEI Fina Caslderey |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36018689 |
EOI de Pontevedra |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36018872 |
EPAPU Río Lérez |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36019621 |
ES de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36019268 |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36006717 |
IES Sánchez Cantón |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
36007631 |
CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro |
Redondela |
Pontevedra |
|
36014726 |
EEI A Marisma |
Redondela |
Pontevedra |
|
36020325 |
IES Illa de San Simón |
Redondela |
Pontevedra |
|
36016656 |
IES Pedro Floriani |
Redondela |
Pontevedra |
|
36024616 |
CRA de Ribadumia |
Ribadumia |
Pontevedra |
|
36024628 |
IES Pedras Rubias |
Salceda de Caselas |
Pontevedra |
|
36016966 |
CEP Carlos Casares |
Salvaterra de Miño |
Pontevedra |
|
36008878 |
CEIP Plurilingüe Cruceiro |
Sanxenxo |
Pontevedra |
|
36019104 |
CEIP Plurilingüe Nantes |
Sanxenxo |
Pontevedra |
|
36019256 |
IES de Vilalonga |
Sanxenxo |
Pontevedra |
|
36009135 |
CEIP Plurilingüe de Silleda |
Silleda |
Pontevedra |
|
36009032 |
CEIP Ramón de Valenzuela |
Silleda |
Pontevedra |
|
36025013 |
CEIP Manuel Padín Truiteiro |
Soutomaior |
Pontevedra |
|
36024987 |
IES de Soutomaior |
Soutomaior |
Pontevedra |
|
36015238 |
CEIP de Sobrada |
Tomiño |
Pontevedra |
|
36018471 |
CEIP de Rebordáns |
Tui |
Pontevedra |
|
36016668 |
CEIP Plurilingüe de Caldelas |
Tui |
Pontevedra |
|
36009895 |
CEIP Plurilingüe Número 2 |
Tui |
Pontevedra |
|
36024112 |
CRA Mestra Clara Torres |
Tui |
Pontevedra |
|
36009901 |
IES San Paio |
Tui |
Pontevedra |
|
36018161 |
CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo |
Valga |
Pontevedra |
|
36024161 |
CRA de Valga |
Valga |
Pontevedra |
|
36020362 |
IES Plurilingüe de Valga |
Valga |
Pontevedra |
|
36010733 |
CEE Saladino Cortizo |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010162 |
CEIP A Canicouva |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010228 |
CEIP A Paz |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010460 |
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao |
Vigo |
Pontevedra |
|
36015834 |
CEIP Altamar |
Vigo |
Pontevedra |
|
36015068 |
CEIP Balaídos |
Vigo |
Pontevedra |
|
36009974 |
CEIP de Coutada-Beade |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010125 |
CEIP de Fonte Escura |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010484 |
CEIP Eduardo Pondal |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010708 |
CEIP Emilia Pardo Bazán |
Vigo |
Pontevedra |
|
36017697 |
CEIP Escultor Acuña |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010241 |
CEIP Illas Cíes |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010150 |
CEIP Mestres Goldar |
Vigo |
Pontevedra |
|
36016061 |
CEIP Plurilingüe A Doblada |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010083 |
CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral |
Vigo |
Pontevedra |
|
36015354 |
CEIP Plurilingüe da Carrasqueira |
Vigo |
Pontevedra |
|
36015366 |
CEIP Plurilingüe O Pombal |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010678 |
CEIP Plurilingüe Paraixal |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010721 |
CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010472 |
CEIP Plurilingüe Ría de Vigo |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010071 |
CEIP Plurilingüe Santa Mariña |
Vigo |
Pontevedra |
|
36015241 |
CEP Celso Emilio Ferreiro |
Vigo |
Pontevedra |
|
36010711 |
CEP Dr. Fleming |
Vigo |
Pontevedra |
|
36024586 |
ESAD Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
Vigo |
Pontevedra |
|
36011798 |
IES Alexandre Bóveda |
Vigo |
Pontevedra |
|
36014601 |
IES Álvaro Cunqueiro |
Vigo |
Pontevedra |
|
36011567 |
IES Castelao |
Vigo |
Pontevedra |
|
36019050 |
IES de Beade |
Vigo |
Pontevedra |
|
36018461 |
IES República Oriental do Uruguai |
Vigo |
Pontevedra |
|
36017430 |
IES Ricardo Mella |
Vigo |
Pontevedra |
|
36019062 |
IES Rosais 2 |
Vigo |
Pontevedra |
|
36012183 |
CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade |
Vila de Cruces |
Pontevedra |
|
36020386 |
IES Marco do Camballón |
Vila de Cruces |
Pontevedra |
|
36016772 |
CEE de Vilagarcía de Arousa |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36012407 |
CEIP A Lomba |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36015652 |
CEIP O Piñeiriño |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36012419 |
CEIP Plurilingüe Arealonga |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36015263 |
CEIP Plurilingüe de Rubiáns |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36012742 |
