Na sesión do Tribunal que tivo lugar o 19 de marzo de 2025, o Tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, na EPE Portos de Galicia, de conformidade coas bases da convocatoria.
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 25 de setembro de 2024 publicada no DOG número 191, do 3 de outubro, este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso dos postos que se relacionan no anexo da resolución, e entre eles o correspondente a dúas prazas de condutor conserxe coa titulación requirida de bacharelato, FPII ou equivalente.
Como consecuencia da estimación parcial dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación da seguinte persoa aspirante.
Castro Insua, Daniel ***9060**.
A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da EPE Portos de Galicia https://portosdegalicia.gal na epígrafe de transparencia e Goberno aberto/convocatoria de procesos selectivos.
Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a Presidencia de Portos de Galicia nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025
Andrés Daniel Cervantes Refojos
Presidente do tribunal
