DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2025 Páx. 18651

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 20/2025, do 10 de marzo, polo que se regula a sinalización, a identificación, a información, a publicidade e as actividades de promoción das oficinas de farmacia e boticas anexas de Galicia.

Advertido erro no dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 55, do xoves 20 de marzo de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 18239, no artigo 2, onde di:

«1. Todas as oficinas de farmacia deberán estar sinalizadas mediante un rótulo colocado na fachada, onde figuren de forma visible as palabras en galego Farmacia ou Botica anexa, segundo sexa o caso, ou os termos equivalentes en castelán de Farmacia ou Botiquín, respectivamente».

Debe dicir:

«1. Todas as oficinas de farmacia deberán estar sinalizadas mediante un rótulo colocado na fachada, onde figuren de forma visible as palabras en galego «Botica» ou «Botica anexa», segundo sexa o caso, ou os termos equivalentes en castelán de «Farmacia» ou «Botiquín», respectivamente».