CEIP Plurilingüe de Vilaxoán |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36012584 |
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36012471 |
IES Castro Alobre |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|
36012985 |
CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
|
36024203 |
IES Faro das Lúas |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
ANEXO II
|
Méritos |
Puntos |
Documentación xustificativa |
|
1. Antigüidade: máximo 5,000 puntos. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. |
||
|
1.1. Por cada ano de servizos como persoal funcionario que supere os cinco exixidos como requisito: a fracción de mes computarase por 0,041 puntos. |
0,500 |
Certificación ou folla de servizos expedida polo departamento territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como persoal funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal. |
|
1.2. Por cada ano de servizos como persoal funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: A fracción de mes computarase por 0,020 puntos. |
0,250 |
|
|
2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa: máximo 5,000 puntos. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. |
||
|
2.1. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: a fracción de mes computarase por 0,083 puntos. |
1,000 |
Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento. |
|
2.2. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: a fracción de mes computarase por 0,041 puntos. |
0,500 |
|
|
2.3. Por cada ano como persoa titular dunha subdirección ou xefatura de servizo en postos da Administración educativa: a fracción de mes computarase por 0,041 puntos. |
0,500 |
|
|
2.4. Por cada ano como persoa titular dunha vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: a fracción de mes computarase por 0,041 puntos. |
0,500 |
|
|
2.5. Por cada ano como persoa titular dunha vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: a fracción de mes computarase por 0,020 puntos. |
0,250 |
|
|
2.6. Por cada ano como persoa titular da xefatura de departamento, coordinación dos equipos de normalización lingüística, coordinación de ciclo, coordinación do proxecto Abalar, asesor/a Amtega, asesor/a CIEDix, asesor/a CGIFP, coordinación de centro plurilingüe, coordinación de sección bilingüe, coordinación de auxiliares de conversa, responsable/coordinación do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinación da dinamización das TIC, responsable/coordinación de biblioteca, responsable/coordinación da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinación do equipo de dinamización da lingua galega, coordinación de formación en centros de traballo, coordinación do bacharelato internacional, coordinación de emprendemento, coordinación de programas internacionais, coordinación de innovación e formación do profesorado, coordinación de biblioteca de centro integrado, coordinación de residencia, xefatura de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesoría de formación permanente, asesoría Abalar, asesoría Siega, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: a fracción de mes computarase por 0,012 puntos. |
0,150 |
|
|
3. Méritos académicos: máximo 1,000 punto. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. |
||
|
3.1. Por cada título de doutorado: |
0,500 |
Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). |
|
3.2. Por cada título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura distinto do alegado para o ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados: |
0,300 |
|
|
3.3. Por cada título de grao distinto do alegado para o ingreso no corpo. |
0,250 |
|
|
3.4. Por cada título de diplomatura universitaria ou equivalente distinto do alegado para o ingreso no corpo: |
0,150 |
|
|
4. Cursos de formación: máximo 3,000 puntos. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica. Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que estean en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,050 puntos por cada 10 horas. |
||
|
4.1. Por actividades e cursos recibidos: |
Ata 2,000 |
Certificado dos cursos en que conste de modo expreso o número de horas de duración deles. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación. |
|
4.2. Por cursos impartidos: |
Ata 1,000 |
|
|
5. Corpo de catedráticos. Baremación de oficio desta epígrafe. |
||
|
Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: |
0,500 |
Baremación de oficio deste mérito. |
|
6. Proxecto de dirección. |
||
|
Polo proxecto de dirección: |
Ata 12,000 |
O orixinal deste. |
Disposición complementaria única
Na valoración do proxecto de dirección aplicaranse os criterios establecidos no anexo IV.
