Mediante a Resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios que serán concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.
Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, mediante resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.
En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 11 de marzo de 2025,
DISPOÑO:
A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia, na súa edición 2024, ás seguintes persoas e entidades:
Adolfo «Fito» López Arribas, Alba Caride Costas, Alejandro Fernández Rivera, Alejandro Pérez García, Alessandra Aguilar Morán, Alfonso Castro Rivera, Alfonso Vilachá Rodríguez, Alicia López Álvarez, Amalio Cortizo Pereiro, Ana Díaz Meléndrez, Ana Ferradás Barrera, Andrea Montero Trepat, Argimiro Vázquez Guillén, Áurea «Aurita» Rodríguez Barros, Beatriz Valcarce Arias, Bergantiños Club de Fútbol, Carlos Rodríguez Diéguez, Carmela Torres Castiñeira, Chaston Fútbol Sala, Christine Giraud Gignoux, Club Deportivo Ourense, Club Deportivo Valladares, Club Lemos, Constantino Prieto Salgado, CRAT Feminino, Daniel Pérez Morales, David Monreal Izquierdo, Diego López Rodríguez, Dolores Rojas Suárez, Elena Fernández Rodríguez, Eva Val del Río, Francisco «Kiko» Rey García, Francisco Luis Parga Vila, Francisco Martínez Martínez, Francisco Rivera Cela, Futbolistas Pioneiras de Crendes, Gloria Tapias Curbera, Guadalupe Murillo Solís, Javier Gómez Noya, Jesús «Suso» Soliño García, Joaquina Costa Iglesias, José Antonio «Sony» Vázquez Vázquez, José Antonio Díaz Expósito, José Antonio Gorgoso, José Antonio Naya Mella, José Antonio Ramos Besteiro, José Luis «Victoria» Gómez Álvarez, José Luis Álvarez Díaz «Rocky», José Luis Sánchez González «O Grande», José Manuel Ferreira Sanmiguel, José Manuel Rozas Bello, José María «Chema» Royo Sanz, José María Caneda Antelo, José María Valeiro Iglesias, Juan Bosco Casal Rodríguez, Juan Rodríguez Pérez, Julio Ventín Rivas, Luis Rodríguez Vaz, Manuel Díaz Dans, Manuel Palmás Pérez, Manuel Piñeiro Varela, Manuel Seco Hermida, María «Maruca» Allones Pérez, María Antonina Sanjurjo Aranaz, María Carmen Lence Ferreiro, María Carmen Tojo López, María Concepción «Bibi» Bouza Betríu, María de los Ángeles Mouriño Terrazo, María del Carmen Borrego Fernández, Marina de Sáa González, Marisa Acevedo Rego, Marta Felpeto Lamas, Miguel Ángel «Fosi» Álvarez Vázquez, Milla Urbana O Barco de Valdeorras, Olalla Piñeiro Mosquera, Pablo Hinojar Rey, Paula Carballido Romero, Pilar Hidalgo Iglesias, Pilar Rocha Díaz, Plácido Díaz Fernández, Rafael Carlos Sáez Aboal, Ramón Rodríguez Buján «Ramonín», Rebeca Piñeiro Mosquera, Rosa Costas Barreiro, Sal Lence, Saleta Fernández López, Sara Gómez Ferreiros, Sonia Molanes Costa, Susana Garabatos Rodríguez, Támara Echegoyen Domínguez, Telmo Silva Alonso, Tomás Llao Gómez, Vanessa Veiga Comesaña, Vicente Álvarez Núñez, Vicente Celeiro Leal, Víctor Manuel Lorenzo Lomba, Xeración Anos 70-80 Celta Baloncesto, Xisela Aranda Núñez e Yolanda Parga Rodríguez.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
