DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2025 Páx. 19086

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2025 pola que se convocan actividades de formación, dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as vítimas de todas as formas de violencia de xénero, dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

Ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e a consellería competente en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2025

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta, e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd, onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de abril de 2025.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que a teña dita coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no número 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e 981 54 62 53 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e do profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderás ser accesibles unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto do /dadelegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e enviar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas nos cursos solicitados por orde de inscrición entre as persoas solicitantes que cumpran os requisitos como destinatarias de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución e ata esgotar o total de prazas. Terá prioridade o persoal pertencente aos centros de información á muller de Galicia (CIM) cuxas funcións estean directamente vinculadas coa materia impartida.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpra os requisitos do curso poderá completarse o número de participantes asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

4. A asistencia e a puntualidade:

É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas, excepto que concorra algunha das causas recollidas no no número 2.a) da base sétima.

Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada perderán o dereito ao certificado de superación da proba.

Oitava. Superación da actividade formativa

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas e superadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas que se realizarán en liña, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP, da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

1. A EGAP, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as a algunha actividade sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Datas e horario

Data e hora do exame final

Consellería de Política Social e Igualdade: Igualdade

CV25061

Ingreso mínimo vital

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

15

50

Telepresenza

22, 24, 29 de abril
das 9.30 ás 13.30 h

30 de abril
das 9.30 ás 12.30 h

30.4.2025 12.00 h

9, 11 e 15 de setembro das 16.30 ás 20.30 h

17 de setembro
das 16.30 ás 19.30 h

17.9.2025 19.00 h

CV25062

Prevención e intervención de condutas suicidas no contexto da violencia de xénero

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade ddos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

15

50

Telepresenza

23 e 28 de abril
das 9.30 ás 13.30 h

7 de maio
das 9.30 ás 13.30 h

14 de maio
das 9.30 ás 12.30 h

14.5.2025 12.00 h

CV25062

Prevención e intervención de condutas suicidas no contexto da violencia de xénero

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

15

50

Telepresenza

22, 25 e 30 de setembro das 16.30 ás 20.30 h

9 de outubro
das 16.30 ás 19.30 h

9.10.2025 19.00 h

CV25063

Prevención, detección e resposta fronte á trata de persoas, a explotación sexual e as súas manifestacións

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

20

50

Telepresenza

5, 8, 12, 15 e 19 de maio das 16.30 ás 20.30 h

19.5.2025 20.00 h

CV25063

Prevención, detección e resposta fronte a trata de persoas, a explotación sexual e as súas manifestacións

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

20

50

Telepresenza

27 e 29 de outubro
das 9.30 ás 13.30 h

3, 5 e 10 de novembro das 9.30 ás 13.30 h

10.11.2025

13.00 h

CV25064

Protección xurídica dos menores en contextos de violencia de xénero e violencia vicaria

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

15

50

Telepresenza

20, 26 e 27 de maio
das 9.30 ás 13.30 h

2 de xuño
das 9.30 ás 12.30 h

2.6.2025

12.00 h

13, 15 e 20 de outubro das 16.30 ás 20.30 h

22 de outubro
das 16.30 ás 19.30 h

22.10.2025 19.00 h

CV25065

Intervención en saúde mental, adiccións e xénero

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

15

50

Telepresenza

4, 11 e 13 de xuño
das 9.30 ás 13.30 h

17 de xuño
das 9.30 ás 12.30 h

17.6.2025

12.00 h

CV25066

Violencia de xénero e novas tecnoloxías: novas perspectivas de abordaxe, tratamento e propostas de lege ferenda

9, 12, 23 de xuño
das 9.30 ás 13.30 h
25 de xuño
das 9.30 ás 12.30 h

25.6.2025 12.00 h

23, 24, 29 de setembro das 16.30 ás 20.30 h

1 de outubro
das 16.30 ás 19.30 h

1.10.2025 19.00 h

CV25067

Protocolo de atención a persoas LGBTI en servizos de información e atención especializados

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

12

50

Presencial + telepresenza

Telepresenza:
26 de xuño
das 9.30 ás 13.30 h

Presencial:
1 e 3 de xullo
das 9.30 ás 13.30 h

3.7.2025

12 de novembro
das 16.30 ás 20.30 h

Presencial:
19 e 20 de novembro das 16.30 ás 20.30 h

20.11.2025 20.00 h

CV25068

Subsidio para vítimas de violencia de xénero ou sexual

Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

5

50

Telepresenza

16 e 18 de xuño
das 9.30 ás 12.00 h

18.6.2025 11.30 h

2 e 4 de decembro
das 16.30 ás 19.00 h

4.12.2025 18.30 h